Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Música

FESTICIENCIA 2019!

Imaxe
Coma tódolos anos, para conmemorar a Semana das Letras Galegas a aldea do Couto engalánase para celebrar, un ano máis, unha nova edición das Festiletras!  Nesta ocasión, a Fundación Eduardo Pondal convidounos a participar no Festiciencia, onde puidemos gozar cos numerosos xogos tradicionais que presentou o MELGA, así como da actuación de Paco Nogueiras e a súa "Radio Bule-Bule"! Foi un día fantástico e pasámolo xenial! Aquí vos deixamos un pequeno resumo do que foi esta xornada tan divertida: Ademais, no hall da nosa escola xa podedes visitar unha exposición dedicada a Antón Fraguas e á súa obra "Romarías e Santuarios de Galicia" coa información que o alumnado e as súas familias aportaron! Moitas grazas a tod@s!

CONCERTO DIDÁCTICO: "RAÍCES"!

Imaxe
Para celebrar o remate deste 2º trimestre de curso, os Pondaliñ@s de 3, 4 e 5 anos visitamos o Pazo da Ópera da Coruña para desfrutar dun concerto didáctico que leva por nome "Raíces". Nesta ocasión viaxamos ata o continente africano a través do canto, a danza e algúns instrumentos de percusión tradicionais. Encantounos! Pero isto non era todo... Despois do concerto visitamos o Parque de Santa Margarida, onde enchemos as nosas barrigolas e, sobre todo, nos divertimos xogando todos xuntos! Aquí vos deixamos un pequeno resumo do que ocorreu nesta xornada tan especial. Agardamos que vos guste, nós pasámolo xenial!

NADAL 2018!

Imaxe
O Nadal está chamando ás nosas portas e, como non podía ser doutra maneira, na nosa escola celebrámolo por todo o alto! Comezamos a mañá recibindo aos Reis Magos e aos seus paxes recén chegados de Oriente! Para agasallalos, cantámoslle a panxoliña que preparamos coa mestra Sheila! Titúlase "Tres reis en bicicleta" e así foi a nosa actuación: Seguidamente, puidemos visitar aos Reis Magos e entregarlle as nosas cartas. Eles, a cambio, regaláronnos unha bolsiña de caramelos! E despois disto, o que tocaba era encher as nosas barrigolas cun chocolatiño quente e un saboroso roscón de reis! Puxémonos as botas! E logo dun tempiño de recreo... A celebrar o fin deste ano 2018! Non tiñamos uvas pero si tiñamos gusanitos, e tamén serpentinas, música e moitas ganas de festa! Foi un día diferente e pasámolo estupendamente ben! Vémonos no 2019!

VISITAMOS O PLANETARIO!

Imaxe
A mañá do día de hoxe comezou visitando a biblioteca da nosa escola, onde xa nos estaba esperando un vello coñecido que sempre nos vén saúdar por estas datas. Chegou desde as montañas do Caurel e o vindeiro 24 de decembro visitaranos de novo, mais desta vez para apalparnos as barrigolas e deixarnos algún que outro agasallo. Claro, estamos falando do Apalpador! Que alegría volver a velo! E falando do Nadal... Aquí vos deixamos a panxoliña que estamos ensaiando coa mestra Sheila e que lle cantaremos aos Reis Magos este venres: Ao volver á nosa clase quen nos estaba esperando era Valentina Tereshkova cunha nova mensaxe! Querédela escoitar? Aquí vola deixamos! Por suposto, puxémonos en marcha para completar a súa misión e polo momento estamos resolvendo as súas cuestións con gran éxito. Se seguimos así pensamos que esta semana a nosa astronauta favorita poderá regresar á Terra! E para rematar a xornada, visitamos o pavillón da nosa escola. Alí nos es...

ESTREAMOS XILÓFONOS!

Imaxe
No día de onte os Pondaliñ@s de 5 anos visitamos, coma tódalas semanas, a aula de Música coa profe Sheila.  Comezamos a sesión recordando a casa dos sons onde o cadeliño Leo, neto de Laika, creaba as súas cancións. O que non sabíamos era que esa casa tiña varios pisos, polo que a mestra nos presentou a dúas veciñas: Mimí (Nota 'Mi') que vivía no 1º e Sole (Nota 'Sol') que vivía no 2º. Aquí as tedes! Como vedes, ademais de vivir en pisos diferenes, Mimí e Sole son de cores diferentes. Sabedes por que? Pois porque desta maneira podemos facelas soar nos xilófonos que a profe Sheila creou para nós. Un para cada Pondaliñ@, que sorte temos con esta mestra! Así pois, puxémonos mans á música e descubrimos que se coa baqueta facemos soar a lámina amarela escoitarase a Mimí, pero se a que tocamos é a lámina azul soará Sole. E encantounos a experiencia! Mirade canta concentración! Fixémolo tan ben que a profe Sheila ata nos dixo que calquera día podía...

CELEBRAMOS O MAGOSTO!

Imaxe
No día de hoxe celebramos unha festa tradicional de Galicia: o Magosto! Como non podía ser doutra maneira, comezamos esta festa comendo o froito máis típico destas datas: as castañas! Seguidamente, realizamos o tradicional tiro da corda que xa estivemos ensaiando coa profe Bea nas clases de Psicomotricidade. Obtivemos un empate moi xusto! E para rematar, todos xuntos cantamos a cantiga "Non chas quero", que tamén preparamos coa mestra Sheila nas clases de Música. Aquí vos deixamos un vídeo que o corrobora: Para completar o día, levamos a cabo a última das actividades relacionadas co Samaín: crear a nosa propia manualidade! Recordades a man verde dun supercumpleañero e as caras de terror de tódolos Pondaliñ@s? Pois xuntamos todo e engadimos un OVNI con luz e moitas estrelas e purpurina! E este é o resultado... Neste Samaín somos abducidos por extraterrestres! O luns estas manualidades xa poderán decorar as nosas casas, pero esta fin de semana pasarana na e...

