Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Matisse

MATISSE EN EXIPTO!

Imaxe
Estes últimos meses temos ao noso pintor favorito un pouquiño abandonado, pero é que tivemos tanto que facer neste segundo trimestre... Iso si, hoxe, cando ninguén o esperaba, Matisse apareceu de novo na nosa aula! Desta vez cun cadro concreto e pintado por el mesmo! Como non podía ser doutra maneira, esta obra de arte estaba moi relacionada co noso proxecto... Titúlase "Interior con cortina exipcia", e parece que o autor o pintou dentro dunha casa de Exipto. Nel podemos ver unha mesa con froita xunto a unha gran fiestra con vistas a unha palmeira do deserto do Sáhara semicuberta por unha cortina feita cunha preciosa tea exipcia. A nosa labor foi reproducir coa maior exactitude posible a obra de Henri Matisse, para así seguir favorecendo a nosa percepción visual e, sobre todo, a nosa capacidade de atención, mentres seguimos aprendendo máis e máis do Antigo Exipto e coñecemos máis obras do pintor francés. Aquí tedes o resultado final: CORTINA CON I...

SOMOS PEQUENOS MATISSE!

Imaxe
Esta mañá por fin rematamos o noso "Libro de Matisse" inspirado no conto " As tesoiras de Matisse ". Como non podía ser doutra maneira, transformámonos en pequenos pintores creando estas fantásticas obras de arte con diferentes papeis de cores e formas moi distintas. E estes foron os nosos resultados: Xabi : "Nave espacial con alieníxenas" Claudia : "Peppa Pig" Leila : "Barco pirata no mar" Naia : "Parque" Aroa V. : "Ferramentas de Matisse" Hugo : "Caracol nunha xesta" Lucía : "Adornos de Papá Noel" Mariña : "Flores no xardín" Andrea : "Dragón na montaña" Izan : "Serpes na selva" Alejandro : "Robot na selva" Zaira : "Río con follas" Noa : "Cama nunha casa" Lucas : "Roupa tirada" Roi : "Máquina de ratos" Brais P. : "Roupa caendo ao mar" Marta : "Árbor...

CONTOS POR BICOS: VISÍTANOS A MAMÁ DE LUCÍA!

Imaxe
No día de hoxe continuamos cos "Contos por bicos" e na nosa biblioteca recibimos unha visita moi especial... Esta tarde estivo con nós María, a mamá da nosa compañeira Lucía! Contounos unha historia moi fermosa titulada " De que cor é un bico? ", protagonizada por MiniMoni, unha nena á que lle encanta pintar pero que nunca coloreou un bico. De que cor sería? Pensou e pensou, ata que a súa mamá a encheu de bicos e lle demostrou que estes poden ser de tódalas cores! Ao rematar, cada un dos Pondaliñ@s comentou de que cor era o seu bico favorito, e así, se os xuntamos todos, teríamos bicos de tódalas cores! Como non podía ser doutra maneira, botamos un montón de foguetes para celebrar o moito que nos gustou este conto. Por suposto, como agradecemento á mamá de Lucía, enchémola duns bicos e achuchóns moi coloridos. Nós tampouco nos fomos coas mans baleiras, xa que María e Lucía nos agasallaron cuns bicos de goma-eva que elas mesmas crearon, ademais dun pequen...

CONTOS POR BICOS: VISÍTANOS A MAMÁ DE MARIO!

Imaxe
No día de hoxe recibimos unha visita moi especial... Esta tarde seguimos cos "Contos por bicos" na nosa biblioteca, e sabedes quen estivo con nós? Ana, a mamá do noso compañeiro Mario! Contounos dous contos: " A que sabe a lúa? " e " Veo, veo... ¿A quién ves? ". E os dous nos encantaron! Ao remate de cada un botamos un montón de foguetes, e o noso compañeiro contounos que tiña unha sorpresa para nós... Mario agasallounos cuns marcapáxinas creados por el mesmo con forma de lúa! Encantáronnos! Moitas grazas amigo! Por suposto, nos regalámoslle un montón de bicos tanto a Mario como á súa mamá! E aquí nos tedes con eles e co seu fantástico marcapáxinas! Volve cando queiras Ana, estás máis que invitada! Ademais, aproveitamos para comentarvos todo o que fixemos no día de hoxe... Recordades os cadros que decoramos o xoves pasado usando cadolos como pinceis e inspirándonos na estación do ano na que nos atopamos? Pois esta mañá, despois das rut...

PINTAMOS CON CADOLOS!

Imaxe
Hoxe comezamos a mañá coa profe Silvia, traballando o soplo con pompeiros e velas no patio. Para poder atendernos mellor, sempre dividimos a clase en dous grupos para realizar os diferentes exercicios. Hoxe baixaron coa mestra o equipo azul e o equipo vermello, e a próxima semana farano o verde e o amarelo, aínda que todos xuntos fixemos a ximnasia da boca, xa que así empezamos a sesión de PELO tódolos xoves. Os que permaneceron coa profe Rocío na clase pintaron e picaron a castaña que xa colocamos nos nosos portacastañas. Cando os outros compañeiros volveron, foron estes os que a decoraron. Mentres, os membros do equipo verde e do equipo amarelo visitaron o recanto dos números e o das letras. E sabedes que? Cada día somos máis autónomos e organizámonos mellor neles e a mestra está súper contenta coa nosa evolución! Mariña e Lucía decidiron xogar ao memory, e Andrea e Alejandro ao dominó. Por outra banda, o equipo amarelo decidiu axenciarse dalgunhas pizarras e escribir o nome de tód...

CREAMOS A NOSA PROPIA FIRMA E COÑECEMOS A UNS ESTRAÑOS CARACOIS!

Imaxe
No día de hoxe coñecemos a firma do noso artista favorito: a sinatura de Henri Matisse! Aproveitando un debuxo que o noso compañeiro Alonso lle regalou á profe, pensamos en diferentes maneiras de decorar o noso nome e así crear a nosa propia rúbrica para plasmar en futuras obras artísticas que realicemos na aula. Demos renda solta á nosa creatividade e á nosa imaxinación e estes foron os resultados finais. Recoñecédelas todas? CREAMOS AS NOSAS SINATURAS! Despois disto, visitamos a nosa alfombra para coñecer a Pipo e Pipa, os caracois que Lucía e Roi crearon coa axuda das súas mamás con tea, pinturas e pinceis, cabazas... Estes animais, xunto aos do noso compañeiro Alejandro, déronnos pé a falar de caracois moi diferentes aos que nós coñecemos. Os de Lucía e Roi recordábannos moito aos caracois xigantes africanos... Son enormes! A maqueta de Alejandro representaba, por unha banda, aos caracois terrestres cubanos de moitas cores, e pola outra, aos caraco...