Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Taller de ciencias

CLUB DE CIENCIA: MAIO!

Imaxe
Esta tarde os nenos e nenas de 5 anos, xunto ás nosas compañeiras e compañeiros maiores, regresamos á aula de ciencia para realizar o quinto e último experimento do club neste curso. Nesta ocasión, a nosa misión consistía en crear pompas de xabón resistentes. Queredes saber como as fixemos? Estade ben atentos e atentas ao seguinte vídeo: Así mesmo, recordámosvos que o Club de Ciencia conta cun blog no que ademais de compartir convosco os diferentes experimentos realizados, tamén colgamos outras novas científicas de gran interese. Animádevos a visitarnos en  https://clubdecienciaseduardopondal.blogspot.com/ Agardamos que os Pondaliñ@s aprendesen e se divertisen moito coas diferentes experiencias que fomos realizando ao longo destas semanas. Para o vindeiro curso máis e mellor!

CLUB DE CIENCIA: ABRIL!

Imaxe
Esta tarde os nenos e nenas de 5 anos, xunto ás nosas compañeiras e compañeiros maiores, regresamos á aula de ciencia para realizar o cuarto experimento do club. Este deberíamolo ter feito no mes de abril, mais por diversos imprevistos tivemos que pospoñer a sesión ata hoxe. Nesta ocasión, a nosa misión consistía en crear uns robots pintóns. Queredes saber como os fixemos? Estade ben atentos e atentas ao seguinte vídeo: Así mesmo, recordámosvos que o Club de Ciencias conta cun blog no que ademais de compartir convosco os diferentes experimentos realizados, tamén colgamos outras novas científicas de gran interese. Animádevos a visitarnos en  https://clubdecienciaseduardopondal.blogspot.com/ Agardamos que os Pondaliñ@s se divertisen moito realizando este experimento, pois volveremos a vindeira semana cunha nova experiencia científica. Seguiremos informando!

CLUB DE CIENCIA: MARZO!

Imaxe
Esta tarde os nenos e nenas de 5 anos, xunto ás nosas compañeiras e compañeiros maiores, regresamos á aula de ciencia para realizar o terceiro experimento do club. Este deberíamolo ter feito no mes de marzo, mais por diversos imprevistos, tivemos que pospoñer a sesión ata o día de hoxe. Nesta ocasión, a nosa misión consistía en crear unha lámpara de lava empregando auga, aceite, colorante e pastillas efervescentes.  Queredes saber como o fixemos? Familias, estade ben atentas ao seguinte vídeo: Asi mesmo, recordámosvos que o Club de Ciencias conta cun blog no que ademais de compartir convosco os diferentes experimentos realizados, tamén colgamos outras novas científicas de gran interese. Animádevos a visitarnos en  https://clubdecienciaseduardopondal.blogspot.com/ Agardamos que os Pondaliñ@s se divertisen moito realizando este experimento, pois volveremos nas próximas semanas con novas experiencias científicas. Seguiremos informando!

CLUB DE CIENCIA: FEBREIRO

Imaxe
Esta tarde os nenos e nenas de 5 anos, xunto aos nosos compañeiros e compañeiras máis maiores, regresamos á aula de ciencias para realizar o segundo experimento do club. Nesta ocasión, a nosa misión consistía en crear un arco da vella de densidades xogando con diferentes líquidos e obxectos. Queredes saber como o fixemos? Familias, estade ben atentas ao seguinte vídeo: Ademais, recordámosvos que o Club de Ciencias conta cun blog no que ademais de compartir convosco os diferentes experimentos realizados, tamén colgamos outras novas científicas de gran interese.  Animádevos a visitarnos en  https://clubdecienciaseduardopondal.blogspot.com/ Agardamos que os Pondaliñ@s se divertisen moito realizando este experimento, pois volveremos no mes de marzo cunha nova experiencia científica! Seguiremos informando!

PARES E IMPARES, BALEAS E UN PHOTOCALL CIENTÍFICO!

Imaxe
Despois dunha semaniña de ausencia no blog, os Pondaliñ@s queremos facervos un pequeno resumo do que ocorreu durante estes días na nosa aula... Comezamos por esta mañá, pois seguimos avanzando nos nosos coñecementos matemáticos e estamos aprendendo máis sobre os números pares e impares! O primeiro que tiñamos que averiguar era cantas cousiñas quería a profe cando nos pediu "un par de obxectos". Lanzamos números ao azar e quen acertou foi un compañeiro que dixo... 2! Coñecendo isto, era moito máis fácil entender á mestra cando nos pedía un par de pezas, dous pares de botóns ou tres pares de alimentos! E este xogo fixo que entendésemos isto dos números pares e impares á primeira! Claro, se as pezas se agrupaban de par en par (de dúas en dúas) e non sobraba ningunha o número era par! Pola contra, se unha peza quedaba desparellada o número era impar!  E para comprender isto tiñamos que xogar e manipular materiais! Así que apagamos luces, pechamos cortinas e encendemos a mes...

