Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Día do Amor e da Amizade

DÍA DO AMOR E DA AMIZADE!

Imaxe
No día de hoxe, 14 de febreiro, celébrase o 'Día do Amor e da amizade', e os Pondaliñ@s de 5 anos comezamos a xornada escoitando un fermoso conto que leva por título "Unha manchea de bicos". Nel cóntase a historia de Kati, unha nena que ten unha caixa cheíña de bicos e sempre os utiliza cos seus amigos, porque un bico senta ben en calquera momento: cando estamos tristes, cando estamos anoxados e tamén cando estamos moi contentos! Iso si, Kati tamén recibe moitos biquiños cando o precisa, porque unha manchea de bicos é o mellor para sentirse feliz! Contóunolo a profe Bea e así espontaneamente xurdiu facer unha cadea de bicos, que foron dun lado ao outro da clase, e que incluso chegou ata a mestra Rocío! Pero iso xa o veredes máis adiante... E aínda que o amor está presente na nosa aula tódolos días, hoxe quixémolo celebrar de maneira especial... Dar bicos é unha gran maneira de regalar amor a todos os que queremos, así que por que non crear a nosa caixiña de...

AGASALLOS DO DÍA DO AMOR!

Imaxe
Hoxe é o Día do Amor e da Amizade, e por suposto no noso cole non dubidamos en celebralo! Nada máis chegar comprobamos que Teo estaba de cor rosa, moi moi amoroso, e uns aos outros nos saudamos con bicos e abrazos! Igualmente, descubrimos  que os nosos corazóns da amizade xa estaban expostos no corredor. Ademais, hoxe levamos para as nosas casas as mandalas do amor que preparamos estes últimos días, e Teo tamén nos agasallou cunhas piruletas moi amorosas! FELIZ DÍA A TOD@S!

O QUE MÁIS ME GUSTA DE TI!

Imaxe
Como ben sabedes, mañá celebraremos o Día do Amor e da Amizade e, entre outras, durante os últimos días realizamos unha actividade titulada "O que máis me gusta de ti". O pasado xoves, reunidos en asemblea, explicámoslle á profe en que consistía iso do amor e da amizade, e incidimos na importancia de tratarnos ben entre nós. Despois de escoitarnos os uns aos outros, a mestra tamén nos propuxo comentar que era o que máis nos gustaba dos nosos compañeiros e compañeiras. Como non sabiamos moi ben que dicir, comezou ela contando que era o que máis lle gustaba de cada Pondaliñ@. Despois dos seus exemplos todo resultou máis sinxelo, e un montón de palabras bonitas saíron das nosas bocas. Como vos contamos fai uns días, emparellámonos en función da cor do noso corazón. Tendo claro quen era a nosa parella, tocaba debuxala o máis detalladamente posible, e destacar o que máis nos gustaba dela. Esta mañá por fin puidemos rematar tódolos corazóns, e esta tarde a profe xa os colocou...

MANDALAS DO AMOR!

Imaxe
Como ben sabemos, o próximo martes celebraremos o día do amor e da amizade, e xa estamos realizando algunhas actividades. Hoxe coñecemos o que é unha mandala, e decoramos unha moi especial... A mandala do amor de Teo! Moi pronto descubriredes como nos quedaron, polo momento só diremos que o rosa foi a cor máis utilizada!

BIQUIÑOS DE ESQUIMÓ!

Imaxe
O próximo martes, 14 de febreiro, os nenos e nenas de Educación Infantil, xunto aos nosos compañeiros e compañeiras de 1º e 2º de Educación Primaria, celebraremos o Día do Amor e da Amizade. Será que veremos ao noso Teo amoroso máis rosa que nunca? Quen sabe... No día de hoxe, a profe mostrounos as metades duns corazóns de cores que nós escollemos libremente. Cando tódolos Pondaliñ@s tivemos as mans ocupadas, era o momento de buscar ao compañeiro ou compañeira que tiña a outra metade do noso corazón. Non vos diremos nada máis, só que a actividade que faremos con eles se titula "O que máis me gusta de ti", e que as parellas que de aí xurdiron aproveitaron para darse un amoroso biquiño de esquimó. Por certo, este biquiño ten algo que ver con ese libro xigante que estamos a construír... Aquí vos deixamos tódalas imaxes!