Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Manualidades

COÑECEMOS AOS NOSOS NOVOS COMPAÑEIR@S!

Imaxe
Esta mañá recibimos unha visita moi especial... Nuns meses seremos Pondaliñ@s de 1º de Primaria, polo que ao facernos maiores cambiaremos de aula, de profe e tamén contaremos con novos amig@s na nosa clase!  Por este motivo, hoxe coñecemos a Mateo e Daniela, que se incorporarán á nosa aula o vindeiro curso! Moitos de nós xa os coñecíamos das actividades extraescolares e fíxonos moitísima ilusión a súa visita! Como somos tantos, ao principio resultaralles complicado acordarse de tódolos nomes, así que quixemos facerllo un pouquiño máis fácil... E para iso creamos un libro-xogo para cada un! Aquí temos á nosa compañeira Leila decorando as portadas, e as mans en forma de corazón son de Hugo! Nas seguintes páxinas colocamos unha das fotografías grupais que sacamos na última saída á Coruña, e tamén as fotos individuais da nosa graduación xunto ao noso nome, que cada Pondaliñ@ tivo que escribir e decorar! E en que consistía o xogo? Pois tanto Mateo como Daniela tiñan que descubr...

RETO IV: COMO SE CHAMAN OS SUPERHEROES E AS SUPERHEROÍNAS?

Imaxe
Esta mañá, xusto ao volver do recreo, atopamos unha nova mensaxe do Señor do Tempo... Como podedes ler, ao Señor do Tempo encantáronlle os nosos brazaletes de superheroínas e superheroes, polo que a nosa terceira misión estaba máis que superada e xa podíamos abrir a porta número tres! Así o fixo Lucas, o noso encargado de hoxe: Mais superado un reto, sabemos perfectamente que unha nova misión está esperando por nós... Nesta nova carta o Señor do Tempo pediunos que recordásemos todos os superheroes e superheroínas que xa coñecemos e, sobre todo, que busquemos información para descubrir aqueles outros que aínda son descoñecidos para nós... Por suposto, puxémonos mans á obra! Comezamos cunha chuvia de ideas para descubrir a quen coñecíamos, e para facelo un chisquiño máis divertido xogamos á "Pataca Quente"! Rapidamente, cada Pondaliñ@ tiña que dicir en alto o nome dalgunha superheroína ou dalgún superheroe que coñecese, pasándolle a pataca ao compañeiro ou compañeir...

CADROS A MEDIO ACABAR...

Imaxe
No día de onte na nosa aula fixemos unha pequena tarefa sobre Joan Miró, mais como nos sobrou moita pintura, que por suposto non podíamos tirar, improvisamos unha nova actividade no patio da nosa escola! Para aproveitar o soliño destes días, escollemos á nosa parella e baixamos ao patio cartolinas, pinceis e a pintura sobrante, e só tiñamos unha misión: rematar a pintura creando obras de arte inspiradas en Joan Miró... Aquí nos tedes en pleno proceso: Unha vez rematada a pintura os cadros estaban listos! Así, como quedasen, o importante nesta actividade era non desperdiciar nadiña... Así pois, todo o que baixamos volvémolo subir e deixamos as nosas obras de arte a secar. Esta mañá os cadros estaban listos, polo que xa lle podíamos dar título para logo expoñelos no noso corredor. Agardamos que vos gusten! Nizar e Brais M.: "A bolboreta, o paxaro e o can" Daniella e Zaira: "Viva a vida de bolboreta" Lucas e Alejandro V.: "A c...

RETO III: COMO SON OS LOGOS QUE REPRESENTAN ÁS SUPERHEROÍNAS E AOS SUPERHEROES?

Imaxe
O pasado venres o Señor do Tempo deixou na nosa aula unha nota na que nos pedía que trouxésemos á escola un par de rolos de papel hixiénico. Por suposto, seguimos as súas instrucións e onte chegamos cargadiños con eles! A profe Rocío contounos que o noso gran amigo tamén falara con ela, e a nosa nova misión era pintar eses rolos da nosa cor preferida... Fixemos as primeiras hipóteses para coñecer en que se transformarían eses rolos, e moitos Pondaliñ@s chegamos á mesma conclusión: uns brazaletes de superheroes e superheroínas! Estaríamos no certo? Quen sabe... Esta mañá confirmóunolo o Señor do Tempo a través dunha nova carta que deixou na nosa alfombra... Antes de nada, anunciounos que o anterior reto estaba máis que superado e que tiñamos o seu permiso para abrir a porta número dous... Así o fixo Claudia, a nosa encargada de hoxe! Así mesmo, confirmou que estábamos no certo ao pensar que os rolos de papel hixiénico se transformarían nuns superbrazaletes! Mai...

