Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2017

TEO VIAXA Á CASA DE... MARTA!

Imaxe
Esta semana, a nosa mascota emprende a súa última viaxe... Montouse no bus dos elefantes coa nosa compañeira Marta, e con ela pasará toda a fin de semana. Que aventuras lle estarán esperando ao noso Teo de cor azul? Seguro que o pasa fenomenal con Marta, coa súa familia e cos seus amigos!

MOCHILA VIAXEIRA: HUGO!

Imaxe
Esta semana, a nosa Mochila Viaxeira conta cun novo destino: a casa do noso compañeiro Hugo, co que pasará os próximos días! A pasalo moi ben con tódalas historias que aí se agochan!

TEO TEN UNHA NOVA CANCIÓN!

Imaxe
Esta mañá, as nenas e o neno que acudimos a Atención Educativa fixémoslle unha visita a Cleo, e coa mestra Rocío descubrimos unha nova historia: "Monstruo triste, monstruo feliz" (Un conto co que o próximo curso profundizaremos no mundo das emocións xunto co noso querido Monstro de Cores) Despois de falar un pouquiño das emocións que nel se recollen e sobre as situacións nas que as sentimos, tivemos un tempo para ler libremente na biblioteca. A nosa compañeira Iria decantouse por "O monstro de cores" e mentres lía este conto, ensinounos unha canción que inventou na súa casa. Aquí tedes a súa fantástica creación, terémola que aprender na aula: Ademais, aproveitamos para comentarvos que esta semana tivemos as clases de Relixión e Atención Educativa despois do recreo, porque precisabamos as horas da tarde para ensaiar algo que moi pronto poderedes ver publicado... Faremos un lipdub polo Día das Letras Galegas, e aquí vos deixamos a canción que se escoitará de

UN NOME PARA O NOSO DINOSAURIO!

Imaxe
Despois de tanta espera, o noso ovo abriuse completamente, e de alí saíu un... DINOSAURIO! Grazas a Mario, o noso compañeiro de 1º de Primaria que é un experto nestes animais, descubrimos que era un Estegosaurio que cada día medra e medra máis na súa casiña chea de auga! Proximamente descubriremos o que ocorre cando queda sen ela... Por suposto, tiñamos que buscarlle un nome, e seis foron as opcións que propuxemos: Beethoven, Arlo, Sara, Rocky, Sky e Chase. Cada un dos Pondaliñ@s contaba cun gomet que debía colocar na gráfica do seu nome preferido. Feito isto, visualmente comparamos as seis gráficas, pero para asegurarnos, entre todos, contamos os gomets que había en cada gráfica, e a nosa encargada Leila encargouse de escribir o número correspondente. Agora si, estabamos máis que seguros que o nome gañador era... CHASE! Ademais, seguindo con isto das matemáticas divertidas, aproveitamos para mostrarvos un dos xogos que realizamos despois das rutinas diarias. Adaptándonos ao rit

ANIVERSARIOS DE ABRIL!

Imaxe
No día de hoxe celebramos o aniversario da nosa compañeira Andrea, a única nena da nosa clase que cumpre anos no mes de abril! Aquí a tedes co noso marco dos aniversarios, coa súa coroa e coa súa medalla conmemorativa: Por suposto, todos os Pondaliñ@s a felicitamos, e aquí estamos con Teo, que tamén se uniu á nosa celebración! Xa nas nosas mesas, cantámoslle o "Cumpleaños feliz" mentres Andrea sopraba a vela co número 4 nunha tarta de Olaf! E despois de encher as nosas barrigolas con esta saborosa tarta e uns ricos zumes, tocaba sacar unha foto cunha invitada moi especial: a mamá de Andrea tamén se uniu á nosa celebración! MOITOS PARABÉSN E A CUMPRIR MOITOS MÁIS!

NOVIDADES NO CLUB DO MANDILÓN!

Imaxe
Xa queda menos para completar o noso Club do Mandilón! Despois de moito empeño, a nosa compañeira Daniella xa é capaz de poñer e abotoar o seu mandilón, e tamén de sacalo correctamente, deixando as mangas ben colocadas para o día seguinte! Moitos parabéns!

DÍA DO LIBRO!

Imaxe
O pasado domingo 23 de abril celebrouse o Día do Libro. Esta mañá falamos da importancia de ler e contar contos, e xunto cos nosos compañeiros e compañeiras de 4 e 5 anos decidimos crear a nosa propia historia. Como non podía ser doutra maneira, Cleo, a mascota da nosa biblioteca, sería a súa protagonista. Aquí vola deixamos, que vos parece?

