Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2018

NOVIDADES ESPACIAIS!

Imaxe
Esta mañá recibimos unha nova visita de Valentina Tereshkova! Como Neptuno é o último planeta do Sistema Solar, pensabamos que a nosa astronauta favorita non tiña máis retos para nós, pero isto non era así... Esta semana espéranos o Sol e as constelacións, e para saber máis dos conxuntos de estrelas contaremos coa colaboración dunhas persoas moi especiais... Queredes saber todo o que nos contou? Pois aquí vos deixamos a súa mensaxe!  Hoxe xa nos puxemos mans á obra e estivemos enredando co Sol, iso si, estivemos aprendendo máis sobre a nosa estrela a media mañá, pois as primeiras horas dedicámolas a falar e a explicar tódalas novas espaciais que trouxemos os Pondaliñ@s. Algunhas noticias non as coñecía nin a profe! Comezou Martina falándonos da recente aterrizaxe dunha nave no seu planeta: en Marte! Por suposto, buscamos información sobre este feito e estivemos vendo as primeiras imaxes que tomou este artiluxio. Seguiremos atentamente o seu camiño, vai estar 2 anos no planeta

VALENTINA TERESHKOVA VISÍTANOS DE NOVO!

Imaxe
No día de hoxe a primeira muller astronauta volveu á nosa aula, e como non podía ser doutra maneira, Valentina Tereshkova deixounos unha nova misión: aprender máis sobre o último dos planetas do Sistema Solar. Claro, desta vez tocaba coñecer os segredos de Neptuno! Aquí vos deixamos o vídeo que nos enviou: Coma tódalas semanas, para seguir avanzando na nosa aventura espacial, a profe Bea preparounos uns divertidos xogos na clase de Psicomotricidade para coñecer un pouquiño máis de Urano e Neptuno. Mirade como nos divertimos e canto aprendemos:

#EQUALITER: CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO!

Imaxe
Aquí vos deixamos a iniciativa na que participamos xunto a outros moitos centros de toda Galicia. No CEIP Eduardo Pondal tamén rexeitamos a violencia!

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO!

Imaxe
Dende que iniciamos a nosa andaina nesta escola intentamos inculcar a idea de que a pesar das nosas diferenzas, todas e todos debemos ter os mesmos dereitos e tratarnos en igualdade de condicións. Fixémolo a través de diferentes iniciativas coma os contacontos e dramatizacións, a creación dun catálogo de xoguetes igualitario ou a introdución de mulleres como Valentina Tereshkova como guías e protagonistas dos nosos proxectos. P ero sobre todo, intentámolo facer cada día, resolvendo os múltiples conflitos que se xeneran en relación con isto, xa que é nesta idade cando se comezan a afianzar eses estereotipos sexistas que para nada axudan a lograr o mundo ao que un día aspirou a filósofa e activista Rosa Luxemburgo coa súa célebre cita: "Por un mundo onde sexamos socialmente iguais, humanamente diferentes e totalmente libres". As nenas e nenos son o noso futuro, e só a través da educación conxunta e colaborativa de familias, escolas e sociedade poderemos transformar este mun

NOVA VISITA DE VALENTINA TERESHKOVA!

Imaxe
Despois dunha semana desaparecida por algún lugar do Universo que descoñecemos, Valentina Tereshkova regresou á nosa aula cunha nova mensaxe... Tiña moitas cousas que contarnos, como que a tía Josefa respondera ao noso vídeo! Que emoción ler as súas palabras! Ademais, como non podía ser doutra maneira, deixounos unha nova peza do mapa que se rompeu en 15 anacos. Un mapa que, por certo, cada vez está máis cheo! E o que tamén nos deixou foi un novo reto para estes días: saber máis do planeta Urano. Aquí vos mostramos o vídeo que nos enviou: Fixémoslle caso á nosa astronauta favorita, e ademais de ver algún que outro vídeo explicativo, devoramos as páxinas de tódolos libros que falaban sobre Urano, e xa foi moito o que aprendemos!  O que tamén fixemos por primeira vez foi pintar con leite! E sabedes o que pintamos? Pois o planeta Urano que aparecía na ficha técnica que nos deixou Valentina! Pero iso xa o veredes a final de trimestre cando levemos o noso 'Libro do Universo&#

ESTREAMOS XILÓFONOS!

