Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2019

ATA SEMPRE PONDALIÑ@S! ♥

Imaxe
Estes tres anos ao voso lado foron marabillosos. Non sabedes aínda canto vos botarei de menos...  Quérovos de aquí á nosa estrela, e volta. Ata sempre Pondaliñ@s! ♥

VÉMONOS NO CAMIÑO...

Imaxe
Cando vos coñecín tiñades 3 anos, algúns nin os chegárades a cumprir. Era setembro de 2016, a vosa primeira vez nesta escola, pero tamén a miña. Crédeme cando vos digo que foi un pracer percorrer este camiño da vosa man. Moitas horas pasei con vós mentres chorábades por mamá ou por papá, e non vos vou mentir, moitas veces eu tamén tiven ganas de facelo, incluso cando vós xa non chorábades. Moitos días acabei colorada, despeinada, manchada, cos petos cheos de cachibaches variados e con pintura, plastilina e purpurina nos lugares máis insospeitados. Algunhas veces incluso desquiciada, para que ocultalo. Pero foi así como, pouco a pouco, todos xuntos fomos aprendendo. Vós de min pero, sobre todo, eu de vós. Non sabedes canto... Pouco a pouco fóchedes medrando, uns tivéronse que ir e outros viñéchedes un pouquiño máis tarde, pero agora sodes 25 grandes pequerrechos que me facedes rir, chorar e algunhas veces enfadar. 25 Pondaliñ@s que me namorades día a día, que me emocionades con cada

TRES CURSOS XA PASARON...

Imaxe
Hoxe querémosvos contar a nosa historia persoal. Unha historia con principio que non ten final. Con tres aniños chegamos ao CEIP Eduardo Pondal. Que era ese sitio tan grande no que estábamos a punto de entrar? O novo cole esperaba por nós cargadiño de emocións. E tamén a profe Rocío... 25 nenas e nenos, que lío! Na clase coñecemos a Teo e ata o levamos de paseo. Con el vivimos moitos momentos, canto o botaremos de menos... O cole sentábanos de marabilla porque fixemos unha gran pandilla. Pero de Dani nos tivemos que despedir porque a Corme se tivo que ir. Coa axuda do profe Xalo rematamos en tres anos. A Iria adeus lle dixemos, pero pronto volveu a vernos. Catro anos comezamos cunha nova incorporación. Un terremoto nos presentaron... Era Mario, que ilusión! Números e letras aprendemos e debuxos tamén fixemos. Cantamos e bailamos e no patio tamén xogamos. Despedimos catro anos e a clase de cinco conquistamos. Un novo amigo nos acompañou, foi Alejandro o que chegou! Nes

BO VERÁN E FELICES VACACIÓNS!

Imaxe
O noso terceiro curso no CEIP Eduardo Pondal xa rematou e as vacacións xa están aquí! Agora toca descansar e divertirse moitísimo durante estes meses para volver en setembro coas pilas ben cargadas! Que xa imos ser Pondaliñ@s de 1º de Primaria, menuda emoción! Ademais, se pinchades na seguinte imaxe podedes acceder á carpeta de Google Drive que contén tódalas fotografías que tomamos e tódolos vídeos que grabamos ao longo do curso 2018/2019 e que xa podedes descargar! E se algunha familia se esqueceu de facelo en anos anteriores, aquí vos deixamos os links que nos levan ás carpetas que resumen o noso paso por 3 e 4 anos. Por favor, descargade todo o material durante o verán! En setembro a profe Rocío terá que eliminalas para deixarlle espazo ás imaxes e vídeos dos novos Pondaliñ@s que se incorporan á súa aula o vindeiro curso. 3 ANOS:  https://drive.google.com/open?id=0B9XouQ7LXLpYeGZzQVlPblhvcDQ 4 ANOS:  https://drive.google.com/open?id=1i5WM-vKqnb5WNKZHM0dyZbpzlrpdiFoO 5 A

P DE PONDAL!

Imaxe
Esta mañá despedimos o curso 2018/2019 e a nosa etapa en Educación Infantil por todo o alto! Celebramos a terceira edición do festival "P de Pondal"! Nesta ocasión os Pondaliñ@s de 5 anos fixémoslle unha homenaxe ao grupo favorito da nosa profe Rocío e transformámonos nos seus Freddie Mercury particulares. Estábamos auténtic@s! Aquí nos tedes a tod@s a piques de comezar a nosa actuación! E aquí está a nosa gran actuación! Que ben o fixemos! Que gran espectáculo! Ademais, grazas á mamá do noso compañeiro Roi, temos unha gran reportaxe fotográfica do día de hoxe. Moitas grazas Rosario! Agardamos que vos gustase e que vos divertírades tanto coma nós!

