Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Relaxación

RELAXÁMONOS!

Imaxe
Durante estas semanas, despois de volver do patio, aprendemos o importante que é volver á calma e relaxarnos antes de realizar calquera actividade na aula. Tras uns groliños de auga, é o momento de abrazar á lúa e repousar na nosa mesa, mentres de fondo soa algunha peza musical tranquila (cancións infantís, arrolos e cancións de berce, composicións tradicionais galegas, música clásica...). Nestes momentos, a mestra Rocío aproveita para darnos unha caricia cunha toalliña. Aquí vos deixamos algúns exemplos, por se as queredes escoitar nas vosas casas: E unha das nosas favoritas é "Ara e a súa arpa", de Olga Brañas, a canción número 5 do seu libro-disco titulado "Pitusa Semifusa". Non hai ningún vídeo en Internet, pero podémola escoitar en Spotify no seguinte link:  https://play.spotify.com/track/0A6ZgFpW3dAEBIO0bFEKv7?play=true&utm_source=open.spotify.com&utm_medium=open Na casa podemos usar esta aplicación gratuíta para at...