Imaxe
No día de onte os Pondaliñ@s de 5 anos visitamos, coma tódalas semanas, a aula de Música coa profe Sheila.  Comezamos a sesión recordando a casa dos sons onde o cadeliño Leo, neto de Laika, creaba as súas cancións. O que non sabíamos era que esa casa tiña varios pisos, polo que a mestra nos presentou a dúas veciñas: Mimí (Nota 'Mi') que vivía no 1º e Sole (Nota 'Sol') que vivía no 2º. Aquí as tedes! Como vedes, ademais de vivir en pisos diferenes, Mimí e Sole son de cores diferentes. Sabedes por que? Pois porque desta maneira podemos facelas soar nos xilófonos que a profe Sheila creou para nós. Un para cada Pondaliñ@, que sorte temos con esta mestra! Así pois, puxémonos mans á música e descubrimos que se coa baqueta facemos soar a lámina amarela escoitarase a Mimí, pero se a que tocamos é a lámina azul soará Sole. E encantounos a experiencia! Mirade canta concentración! Fixémolo tan ben que a profe Sheila ata nos dixo que calquera día podía

SUPERANIVERSARIOS DE NOVEMBRO!

Imaxe
No día de hoxe estivemos de celebración! Claudia e Mariña fixéronse maiores durante o mes de novembro e xa cumpriron 5 anos! Aquí as tedes no noso marco dos aniversarios! Sen dubidalo, enfundaron as súas capas de 'Supercumpleañeras nº5'! Por suposto, os demais Pondaliñ@s transformámonos en superinvitados e superinvitadas! Como non podía ser doutra maneira, felicitamos ás nosas compañeiras, e aquí estamos con Teo, que tamén se quixo unir á nosa celebración! Así mesmo, tamén lles fixemos uns bonitos agasallos. Uns grandes libros de debuxos para Claudia e Mariña! OS AGASALLOS DE CLAUDIA! OS AGASALLOS DE MARIÑA! Xa nos nosos lugares cantámoslle o "Cumpleaños feliz" mentres as nosas amigas sopraban a súa vela de aniversario! Despois disto o que tocaba era encher as nosas barrigolas cunha saborosa tarta de galleta e chocolate que estaba deliciosa! Non quedou nadiña... Iso si, os Pondaliñ@s non fomos os únicos invitados

INICIAMOS #EQUALITER!

Imaxe
O vindeiro 25 de novembro conmemórase o 'Día Internacional contra a Violencia de Xénero', e neste ano 2018 as nenas e nenos do CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso querémonos unir á iniciativa proposta por unhas mestras que traballan en colexios de Abadín, Vilalba e Guitiriz. Trátase dunha actividade de sensibilización a nivel autonómico co fin de dar visibilidade ás verbas do alumnado galego máis alá das paredes das súas escolas. Así pois, uníndonos a esta iniciativa, no noso colexio estamos a crear un mural no que mostramos o noso rexeitamento á violencia. Esta mañá deixamos as nosas pegadas moradas no devandito mural e, ademais, unha das nenas de 5 anos gravou a voz en off que se escoitará nun vídeo que estamos a crear. Polo momento deixámosvos un cachiño do proceso de creación xunto á profe Silvia, coordinadora do Equipo de Convivencia, o encargado de darlle forma a esta proposta. Proximamente publicaremos o vídeo final xunto aos dos demais colexios particip

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL!

Imaxe
Como participantes do 'Programa de Dinamización da Biblioteca Municipal' proposto polo concello de Ponteceso, esta mañá achegámonos ata alí para desfrutar dunha divertida sesión de contacontos por parte do 'Proxecto Bululú' . Para chegar ata a Biblioteca Municipal usamos o autobús, a primeira vez neste curso, e que tanto nos gusta! E aquí nos tedes a tódolos Pondaliñ@s de 3, 4 e 5 anos dispostos a escoitar tódalas historias que nos estaban a piques de contar! A primeira delas foi a do "Capitán Calabrote" e unha convidada moi especial tivo que subirse ao escenario para interpretar a un vello pirata ao que lle roubaran o seu tesouro... A ver se a recoñecedes! O segundo conto que nos contaron foi o de "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis" , mais aí foron outros os convidados especiais... Esperamos que os poidades recoñecer agochados baixo a súa indumentaria! Ambas historias nos fixeron estar moi atent

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA!