VISITAMOS A AULA DE 1º DE PRIMARIA!

Imaxe
Como ben sabedes, en poucos meses os Pondaliñ@s de 5 anos pasarán a ser alumnas e alumnos de 1º de Primaria, así que esta mañá aproveitamos a última misión que nos deixou o Señor do Tempo para visitar aos nosos compañeiros e compañeiras de corredor e resolver tódalas cuestións que propuxemos para completar a lista de Dash. Aquí nos tedes na que será a nosa futura aula: Por suposto, os nenos e nenas de 1º aceptaron axudarnos moi amablemente e resolveron tódalas nosas dúbidas. Aquí vos deixamos as súas respostas, por se os Pondaliñ@s non as recordan todas e no verán necesitan solucionar algunha cuestión: En 1º non teñen a Teo nin ningunha outra mascota. As mesas colócanse por equipos. Neste caso unha gran mesa con forma de "U" e outra máis pequena con forma de rectángulo. Imos ter PDI e nela podemos escoitar cancións, ver vídeos, aprender a través de xogos interactivos... Na clase non hai recunchos, pero teñen estanterías para gardar diferentes xogos (contos,

MERENDOLA DE FIN DE CURSO!

Imaxe
Para celebrar que este curso 2018/2019 chega ao seu fin, os Pondaliñ@s de 3, 4 e 5 anos, xunto aos nosos compañeiros e compañeiras de 1º de Primaria desfrutamos dunha gran merendola! Bocatas, galletas, chocolate, chuches, patacas fritas, gusanitos e un montón de bebidas moi diferentes ás que tomamos nas nosas merendas habituais... Puxémonos as botas! Ademais, tamén visitamos o pavillón para ser espectadores do tradicional partido que disputan os alumn@s de 6º contra algúns mestr@s da nosa escola!  E mañá a desfrutar do noso último día como Pondaliñ@s de Infantil!

SUPERANIVERSARIOS DE XUÑO, XULLO E AGOSTO!

Imaxe
No día de hoxe estivemos de celebración! Roi e Hugo fixéronse maiores e xa cumpriron 6 anos. E Aroa V., Lucía, Izan, Zaira e Xabi farano durante os meses de verán, pero non por iso quedaron sen celebración! Aquí os tedes no noso marco dos aniversarios! Sen dubidalo, enfundaron as súas capas de "Supercumpleañer@s nº6"! Por suposto, os demais Pondaliñ@s transformámonos en superinvitados e superinvitadas! Como non podía ser doutra maneira, felicitamos aos nosos compañeir@s, e aquí estamos con Teo, que tamén se quixo unir á nosa celebración! Así mesmo, tamén lles fixemos uns bonitos agasallos... Uns grandes libros de debuxos para os nosos compañeir@s!   E xa nos nosos lugares, cantámoslle o "Cumpleaños feliz" mentres os nosos amigos sopraban as súas velas de aniversario! Despois disto, o que tocaba era encher as nosas barrigolas cunha saborosa tarta de galleta e chocolate! Iso si, os Pondaliñ@s non fomos os únicos invi

DASH PRECISA DA NOSA AXUDA!

Imaxe
Despois de varias semanas de investigación e aprendizaxe sobre o mundo dos superheroes e das superheroínas, os Pondaliñ@s de 5 anos fomos quen de superar tódolos retos que nos propuxo o Señor do Tempo! Así pois, hoxe puidemos abrir a porta número oito, a última da casiña que nos deixou! E como non podía ser doutra maneira, o Señor do Tempo cumpriu coa súa palabra e desvelounos a misión ultrahipermegaimportante e secreta que tiña para nós! Sabíamos que tiñamos que axudar a alguén... Pero a quen? Que problema tiña? Como o podíamos solucionar? Estas e outras moitas preguntas rondaban pola nosa mente, e hoxe por fin puidemos contestalas a todas! Estade atent@s ao seguinte vídeo, nel descubriredes quen precisa da nosa colaboración para solucionar un problema ben importante... Efectivamente, era Dash Parr quen nos necesitaba! E, por suposto, aceptamos a misión sen dubidalo e puxémonos mans á obra... Tantas ideas se nos viñan á mente que a profe non era capaz de seguirnos o ritmo!