ASTRONAUTAS INGRÁVIDOS NA AULA DE MÚSICA!

Imaxe
Ademais do aniversario do noso compañeiro Mario, hoxe foi un día movidiño na aula de 5 anos... Comezamos a mañá preparando algunhas manualidades relacionadas cunha celebración terrorífica que xa está a piques de comezar: O SAMAÍN! Aproveitando algunhas das follas que trouxemos das nosas casas, cubrímolas todas cunha capa de pintura branca que farán que se transformen nunhas personaxes terroríficas típicas desta época do ano... Si, si, si! Estamos creando uns fantasmas moi medorentos que mañá remataremos e colgaremos das teas de araña que xa inundan o noso corredor! Polo momento só vos podemos mostrar o proceso, mañá ensinarémosvos o resultado final: Así mesmo, mentres nós pintabamos estas follas, a mestra chamounos para estampar a nosa pegada de cor verde nunhas cartolinas moi escuras... Que estaremos tramando? En que se transformará a nosa man? Nós xa o sabemos, moi pronto vós tamén o poderedes descubrir! Aquí vos deixamos ao 'supercumpleañero' de hoxe durante ...

ACTUACIÓN DE PACO NOGUEIRAS!

Imaxe
Esta mañá recibimos unha gran visita no noso patio e pasamos un anaquiño con... PACO NOGUEIRAS! Xa coñecíamos moitas das súas cancións, e hoxe puidemos desfrutalas en directo! Aquí vos deixamos algunhas imaxes e algúns vídeos do que ocorreu esta mañá!

XOGOS NA AULA DE MÚSICA!

Imaxe
A profe Luisa envíanos outro vídeo que gravou este martes durante a súa clase. Nel podemos ver aos Pondaliñ@s de 4 anos realizando un divertido xogo: bailar ao son da música, cambiar de parella cando esta para e seguir bailando novamente cun novo compañeiro ou compañeira de baile! Ademais, presentamos novos materiais relacionados co noso proxecto. Nesta ocasión foi a quenda da nosa compañeira Naia, que nos trouxo o peluche dunha foca, un par de contos de Nemo e a Sereíña e tamén un documental sobre tiburóns que xa vimos durante a última hora de hoxe! Gustounos moito!

CROCODILOS NA AULA DE MÚSICA!

Imaxe
Nestas últimas semanas, na aula de Música, os Pondaliñ@s de 4 anos estivemos cantando e bailando unha canción de Susa Herrera titulada " O crocodilo ", recollida no seu libro-disco "Cantos animais". Aquí vos deixamos un vídeo que nos gravou a profe Luisa na clase de onte! Ademais, aproveitamos para comentarvos que hoxe recibimos unha nova mensaxe do Capitán Nemo. Queredes saber en que consiste a nosa nova misión? Premede aquí ! Igualmente, contámosvos tamén que a semana pasada coñecemos ao último membro da familia real do noso País das Letras! Con todos vós... o príncipe E!

DÍA DO LIBRO 2018!

Imaxe
No día de hoxe conmemórase o Día do Libro, e na nosa escola decidimos celebralo cun apadriñamento lector organizado polo Equipo de Biblioteca do noso colexio. O xoves da semana pasada, os nenos de nenas de 4ºA visitaron a nosa aula para coñecernos un chisquiño máis e así indagar sobre as nosas lecturas favoritas. E esta mañá, despois do recreo, contáronnos as historias que elixiron pensando nos nosos gustos. Encantáronnos tódolos contos que escolleron, e moito máis nos gustou pasar un tempo acompañados dos maiores compartindo unha actividade tan bonita coma esta! Día do Libro 2018! Ademais, Cleo aproveitou para agasallar aos gañadores do "Concurso de Civilizacións" proposto desde a Biblioteca para o alumnado de Educación Primaria. As tres aulas de Educación Infantil recibimos un agasallo grupal por ter realizado un proxecto sobre o Antigo Exipto e responder correctamente a tódalas preguntas dun trivial que Cleo nos mandou semanas atrás. Aquí temos á nosa encargada No...

CONCERTO DIDÁCTICO: "O CIRCO AMBULANTE"

Imaxe
O de hoxe foi un día diferente... Unha vez máis montamos no autobús para visitar a cidade da Coruña, nesta ocasión para asistir a un concerto didáctico moi circense! Aquí nos tedes aos Pondaliñ@s de 3, 4 e 5 anos no Pazo da Ópera! Despois de subir un montón de escaleiras, cada Pondaliñ@ situouse nunha das butacas esperando a que comezase o gran espectáculo! E cando se apagaron as luces... comezou o espectáculo! Aquí vos deixamos un pequeno resumo do que vimos sobre o escenario! Cantamos, bailamos, coñecemos diferentes artistas de circo... E o máis importante, pasámolo estupendamente ben! E para rematar a xornada, incluso sacamos unha fotografía cos protagonistas desta actuación! FOI UN GRAN DÍA E PASÁMOLO XENIAL! Ademais, aproveitamos para comentarvos que xa escollemos temática para o proxecto deste trimestre... Fai uns días que o Señor do Tempo nos deixou a súa derradeira carta, onde nos anunciaba que no próximo mes de maio visitaremos o Aquarium...