Imaxe
Hoxe, 20 de novembro, conmemórase o 'Día Universal da Infancia' e desde a semana pasada, na aula de 5 anos estivemos falando do que significaba a palabra 'dereito' e coñecemos os que como nenas e nenos nos corresponden. Para conmemorar este día, tódolos alumnos e alumnas do noso colexio nos xuntamos para reivindicar os dereitos da infancia. Os Pondaliñ@s de 5 anos escollemos o 'Dereito de Igualdade', pero son 9 máis os que nos pertencen. Aquí vos deixamos o resultado final. Tamén podedes atopar este vídeo na web da nosa escola. Agardamos que vos guste!

UN DÍA DO MÁIS VARIADO!

Imaxe
O de hoxe foi un día do máis variopinto... Comezamos a mañá recibindo a Carrapuchiña e ao Lobo Feroz, que nos deixaron unhas invitacións para mañá asistir a unha sesión de contacontos á Biblioteca Municipal! Aquí vos deixamos o vídeo que o corrobora! Un pouquiño antes de merendar cantámoslle o "Cumpleaños feliz" á profe Rocío que estivo de aniversario este sábado. Para celebralo axudámoslle a soprar as velas e papamos case toda a tarta que nos trouxo! Parece que estaba boísima! E xa para rematar o día, na clase de Psicomotricidade a profe Bea preparounos uns xogos relacionados cos dous planetas que traballamos a semana pasada: Xúpiter e Saturno. Fixemos carreiras de relevos e saltamos á comba para aprender máis sobre o planeta máis grande do Sistema Solar, mais non temos imaxes porque nestes xogos as profes tamén formaban parte deles e non podían sacalas. De quen temos vídeo é dos xogos que fixemos relacionados con Saturno e os seus aneis. Aquí volos deixamos:

RESOLVEMOS AS DÚBIDAS ESPACIAIS DA TÍA JOSEFA!

Imaxe
Esta mañá recibimos unha nova mensaxe de Valentina Tereshkova, e nesta ocasión deixounos unha misión ultraespecial! Ademais de para axudala a ela no seu regreso á Terra, desta vez temos que investigar máis sobre o planeta Saturno para resolver as dúbidas de Josefa. E quen é Josefa, vos preguntaredes... Pois Josefa é unha tía de Roi que vive en Arteixo, e que fai uns días lle fixo ao noso compañeiro un par de cuestións que el non sabía responder, pero agora xa si! Aquí vos deixamos o vídeo da nosa astronauta favorita para que o entendades mellor: Por suposto, aceptamos o reto axudarlle á tía Josefa moi amablemente. E despois de ler algún que outro libro de información, ver un par de vídeos explicativos e resolver dúbidas como a de que era un cometa, os Pondaliñ@s estabamos máis que listos para enviarlle ese vídeo á tía Josefa. Aquí volo deixamos, esperamos que a nosa mensaxe resolva tódalas súas dúbidas. E se algún familiar ten algunha dúbida diferente tamén pode consultarnos se

UNHA MENSAXE MOI ESPECIAL DE VALENTINA TERESHKOVA!

