Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2018

DÍA DA PAZ: "MOLA CANTIDADE"!

Imaxe
O 30 de xaneiro conmemórase o Día da Paz, e ademais do "Mar de Paz" que nos recibe no hall do noso colexio, hoxe cantamos xunto aos demais compañeiros e compañeiras a canción que levamos un tempo ensaiando coa mestra Luisa titulada "Mola cantidade!" (Mamá Cabra e Carmen Gil)! Aquí podedes ver a nosa actuación: Ademais, esta tarde coñecemos como ía ser a túnica do noso disfrace de faraóns e raíñas, e transformámonos en artesanas e artesáns exipcios para crear as nosas xoias. Aquí nos podedes ver decorando os nosos colares e os nosos brazaletes, para os que reciclamos pratos de cartón e rolos de papel hixiénico.

CONTOS POR BICOS: VISÍTANOS A MAMÁ DE ZAIRA!

Imaxe
No día de hoxe continuamos cos "Contos por bicos" e na nosa biblioteca recibimos unha visita moi especial. Esta tarde estivo con nós María José, a mamá da nosa compañeira Zaira! Contounos unha historia titulada " Agustina, la payasa ", protagonizada por Agustina, a muller do pallaso Agustín. Mentres el actúa, Agustina dedícase a realizar as tarefas do fogar e a coidar dos seus tres fillos. Pero ela, ao que de verdade aspira é a ser unha gran pallasa, aínda que o seu marido llo prohíbe. Grazas a unha dor de moas de Agustín, a nosa protagonista salta a pista do circo para demostrarlle a todo o mundo que pode ser unha gran pallasa. E por suposto que o consegue! Todas e todos podemos dedicarnos ao que máis nos guste, así que como ten que ser, Agustín e Agustina terminaron traballando os dous de pallasos no circo e compartindo as tarefas do fogar e o coidado dos fillos! Bravo por eles! Ao rematar, como non podía ser doutra maneira, botamos un montón de foguetes

O SEÑOR DO TEMPO VISITA O CORREDOR DE INFANTIL...

Imaxe
Despois duns días cortando e pegando, por fin rematamos o primeiro dos mandados do Señor do Tempo: os Pondaliñ@s de catro anos transformámonos en raíñas e faraóns exipcios e viaxamos ao deserto do Sáhara e ao río Nilo! Aquí tedes as nosas creacións: Para a semana aprenderemos máis sobre os animais e os medios de transporte do Antigo Exipto, pero polo momento aquí vos deixamos a creación de Lucía, a nosa encargada de hoxe, para que poidades ver máis de preto todo o traballiño que desempeñamos esta semana: Ademais, o Señor do Tempo volveu a visitarnos... Desta vez a tódolos nenos e nenas de Educación Infantil, pois no noso corredor apareceron unhas letras que dicían "Benvidos a Exipto", unhas bandeiras e uns carteis pegados nas paredes aos que lles faltaban algunhas palabras, aínda que moi pronto as puidemos adiviñar xa que nos estamos transformando nunhas exiptólogas e nuns exiptólogos moi competentes. Mirádenos así de abraiados ao volver do recreo da tarde!

O SÁHARA E O NILO NA AULA DE 4 ANOS!

Imaxe
Esta tarde, na aula de 4 anos, levamos a cabo o primeiro dos mandados do Señor do Tempo. Esta semana toca aprender sobre o deserto do Sáhara e o río Nilo, así que, como non podía ser doutra maneira, fixemos a nosa particular versión destes paraísos naturais. En primeiro lugar, entre todos, construímos as palabras "SÁHARA" e "NILO" e trasladámolas ao papel. De seguido, c oa profe Rocío enchemos o folio cun pegamento especial que nos axudou a pegar a area do deserto, mentres que co profe Xalo pintamos a auga do río. Unha vez rematado, deixamos o Sáhara e o Nilo a secar porque este non é o final e mañá temos que continuar coa nosa creación...  Aquí tedes a Aroa, a encargada de hoxe, explicando o proceso: Ademais, esta mañá estivemos contando os días que faltan para o Entroido, e xa son moi poucos! A profe propúxonos ser raíñas e faraóns exipcios e a nós encantounos a idea, e tamén estamos seguros de que lle encantará ao Señor do Tempo! Faremos túnicas, cinturóns,

CONTOS POR BICOS: VISÍTANOS A IRMÁ DE ALONSO!

Imaxe
No día de hoxe continuamos cos "Contos por bicos" e na nosa biblioteca recibimos unha visita moi especial... Esta mañá estivo con nós Sabela, a irmá maior do noso compañeiro Alonso! Contounos unha historia titulada " Na busca dun fogar ", protagonizada por uns irmáns perdidos que buscan un novo lar. Atoparano? Claro que si, e ademais farano sempre xuntos! Despois de cruzar mares, montañas, desertos e labirintos, e tamén enfrontarse a algunha que outra besta, este grupo de hámsters consigue atopar ese fogar que tanto ansiaban. Cal será? Nós xa o sabemos... Ao rematar, como non podía ser doutra maneira, botamos un montón de foguetes para celebrar o moito que nos gustou este conto. Por suposto, como agradecemento á irmá de Alonso, enchémola de bicos e achuchóns! Ela, a cambio, agasallounos cuns preciosos marcapáxinas creados por ela mesma. Volve cando queiras Sabela, estás máis que invitada! Ademais, aproveitamos para contarvos que hoxe recibimos unha nova

SUPERAREMOS A PRIMEIRA PROBA DO SEÑOR DO TEMPO?