TEO VOLVE DA CASA DE... IRIA!

Imaxe
A nosa mascota máis alegre xa está de volta na escola. Veu acompañada da nosa compañeira Iria, coa que pasou a fin de semana! Queredes saber das súas aventuras? Agora mesmiño volo contamos! O venres, nada máis chegar a casa, Teo coñeceu a Antía, a irmá de Iria, que quedou máis que encantada co conto de "O monstro de cores". Ese mesmo día pola tarde, foron ver ao Mago Antón, que estaba de paso por Carballo! Despois de sorprenderse cos seus trucos de maxia decidiron xogar no parque coas amigas da nosa compañeira. E ao chegar a noite, Iria non dubidou en durmir ben abrazadiña á nosa mascota. O sábado madrugaron para visitar aos avós da nosa compañeira, que viven en Cuíña. Antes de chegar, pararon a descansar en Ordes, onde compraron un queique de chocolate co que Teo se puxo as botas! Ademais, aproveitaron para xogar nunha fonte que alí atoparon, aínda que a auga estaba moi fría! Xa na casa dos avós, a nosa mascota coñeceu aos curmáns de Iria, cos que estivo coidando os amor

TEO VIAXA Á CASA DE... IRIA!

Imaxe
Despois dunhas merecidas vacacións, a nosa mascota viaxeira visita un novo lugar... Nesta ocasión é a casa de Iria, coa que pasará esta fin de semana! Que sorpresas lle esperan a Teo? Moi pronto o descubriremos, do que estamos seguros é de que o pasará fenomenal coa nosa compañeira, cos seus amigos e coa súa familia!

MOCHILA VIAXEIRA: AROA PENEDO!

Imaxe
Despois duns días de descanso, a nosa Mochila Viaxeira volve a viaxar, nesta ocasión para visitar a casa da nosa compañeira Aroa. A gozar con tód alas historias que aí se agochan!

ESTREAMOS AREEIRO!

Esta tarde, aproveitando o sol primaveral, inauguramos a temporada de areeiro! Pasámolo estupendamente, e aquí vos deixamos unhas fotiños que o demostran: XOGAMOS NO AREEIRO! - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

QUE APRENDEMOS COA MESTRA LUISA?

Imaxe
A mestra Luisa quere compartir con todos vós algunhas das cousiñas que estamos a facer na clase de Música. Aquí nos tendes cantando e bailando unha das nosas cancións favoritas, e tamén descubrindo o xogo das estatuas musicais! Pasámolo fenomenal!

PLANTAMOS XIRASOLES!

Imaxe
Esta mañá, despois do recreo, chegou o momento máis esperado da xornada: A HORA DE PLANTAR! A mestra cumpriu co prometido, e trouxo todo o que precisabamos para este labor: macetas transparentes (moi útiles para ver que ocorre cos granciños conforme van medrando), terra, auga,  utensilios de xardinaría, e o máis importante, unhas sementes que nos regalaron uns amigos moi especiais da profe Rocío. Moitas grazas Revoltiñ@s ! Pasámolo moi ben plantando, e todo ía moi ben ata que vimos aquelas sementes... Moitos dixemos que non eran granciños coma os do Señor Luís, senón que eran pipas de comer! Estas non eran exactamente pipas comestibles, pero descubrimos que as pipas que comemos nas nosas casas veñen dunha planta que se chama... XIRASOL! Durante estes días investigaremos máis sobre eles... Aquí vos deixamos un pequeno resumo do ocorrido esta mañá: PLANTAMOS XIRASOLES! - Kizoa Editar Videos - Movie Maker Ademais, aproveitamos para comentarvos que o noso ovo misterioso a

AÍNDA NADA?

Imaxe
A primavera está en todo o seu esplendor, e durante estas semanas saberemos máis desta estación do ano a través dun conto que Cleo nos emprestou. Titúlase "Aínda nada?", e descubrímolo esta tarde durante a nosa visita semanal á biblioteca. Gustounos moito, e con el reflexionamos sobre a importancia da paciencia, e tamén da actitude adoptada polo paxaro nesta historia... Ademais, descubrimos os pasos que debemos seguir se queremos obter a nosa propia planta: Facemos un buraco na terra. Introducimos a semente no buraco. Tapamos o buraco e pisamos a terra. Coidamos e regamos a nosa semente. Esperamos tranquilamente. Xa sabemos, hai que ter paciencia! Entre todos creamos unha lista con todo aquilo que precisabamos, e deixámola en mans da profe: macetas, terra, sementes, pas, regadeiras, auga...  Se mañá chegamos á casa un pouquiño máis manchados do habitual non vos preocupedes, só queremos parecernos ao Señor Luís! Por certo, tamén descubrimos que este conto tiña

UN OVO MISTERIOSO!

