Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Psicomotricidade

ESTREAMOS O PARACAÍDAS!

Imaxe
Nesta ocasión queremos contarvos o que sucedeu onte na clase de Psicomotricidade coa profe Bea... Descubrimos un novo xogo que nos entusiasmou! Vós sabíades que no almacén do noso pavillón se agochaba un paracaídas? Agora os Pondaliñ@s de 5 anos xa o sabemos, e mirade canto nos divertimos intentando que unha pelota se colase polo seu buraco central!

HOXE EN PSICOMOTRICIDADE!

Imaxe
Mirade que ben o pasamos en Psicomotricidade coa profe Bea! Aquí nos tedes aos Pondaliñ@s de 5 anos esta mesma mañá:

NAVES E ASTRONAUTAS!

Imaxe
Como ben sabedes, antes de irnos de ponte recibimos unha mensaxe de Valentina Tereshkova na que nos pedía que investigásemos máis sobre a súa profesión. Así o fixemos, e despois de coñecer algúns requisitos para ser astronauta, identificar as partes do seu traxe espacial ou descubrir ao primeiro astronauta español, esta mañá volvemos a recibir unha nova mensaxe. Queredes saber que dicía? Aquí vola deixamos: Como vedes, a nosa nova misión é adentrarnos no mundo dos foguetes e das naves espaciais. Así pois, puxémonos mans á obra e buscamos entre os libros da biblioteca aqueles que falasen sobre estes medios de transporte, e vimos algún que outro vídeo para aprender un chisquiño máis. Este foi o que máis nos gustou, por se nos apetece volvelo a ver nas nosas casas: Para saber máis, en Psicomotricidade realizamos uns xogos acordes co reto desta semana. Mirade canto aprendemos e canto nos divertimos no pavillón:

APRENDEMOS MÁIS SOBRE AS CONSTELACIÓNS!

Imaxe
Recordades que a semana pasada Valentina Tereshkova nos deixou unha nova misión para esta semana? Un dos seus retos era aprender máis sobre as constelacións, así que nos puxemos mans á obra e mirade todo o que estivemos a facer estes días... O Señor do Tempo deixounos "A caixa das constelacións de 5 anos" que, por suposto, contiña varias constelacións: Osa Maior, Osa Menor, Orión, Casiopea e Hidra. Todas elas teñen peculiaridades que nos chamaron a atención... Hidra é a máis grande das 88 constelacións que se coñecen. Casiopea ten forma de "M" ou "W", dependendo por onde a mires. Orión é o guerreiro e o seu arco lévanos á Osa Maior. Así pois, se seguimos en liña recta unha das estrelas da Osa Maior lévanos á estrela máis importante do firmamento, a Estrela Polar, que se atopa no extremo da Osa Menor. Coa lanterna que se atopaba dentro da caixa puidémolas proxectar no teito da nosa aula, e tamén as puidemos coser cun divertido xogo na que empregamos lá ...

VALENTINA TERESHKOVA VISÍTANOS DE NOVO!

Imaxe
No día de hoxe a primeira muller astronauta volveu á nosa aula, e como non podía ser doutra maneira, Valentina Tereshkova deixounos unha nova misión: aprender máis sobre o último dos planetas do Sistema Solar. Claro, desta vez tocaba coñecer os segredos de Neptuno! Aquí vos deixamos o vídeo que nos enviou: Coma tódalas semanas, para seguir avanzando na nosa aventura espacial, a profe Bea preparounos uns divertidos xogos na clase de Psicomotricidade para coñecer un pouquiño máis de Urano e Neptuno. Mirade como nos divertimos e canto aprendemos:

UN DÍA DO MÁIS VARIADO!

Imaxe
O de hoxe foi un día do máis variopinto... Comezamos a mañá recibindo a Carrapuchiña e ao Lobo Feroz, que nos deixaron unhas invitacións para mañá asistir a unha sesión de contacontos á Biblioteca Municipal! Aquí vos deixamos o vídeo que o corrobora! Un pouquiño antes de merendar cantámoslle o "Cumpleaños feliz" á profe Rocío que estivo de aniversario este sábado. Para celebralo axudámoslle a soprar as velas e papamos case toda a tarta que nos trouxo! Parece que estaba boísima! E xa para rematar o día, na clase de Psicomotricidade a profe Bea preparounos uns xogos relacionados cos dous planetas que traballamos a semana pasada: Xúpiter e Saturno. Fixemos carreiras de relevos e saltamos á comba para aprender máis sobre o planeta máis grande do Sistema Solar, mais non temos imaxes porque nestes xogos as profes tamén formaban parte deles e non podían sacalas. De quen temos vídeo é dos xogos que fixemos relacionados con Saturno e os seus aneis. Aquí volos deixamos:

PSICOMOTRICIDADE MARCIANA!