ROBÓTICA EDUCATIVA: VISITAMOS 5ºB!

Imaxe
Esta mañá os Pondaliñ@s de 5 anos subimos ao último piso da nosa escola para visitar aos nenos e nenas de 5ºB, e tamén á súa profe Meibel. Sabedes por que? Pois porque durante todo o ano estiveron participando nun programa de Robótica Educativa, e ao rematar o curso invitáronnos a coñecer os seus robots e as súas maquetas... Mirade que ideas tan xeniais para mellorar a educación viaria de Ponteceso! E ata nolas deixaron probar para descubrir de primeira man como funcionaban os diferentes sensores! Pero, sen dúbida, o momento máis esperado e o que máis nos entusiasmou foi cando nos deixaron manexar os seus robots. Conducímolos e algúns incluso os fixemos soar! Que ben o pasamos e canto nos gustou esta nova experiencia! Moitas grazas pola invitación!

NOVOS RETOS DO SEÑOR DO TEMPO!

Imaxe
Estas últimas semanas o Señor do Tempo tivo que apurar un chisquiño as súas misións sobre os superheroes e as superheroínas, mais por fin chegamos ao último reto, e moi pronto descubriremos o que se agocha no interior da casiña. Por fin poderemos desvelar ese misterio que nos ten tan intrigados! Que gran misión nos espera? A quen temos que axudar? Ai, que nervios! Así pois, nestes últimos días fomos recibindo novas cartas con novos retos: descubrir novos superpoderes, coñecer algúns villanos, crear o noso propio superheroe ou superheroína e aprender un chisquiño máis de arte, música e cociña superheroica. Pouco a pouco fomos superando probas, e os encargados e encargadas de aula abrindo portas. Só nos queda unha, que cremos que mañá xa poderemos abrir! Pero non creades que isto de superar retos consiste só en deixar por escrito todo o que imos descubrindo nos libros de información, tamén temos un montón de xogos na aula, algún que outro que nos deixa o Señor

GRADUACIÓN: PROMOCIÓN 2016-2019!

Imaxe
Na tarde do pasado mércores 12 de xuño os Pondaliñ@s de 5 anos celebramos a nosa Graduación! Acompañados de mestras e familiares, festexamos o noso paso por Educación Infantil, ademais de dar un novo pasiño cara 1º de Educación Primaria! Cantos nervios pasamos, pero sobre todo, que ilusión nos fixo este gran momento! Será inolvidable! Aquí vos deixamos un pequeno gran resumo do que sucedeu nesta xornada tan especial:

CONVIVENCIA EN VALARÉS!

Imaxe
Coma tódolos anos, esta mañá celebramos a tradicional convivencia do CEIP Eduardo Pondal na praia de Valarés! Canto nos gusta esta saída e que ben o pasamos! Aquí vos deixamos un pequeno resumo do que ocorreu no día de hoxe:

COÑECEMOS AOS NOSOS NOVOS COMPAÑEIR@S!

Imaxe
Esta mañá recibimos unha visita moi especial... Nuns meses seremos Pondaliñ@s de 1º de Primaria, polo que ao facernos maiores cambiaremos de aula, de profe e tamén contaremos con novos amig@s na nosa clase!  Por este motivo, hoxe coñecemos a Mateo e Daniela, que se incorporarán á nosa aula o vindeiro curso! Moitos de nós xa os coñecíamos das actividades extraescolares e fíxonos moitísima ilusión a súa visita! Como somos tantos, ao principio resultaralles complicado acordarse de tódolos nomes, así que quixemos facerllo un pouquiño máis fácil... E para iso creamos un libro-xogo para cada un! Aquí temos á nosa compañeira Leila decorando as portadas, e as mans en forma de corazón son de Hugo! Nas seguintes páxinas colocamos unha das fotografías grupais que sacamos na última saída á Coruña, e tamén as fotos individuais da nosa graduación xunto ao noso nome, que cada Pondaliñ@ tivo que escribir e decorar! E en que consistía o xogo? Pois tanto Mateo como Daniela tiñan que descubrir o