Imaxe
Esta mañá, nada máis entrar na clase, os nosos ollos foron cara a alfombra, pois alí se atopaba un elemento un tanto extraño... Un ovo de cor gris metido nun bote cheo de auga! Que era iso, quen o puxera alí, tiña algo no seu interior? Estas e outras cuestións foron as preguntas que nos formulamos! Do que estabamos seguros é de que ese ovo non era coma os que as madriñas e os padriños nos trouxeron durante as vacacións! Sentámonos ao seu redor, e en asemblea compartimos todas as nosas hipóteses.  Todos estabamos de acordo en que aquilo era un ovo, pero non sabiamos se de galiña, de avestruz, de crocodilo, de tartaruga, de peixe, de caracol... Tamén dixemos que podía ser de can ou de oso panda, pero pronto chegamos á conclusión de que estes animais non poñían ovos. E quen o trouxera? Pois dubidamos de Rocío, de Xalo, de Enrique, dalgúns papás e dalgunhas mamás, de tódolos animais que dixemos... Preguntamos, pero ninguén sabía nada deste ovo! E por que estaba en auga? Para nacer,

FIN DE TRIMESTRE!

Imaxe
Durante estas últimas semanas estivemos preparando algunha que outra cousiña na nosa aula, pero decidimos non subir nada disto ao noso blog para que hoxe se transformase nunha divertida sorpresa para as nosas familias! Comezamos polas bolsas, moi acordes con esta época do ano! Picamos o ovo e as patas que forman parte da nosa galiña, e tamén lle colocamos os ollos e o peteiro. A profe encargouse de montala xa que a nós resultábanos un tanto complicado! Mirade que bonitas nos quedaron!  Seguimos coas portadas do libro que recolle tódalas fichiñas que fomos facendo durante este trimestre. Para rememorar o Entroido, transformámonos nuns divertidos pallasetes! Creamos unha perruca con pintura e pincel, cun rotulador especial fixemos unhas pestanas ben longas, e con gomets de cores colocamos o nariz e os mofletes! Para rematar, pintamos uns simpáticos sombreiros e unhas coloridas paxariñas que nos transformaron nunhas pallasas e nuns pallasos de primeiro nivel! Ademais, para darlle u

SAÍDA Á CORUÑA!

Imaxe
No día de hoxe, os Pondaliños realizamos unha nova saída, e unha vez máis visitamos a cidade da Coruña, mais nesta ocasión tocaba visitar Afundación para gozar da exposición "Lugrís, paredes soñadas". Laura foi a encargada de contarnos a historia deste artista e inmiscirnos na busca da Serea Alada, irmá da nosa serea Estela Mares. Ruth mostrounos o abecedario de Urbano Lugrís, e con ela recreamos o noso propio abecé, que nestes momentos xa repousa na nosa aula á espera de ser colgado para poder xogar con el tódolos días! Despois, trasladámonos á Casa das Ciencias. Subimos e subimos escaleiras, tantas que chegamos á cúpula do edificio, onde se atopa o Planetario. Alí vimos "La niña que sabía caminar al revés". Aquí vos deixamos o inicio desta proxección, mais se a queredes volver a ver de novo, teredes que volver á cidade herculina... Tamén visitamos as plantas inferiores, e alí estivemos explorando... Máis tarde, as nosas barrigolas comezaron a ruxir a pes

NA BUSCA DO TESOURO PERDIDO...