Imaxe
Esta mañá, ademais dunha nova peza do mapa que a traterá de volta á Terra, recibimos unha nova mensaxe da nosa querida astronauta Valentina Tereshkova. Queredes saber que nos dixo? Aquí vos deixamos a súa mensaxe: Como puidéchedes comprobar, quedou moi contenta das nosas investigacións sobre o noso satélite, a Lúa, e para esta semana deixounos unha nova misión: aprender máis sobre o planeta da nosa compañeira Martina. Este planeta, ademais, ten un nome moi similar ao seu... Claro que si, estes días investigaremos máis sobre o planeta vermello, saberemos máis sobre Marte! Hoxe xa realizamos as primeiras investigacións despois de buscar a Marte nas páxinas dos libros do Espazo que se atopan na nosa biblioteca, e tamén de ver algún que outro vídeo agochado pola rede. Os datos que máis nos sorprenderon foi que Galileo Galilei foi quen o viu por primeira vez en 1610 desde o seu telescopio; que ten a montaña máis alta do Sistema Solar, un volcán que se chama Monte Olimpo; que conta co...

CELEBRAMOS O MAGOSTO!

Imaxe
No día de hoxe celebramos unha festa tradicional de Galicia: o Magosto! Como non podía ser doutra maneira, comezamos esta festa comendo o froito máis típico destas datas: as castañas! Seguidamente, realizamos o tradicional tiro da corda que xa estivemos ensaiando coa profe Bea nas clases de Psicomotricidade. Obtivemos un empate moi xusto! E para rematar, todos xuntos cantamos a cantiga "Non chas quero", que tamén preparamos coa mestra Sheila nas clases de Música. Aquí vos deixamos un vídeo que o corrobora: Para completar o día, levamos a cabo a última das actividades relacionadas co Samaín: crear a nosa propia manualidade! Recordades a man verde dun supercumpleañero e as caras de terror de tódolos Pondaliñ@s? Pois xuntamos todo e engadimos un OVNI con luz e moitas estrelas e purpurina! E este é o resultado... Neste Samaín somos abducidos por extraterrestres! O luns estas manualidades xa poderán decorar as nosas casas, pero esta fin de semana pasarana na e...

NOVA VISITA DE VALENTINA TERESHKOVA!

Imaxe
Esta mañá, nada máis chegar á aula, decatámonos de que alguén estivera fedellando na nosa clase... Os nosos libros do Universo fóra da biblioteca e abertos en páxinas onde se vía a Lúa, paquetes de pasta de modelar fóra do seu moble, unha pegada un tanto estraña que non sabíamos quen a deixara alí e un novo vídeo de Valentina Tereshkova! Despois de prepararnos, decidimos escoitar á nosa astronauta favorita... Seguro que a súa mensaxe nos explicaba un pouquiño máis o que estaba a pasar. Aquí vola deixamos! Pois xa vedes, a nosa nova misión é saber máis sobre a Lúa! Así que nos puxemos mans á obra e lemos e observamos tódalas páxinas relacionadas co noso satélite que se atopaban naqueles libros que o Señor do Tempo preparou para nós! Ademais, coñecemos a Neil Armstrong e vimos o primeiro alunizaxe da historia! E nós sós decatámonos de que aquela pegada era unha simulación das que este astronauta deixou na Lúa fai 50 anos! E descubrimos que esas pegadas sempre van estar aí porqu...

NOVO RETO DE VALENTINA TERESHKOVA!

Imaxe
Esta mañá, nada máis chegar á aula, unha nova mensaxe de Valentina Tereshkova estaba esperando por nós, e tiña unha nova moi importante que darnos... Aquí vos deixamos a mensaxe de hoxe: Como puidéchedes comprobar, o Señor do Tempo púxose en contacto con ela para contarlle os avances que fixemos a semana pasada relacionados co planeta Venus. E esta semana, a primeira muller astronauta rétanos a aprender máis sobre o planeta no que vivimos: A Terra! Ademais, coa alegría de ter coñecido os nosos progresos, Valentina Tereshkova foi quen de atopar unha nova peza do mapa que nos deixou fai unhas semanas. Por suposto, xa o completamos co anaquiño número tres! Así pois, esta semana aprenderemos máis sobre o planeta Terra, e para iso axudarémonos de tódolos libros de información que foron traendo os Pondaliñ@s, ademais das maquetas de Hugo, Lucía e Roi relacionadas co noso planeta, e que a mesma Valentina mencionou! Nós xa as coñecíamos desde fai un tempiño, pero hoxe tocou presentárv...

NOVA MISIÓN DE VALENTINA TERESHKOVA!