Imaxe
A principios desta semana o Señor do Tempo deixounos un novo reto a superar se queremos conseguir o primeiro selo e así, pouco a pouco, desfacer o feitizo que botou sobre a nosa escola. Como ben sabedes, a nosa misión era descubrir onde se atopa Exipto. Así que como non podía ser doutra maneira, durante estes últimos días manipulamos globos terráqueos, bólas do mundo, mapas... Ademais, vimos varios vídeos e comezamos a analizar os diferentes libros de información que temos na aula para facernos expertos no tema. Xa completamos os datos que nos pediu o noso novo amigo, e hoxe decoramos a bandeira deste país. Aquí nos tedes en pleno proceso: E aquí tedes a bandeira exipcia que decorou a nosa encargada de hoxe, Martina: Esta tarde, na nosa alfombra, deixamos unha caixa preparada con todo o que fixemos durante esta semana para saber máis sobre a localización do Antigo Exipto, esperemos que ao Señor do Tempo lle guste e nos deixe o primeiro selo e unha nova misión! Iso si

ANIVERSARIOS DE DECEMBRO E XANEIRO!

Imaxe
No día de hoxe estivemos de celebración! Os nosos compañeiros Lucas e Nizar fixéronse maiores durante as vacacións de Nadal, un en decembro e o outro en xaneiro, e xa teñen 4 e 5 anos, respectivamente! Aquí os tedes coas súas coroas e as súas chapas conmemorativas no noso marco dos aniversarios! Por suposto, tódolos Pondaliñ@s os felicitamos, e aquí estamos con Teo, que tamén se quixo unir á nosa celebración! Xa nos nosos lugares, cantámoslle o "Cumpleaños feliz" mentres Lucas e Nizar sopraban as súas velas de aniversario! Despois disto, o que tocaba era encher as nosas barrigolas cunha saborosa tarta de galleta e chocolate! Iso si, os Pondaliñ@s non fomos os únicos invitados a esta celebración. A mamá de Lucas e a mamá e a irmá de Nizar tamén quixeron compartir este momento con eles! Moitos parabéns e a cumprir moito máis! Agardamos que vos gustasen os nosos agasallos!

O SEÑOR DO TEMPO: ONDE ESTÁ EXIPTO?

Imaxe
Esta mañá, a nosa alfombra apareceu desta guisa... O Señor do Tempo tiña un novo encargo para nós! Utilizou a caixa que trouxo o noso compañeiro Roi para gardar moitas cousas no seu interior: un globo terráqueo, un mapa, unha bandeira e... os nosos pasaportes! Ademais, viña acompañado dunha nota que dicía así: "Os vosos pasaportes en regra están, mais se o primeiro selo queredes lograr, onde se atopa Exipto me tedes que contar". Así pois, a nosa nova misión é descubrir a localización desta gran civilización. Familias, se nos queredes botar unha man, xa sabedes que estamos máis que encantados de recibir calquera tipo de información na nosa aula! Noa, a nosa encargada de hoxe, contounos que cos seus papás estivera buscando Exipto e Ponteceso nun globo terráqueo que ten na súa casa, e rapidamente identificou ambos lugares no noso. Así pois, decidimos poñer unha pequena estrela sobre Ponteceso e outra sobre Exipto para así contribuír na nova misión que nos puxo o Señor do Te

O NOSO RECUNCHO DO ANTIGO EXIPTO!

Imaxe
O pasado venres o Señor do Tempo propúxonos un novo encargo: crear o noso recanto do Antigo Exipto! Para identificalo, deixounos unhas letras que tivemos que decorar, ordenar e colocar no noso espello. Aquí nos tedes en pleno proceso: E este é o resultado final. O noso recanto xa está esperando por tódalas aportacións que fagan as familias dos Pondaliñ@s durante o desenvolvemento do noso proxecto: E falando de aportacións... Mirade canto indagamos e construímos coas nosas familias durante esta fin de semana. Impresionante! Noa tróuxonos un pendrive con pequenas curtametraxes relacionadas co Antigo Exipto que aproveitaremos nas diferentes misións que nos vaia enviando o Señor do Tempo, e tamén unha película que comezaremos a ver este venres na nosa habitual sesión de cine! Moitas grazas compañeira! Con Alejandro volvemos a ler a historia de "Simón en Egipto". Gústanos moitísimo! Grazas compañeiro! Andrea chegou co libro de "Exipto misterioso", o