FELIZ DÍA DA NAI!

Imaxe
Hoxe, primeiro domingo de maio, celébrase o Día da Nai! Por suposto, non podíamos deixar pasar esta data tan especial, así que o venres algo levamos para as nosas casas. Serían os Pondaliñ@s capaces de gardar o segredo? Quen sabe... Contámosvos! Fai uns días que baixamos a un dos xardíns da nosa escola para sacar unhas fermosas fotos coas letras que forman a palabra "MAMÁ". Aquí volas deixamos, mirade que bonitas quedaron: Ademais, durante esta semana tamén quixemos deixar as nosas pegadas con forma de corazón nun lenzo en branco que completamos cun gran "QUÉROTE MAMÁ", porque os Pondaliñ@s querémolas moitísimo a todas e cada unha delas! Logo, a profe encargouse de imprimir as imaxes e tamén nos botou unha man con iso pegarlle ao lenzo unha corda onde as puidésemos colgar todas. Así pois, o noso agasallo estaba listo para que as nosas mamás o colocasen nun recuncho especial nas nosas casas. Aquí vos deixamos o que realizou Zaira, a encargada deste ven...

CONCURSO DE SUPERHEROÍNAS: PARABÉNS ROI!

Imaxe
Recordades que os Pondaliñ@s participáramos nun concurso de superheroínas? Pois esta semana o Equipo de Convivencia do centro escolleu os debuxos gañadores, e na aula de 5 anos estamos de noraboa! O noso compañeiro Roi foi un dos gañadores, grazas ao seu retrato de "Súperabrazos", unha superheroína que abraza aos nenos e nenas que se pelexan. Ademais dun gran aplauso de tódolos Pondaliñ@s de 5 anos, o noso compañeiro tamén gañou unha bolsiña de caramelos e un bolígrafo de canciños. Encantoulle! Moitos parabéns Roi! Ademais, aproveitamos o final de trimestre para mostrarvos todo o que estivemos facendo estes últimos días. Xunto aos coelliños de Pascua que xa vos ensinamos, tamén decoramos a superportada da carpeta que contén tódolos traballiños do trimestre e a bolsa primaveral na que os levamos. Aquí vos deixamos a imaxe do que hoxe levou a nosa encargada! Agardamos que vos guste!

COELLIÑOS DE PASCUA!

Imaxe
Como ben prometemos no día de onte, esta mañá rematamos de xuntar tódalas pezas que picamos para transformar un simple vaso nun coelliño de Pascua! Aquí nos tedes aos Pondaliñ@s que faltábamos! Pero isto non era todo... Non botades en falta algo moi característico dos coellos? Claro, faltaban os bigotes! Así que alí llos debuxamos! E cando estaba todo listo... Unha asiña para agarrar, un pouquiño de espuma e o máis importante, os ovos de Pascua! Que vos parece? Agaradamos que vos gusten! E sabedes o mellor de todo? Mañá xa estarán nas nosas casas, pois xa temos todo máis que listo para despedir ao 2º trimestre deste curso!

QUE SERÁ, QUE SERÁ?

Imaxe
Esta mañá iniciamos unha nova manualidade desas que tanto nos gustan, e ata podemos dicir que esta foi unha das nosas favoritas. Pronto saberedes por que... Ímosvos ir dando unhas pistas, a ver se sodes capaces de adiviñar que andamos a argallar! Comezaremos dicindo que o encargado de hoxe nos entregou a cada Pondaliñ@ un vaso de cor rosa cun ollos móbiles e un pompón branco no seu interior... Que será, que será? De seguido, nós empezamos a picar unhas orellas brancas, unhas orellas rosas e pegando unhas sobre as outras. Que será, que será? A continuación, picamos un pequeno nariz de cor negra... Que será, que será? Logo, uns mofletes blancos... Que será, que será? E xa para rematar, uns dentiños de tamaño considerable... Que será, que será? Despois de tantas pistas esperamos que xa saibades de que se trata... Pero se aínda non o descubríchedes, mirade o que pasa cando xuntamos tódalas pezas! Claro! Fixemos un coelliño de Pascua! E aí están as or...