RECIBIMOS A VISITA DUN RESCATISTA DE BALEAS!

Imaxe
Esta mañá recibimos a visita de alguén moi especial na nosa aula... Recordades que a nosa compañeira Aroa Penedo nos contara que o seu papá foi un dos encargados de rescatar á balea varada de Valarés? Pois hoxe Luis estivo con nós para explicarnos tódolos detalles desta fazaña e responder tódalas preguntas que tiñamos preparadas, así como algunha outra que xurdiu ao longo desta asemblea tan diferente! Estas son algunhas das cousiñas que aprendemos... Vós coñecíades estes datos? A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA)  tomou mostras para descubrir por que morreu a balea, xa que aínda non se coñece a causa do seu falecemento. A balea levaba 4 ou 5 días morta no mar, e foron as mareas vivas destes días as que a trouxeron ata a area de Valarés. A balea era un macho duns 8 anos e non ten nada que ver co ballenato que atoparon en Muxía días atrás. Custoulle moitísimo tempo rescatala, estiveron traballando dende as 9 da mañá ata as 5 da madrugada. Pesaba moit...

NOVA VISITA DE VALENTINA TERESHKOVA!

Imaxe
Esta mañá, nada máis chegar á aula, decatámonos de que alguén estivera fedellando na nosa clase... Os nosos libros do Universo fóra da biblioteca e abertos en páxinas onde se vía a Lúa, paquetes de pasta de modelar fóra do seu moble, unha pegada un tanto estraña que non sabíamos quen a deixara alí e un novo vídeo de Valentina Tereshkova! Despois de prepararnos, decidimos escoitar á nosa astronauta favorita... Seguro que a súa mensaxe nos explicaba un pouquiño máis o que estaba a pasar. Aquí vola deixamos! Pois xa vedes, a nosa nova misión é saber máis sobre a Lúa! Así que nos puxemos mans á obra e lemos e observamos tódalas páxinas relacionadas co noso satélite que se atopaban naqueles libros que o Señor do Tempo preparou para nós! Ademais, coñecemos a Neil Armstrong e vimos o primeiro alunizaxe da historia! E nós sós decatámonos de que aquela pegada era unha simulación das que este astronauta deixou na Lúa fai 50 anos! E descubrimos que esas pegadas sempre van estar aí porqu...

FESTICIENCIA 2018!

Imaxe
Esta mañá, os nenos e nenas do CEIP Eduardo Pondal visitamos a Aldea do Couto para participar en Festiciencia, a primeira Feira Científica da Costa da Morte, organizada pola Fundación Eduardo Pondal. Tan pronto como baixamos dos nosos autobuses, visitamos os diferentes postos científicos situados nas carpas instaladas para a ocasión, onde tamén puidemos volver a ver a antigos alumnos e alumnas da nosa escola. Seguidamente, as nenas e nenos de Educación Infantil baixamos á Casa dos Veciños, onde nos esperaban tres obradoiros diferentes. Xunto ás compañeiras e compañeiros do CEIP de Corme e do CRA de Ponteceso, coñecemos a José María Mosqueira Manso e a Isabel Zendal, e o que estes persoeiros supuxeron para a ciencia a nivel mundial. Despois dunha saborosa merendola, rematamos a xornada con Ricardo Pérez y Verdes e moitos dos xogos do MELGA que con nós quixo compartir. Todos eles con moita ciencia! Aquí vos deixamos un pequeno resumo do que foi o día de hoxe. Pasámolo xenial! ...

FEIRA CIENTÍFICA!

Imaxe
A mañá de hoxe foi moi diferente no CEIP Eduardo Pondal! O noso colexio acolleu unha feira científica na que todo o alumnado se acercou a esta disciplina a través da participación en diferentes obradoiros: fabricación de xabón; creación de esferificacións e xelatina; experimentación con xeo seco e pegadas dactilares; descubrimento das plantas-pedra e traballo con cactus; manipulación de vermes de terra e mar; e observación a través de microscopio. Esta actividade foi posible grazas ao convenio de colaboración entre a Fundación Eduardo Pondal e a Universidade de A Coruña, impulsada pola Unidade de Divulgación Científica e Cultural da UDC e levada a cabo por varios alumnos e alumnas da Facultade de Ciencias. Con esta visita preténdese comezar a desenvolver nas nenas e nos nenos o interese pola ciencia, sabendo ademais que se algún ou algunha se inclina cara esta disciplina, as "Aulas Científico-Tecnolóxicas Isidro Parga Pondal" da Aldea do Couto están esperando por nós! ...