Imaxe
Esta tarde, moi tranquilos estabamos entrando na nosa clase cando o profe Xalo berrou por nós, xa que no seu despacho aparecera unha carta, e os seus destinatarios eramos os Pondaliñ@s de 3 anos! Alguén nos ofrecía ir na busca dun tesouro, pero para iso tiñamos que responder correctamente a unha serie de preguntas para conseguir novas pistas que nos levasen a un prezado tesouro! Por suposto, non dubidamos en aceptar este reto, e despois de moito buscar, atopámolo... UNHAS CANAS DE ESQUIMÓS E UN MONTÓN DE ANIMAIS MARIÑOS QUE NOS ENCANTARON! Aquí vos deixamos un pequeno resumo do ocorrido no día de hoxe: Pasámolo estupendamente, e este xogo tan divertido axudounos a pechar o noso proxecto sobre os esquimós, recordando de forma lúdica todo o aprendido durante estes meses. Ademais, xogamos a pensar, xa que descifrar esas pistas non era tan doado como parecía; melloramos a nosa orientación espacial, pois practicamente recorremos todo o colexio; practicamos algunha normas sociais cos

PINTAMOS AO SON DA PRIMAVERA DE VIVALDI!

Imaxe
Esta mañá, os Pondaliñ@s decidimos desenvolver o noso talento artístico, e guiados pola "Primavera" de Vivaldi deixamos voar a nosa imaxinación e a nosa creatividade.  Sen ningún tipo de directriz, estas foron as obras de arte que creamos. Polo momento deixámolas a secar na nosa clase, pero como calquera cadro que se precie, moi pronto crearemos un marco acorde e darémoslle título ás nosas creacións!

TEO VOLVE DA CASA DE... DANIELLA!

Imaxe
Esta fin de semana a nosa mascota máis amorosa pasouna acompañado da nosa compañeira Daniella. Queredes saber que fixeron para pasalo tan ben? Aquí volo contamos: O venres, despois de toda a semana, chegaron tan cansos á casa que decidiron que o mellor que podían facer era botarse a durmir para coller forzas para os próximos días. O sábado, almorzaron galletas co papá de Daniella, e Teo tamén coñeceu a tódalas mascotas que ten a nosa compañeira: á cadela Kiara, ao gato Michu, aos paxariños e tamén aos peixiños. Ademais, visitaron a tenda de mascotas para buscarlle aos seus peixes novos compañeiros de peceira! O domingo, Teo e Daniella recibiron a visita dun gran amigo que todos coñecemos: Fran, o noso compañeiro da aula de 4 anos! E con el estiveron xogando toda a tarde! O que máis lles gustou foron os globos e a tenda de campaña! O luns, como a nosa mascota aínda estaba na súa casa, Daniella liulle un conto, e tamén lle presentou a outro Teo de cor rosa que ela tiña na súa cas

TALLER DE PROFESIÓNS!

Imaxe
Como ben sabedes, os nenos e nenas da aula de 3 anos estamos ansiosos por coñecer a que se dedican as mamás e os papás dos outros Pondaliñ@s, e por este motivo no día de onte enviamos unha nota para informarvos. Estamos moi ilusionados con iso de que as nosas familias veñan á nosa clase! Parécenos que é unha boa maneira de achegar aos nenos e nenas ao mundo que os rodea, e non hai mellor maneira de facelo que da man de persoas tan importantes como son os seus papás e as súas mamás! Cada sesión duraría uns 45 minutos, onde despois dunha pequena explicación sobre o oficio correspondente (en que consiste, onde se desenvolve, que utensilios se utilizan, que indumentaria se emprega...), cada familia desenvolvería unha actividade práctica (xogos, representacións, manualidades...) relacionada coa súa profesión. O horario é flexible, polo que dentro das posibilidades de cada familia, animámosvos a participar nesta actividade tan significativa para as nenas e os nenos! Calquera dúbi

TEO VIAXA Á CASA DE... DANIELLA!

Imaxe
Este venres a nosa mascota máis amorosa montou no autobús dos chimpancés para pasar a fin de semana na casa da nosa compañeira Daniella. Que aventuras estarán esperando a Teo? Moi pronto o descubriremos! Do que estamos seguros é de que o pasará fenomenal coa familia e cos amigos de Daniella!

MOCHILA VIAXEIRA: ANDREA!

Imaxe
Esta semana a nosa Mochila Viaxeira trasládase á casa da nosa compañeira Andrea. Ben sabemos que a ela lle encantan os contos, polo que estamos máis que seguros que o pasará fenomenal con todo o que se agocha no seu interior! A gozar moito con tódalas historias!

TEO VOLVE DA CASA DE... NIZAR!

Imaxe
Esta semana a nosa mascota máis tranquila regresou da casa do noso compañeiro Nizar, co que pasou a fin de semana. Xuntos durmiron e xogaron, tamén visitaron o parque de Ponteceso e deron uns paseos seguindo o curso do río Anllóns! A Teo e a Nizar encantoulles pasar xuntos esta fin de semana tan especial!