Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Concentracións

#ACCESIBILIDADYA

Imaxe
Esta mañá, no patio do noso colexio, concentrámonos mestres/as e compañeiros/as, xunto a membros da asociación Íntegro e algunha das nosas familias, a favor da accesibilidade universal e da eliminación de barreiras. Aquí nos tedes aos Pondaliñ@s de 4 anos portando o folleto no que se explica o por que desta concentración, folleto que xa levamos para as nosas casas para poder comentar esta situación coas nosas familias. Resulta que este 4 de decembro remata o prazo legal para que todos os produtos, bens e servizos sexan accesibles. Nós ben sabemos que isto non é así, e como non nos parece para nada xusta esta situación, realizamos esta concentración para facer consciente a toda a sociedade desta problemática e apoiar a eliminación de todas e cada unha das barreiras que aínda existen a día de hoxe. E aquí nos tedes a todo o CEIP Eduardo Pondal, aos membros da asociación Íntegro e a algunha das nosas familias apoiando esta causa. Imaxe: Asociación Íntegro Ademais,...