Imaxe
Esta mañá, nada máis chegar á aula, unha nova mensaxe da primeira muller astronauta estaba esperando por nós... Si, Valentina Tereshkova visitounos unha vez máis e tiña algo importante que comunicarnos! Aquí vos deixamos a mensaxe de hoxe: Como vedes, o Señor do Tempo contoulle moito do que estivemos aprendendo sobre o planeta Mercurio, e esta semana a nosa compañeira de aventuras quere que investigamos máis sobre o planeta de Alejandro G., Andrea, Aroa P., Brais P. e Naia! Si, esta semana aprenderemos máis e máis sobre o planeta Venus! Coa emoción dos nosos avances, a astronauta ata foi quen de atopar unha nova peza do mapa que nos enviou a semana pasada. Xa temos dous anacos, a ver se Valentina pode encontrar algún cachiño máis na súa nave espacial! Mentres, os Pondaliñ@s de 5 anos seguiremos facendo o que nos pide e nesta ocasión indagaremos sobre o planeta máis brillante de todo o Sistema Solar! Por suposto, como tódolos luns, a profe Bea enterouse de que Valentina ...

NOVA MENSAXE DE VALENTINA TERESHKOVA!

Imaxe
Esta mañá chegamos á aula e alí nos estaba esperando unha vella coñecida... Si, por fin volvíamos a ver a Valentina Tereshkova! Aquí vos deixamos o vídeo que quixo compartir con nós no día de hoxe! Como vedes, esta semana temos unha nova misión: aprender máis sobre o planeta Mercurio! Así que se algún Pondaliñ@ quere traer máis información da que temos nos materiais da aula, estaremos encantados de recibila!  Ademais, o que tamén recibimos foi o soporte dun mapa que Valentina atopou na súa nave espacial... Será o que a axude a volver á Terra? Nós pensamos que si! Só temos un problema... A nosa astronauta favorita só atopou unha peza que, por suposto, xa pegamos no seu lugar correspondente. Tamén estivemos buscando pola clase e polo patio a ver se Tereshkova nos deixara algunha peza máis, pero non atopamos nada. A ver se mañá temos máis sorte... Do mesmo xeito, aproveitamos parte da mañá para rematar os nosos colgantes espaciais! Aquí tedes a 5 Mercurios, 4 Venus e 4...

PSICOMOTRICIDADE ESPACIAL!

Imaxe
Este trimestre, ademais de abordar a temática do Universo na nosa aula, tamén o faremos no pavillón. Durante os próximos meses, a profe Bea coordinarase coas nosas mestras para axudarnos a saber máis do Espazo e así botarnos unha man para salvar a Valentina Tereshkova! Esta mañá participamos en dous xogos súper súper divertidos! O primeiro deles consistía nun circuíto de obstáculos, pero non eran osbtáculos calquera... Tiñamos que esquivar planetas, lúas, estrelas e asteroides para atopar a Plutón, o astro que agora é un planeta anano! No segundo deles, participamos no tradicional xogo do pano. Mais desta vez os Pondaliñ@s non éramos números, senón que éramos o Sol, a Lúa e os planetas. E en vez dun pano, o que tiñamos que facer era correr moito para recoller as pezas dun foguete que se estropeou e que nós mesmos tivemos que reconstruír! Canto nos divertimos! Moitas grazas profe Bea por facernos empezar a semana da mellor maneira posible! Aprendendo máis sobre ...

PRIMEIRA MISIÓN DE VALENTINA TERESHKOVA!

Imaxe
Esta mañá, nada máis entrar na aula, sorprendémonos ao atoparnos esta caixa na nosa alfombra! Traballiños, un libro de información, plastilina e globos...  De onde podía vir? Por suposto, viña do Espazo! Por que o descubrimos? Pois porque xunto a esta caixa, tamén chegou unha mensaxe dende algún punto do Universo. Como non podía ser doutra maneira, o vídeo só o puido filmar Valentina Tereshkova! A ceptada a misión, tiñamos que dar resposta á pregunta que nos formulou: "Como se formou o Universo?". Estabamos convencidos de que a resposta se atopaba no libro que nos enviou, así que un par de compañeiros puxéronse mans á obra! E vaia se a atoparon... Agora xa sabemos que a teoría que explica a formación do Universo é a do 'Big Bang' ou 'Gran Explosión'! Ademais deste, tamén consultamos outros libros que trouxeron outros Pondaliñ@s e, por suposto, vimos varios vídeos que explicaban este proceso. Pero por se isto non era suficiente para comp...

COÑECEMOS AO MESTRE CARLOS!

Imaxe
Como podedes ver na marxe dereita do blog, os Pondaliñ@s xa temos horario! Para comezar ben a semana, os luns visitaremos o Pavillón na hora de Psicomotricidade. E como hoxe foi luns, tocounos coñecer ao mestre Carlos e ao seu fiel amigo, o silbato! Descubrimos o grande que era o Polideportivo, e tamén algúns dos materiais que alí había: colchonetas, balóns, cordas, aros, zancos... Pero sen dúbida, o que máis nos gustou foron dous canciños aos que proximamente lle poremos nome! Xa vos iremos informando! Con eles decidimos sacar unha foto xunto ao mestre Carlos. O profe Xalo tamén se uniu, xa que el acompañaranos nas nosas aventuras ximnásticas!