Imaxe
Esta mañá recibimos unha mensaxe moi especial da nosa astronauta favorita... Queredes adiviñar por que? Estade ben atentos a este vídeo que nos enviou Valentina Tereshkova porque ademais dunha nova misión para os Pondaliñ@s de 5 anos que estamos no cole, deixou un novo reto para alguén que ten que estar toda a semana na casiña sen vir ao cole. A ver se adiviñades de quen falamos... Por suposto, mandámoslle moitos achuchóns ao noso compañeiro Alejandro para que se recupere moi pronto! E queremos que o luns cando regrese á escola veña coas respostas ás preguntas que lle fixo Valentina Tereshkova! Nós xa as coñecemos, pois estivemos buscando información nos libros espaciais da nosa biblioteca, e tamén vimos algún que outro vídeo sobre o planeta máis grande do Sistema Solar! E falando de cousas grandes... Mirade como vai medrando o noso mapa! Xa queda menos para que a nosa amiga astronauta volva ao noso planeta! Pero aprender máis sobre Xúpiter non foi o único que fixemos no dí

PSICOMOTRICIDADE MARCIANA!

Imaxe
Esta mañá, ademais dunha nova peza do mapa que a traterá de volta á Terra, recibimos unha nova mensaxe da nosa querida astronauta Valentina Tereshkova. Queredes saber que nos dixo? Aquí vos deixamos a súa mensaxe: Como puidéchedes comprobar, quedou moi contenta das nosas investigacións sobre o noso satélite, a Lúa, e para esta semana deixounos unha nova misión: aprender máis sobre o planeta da nosa compañeira Martina. Este planeta, ademais, ten un nome moi similar ao seu... Claro que si, estes días investigaremos máis sobre o planeta vermello, saberemos máis sobre Marte! Hoxe xa realizamos as primeiras investigacións despois de buscar a Marte nas páxinas dos libros do Espazo que se atopan na nosa biblioteca, e tamén de ver algún que outro vídeo agochado pola rede. Os datos que máis nos sorprenderon foi que Galileo Galilei foi quen o viu por primeira vez en 1610 desde o seu telescopio; que ten a montaña máis alta do Sistema Solar, un volcán que se chama Monte Olimpo; que conta co

CELEBRAMOS O MAGOSTO!

Imaxe
No día de hoxe celebramos unha festa tradicional de Galicia: o Magosto! Como non podía ser doutra maneira, comezamos esta festa comendo o froito máis típico destas datas: as castañas! Seguidamente, realizamos o tradicional tiro da corda que xa estivemos ensaiando coa profe Bea nas clases de Psicomotricidade. Obtivemos un empate moi xusto! E para rematar, todos xuntos cantamos a cantiga "Non chas quero", que tamén preparamos coa mestra Sheila nas clases de Música. Aquí vos deixamos un vídeo que o corrobora: Para completar o día, levamos a cabo a última das actividades relacionadas co Samaín: crear a nosa propia manualidade! Recordades a man verde dun supercumpleañero e as caras de terror de tódolos Pondaliñ@s? Pois xuntamos todo e engadimos un OVNI con luz e moitas estrelas e purpurina! E este é o resultado... Neste Samaín somos abducidos por extraterrestres! O luns estas manualidades xa poderán decorar as nosas casas, pero esta fin de semana pasarana na e

SEMANA DO SAMAÍN: CURTAS DE TERROR!

Imaxe
Esta mañá, despois do recreo, realizamos unha das últimas actividades relacionadas coa época máis terrorífica do ano: o Samaín! Para iso, na biblioteca xuntámonos os Pondaliñ@s de 3, 4 e 5 anos e Cleo tíñanos preparadas unhas curtas propias desta celebración e tamén algún que outro conto e canción! E todo isto acompañado dunhas deliciosas palomitas para crear unha auténtica sesión de cine!  Aquí vos deixamos algunhas imaxes: E as palomitas non foron as únicas que encheron as nosas barrigolas. Como ben sabedes, a nova misión de Valentina está relacionada co noso satélite, e para seguir coñecendo un pouquiño máis as fases da Lúa, decidimos facer un pequeno taller de cociña con galletas Oreo! Algúns quixémolas levar para merendar na casa, e outros xa comemos as nosas lúas durante a merenda da mañá... O que todos fixemos foi pasalo moi ben e papar aqueles cachiños de galleta que necesitábamos sacar para crear a lúa chea, a menguante, a nova e a crecente! Por suposto,

NOVA VISITA DE VALENTINA TERESHKOVA!

Imaxe
Esta mañá, nada máis chegar á aula, decatámonos de que alguén estivera fedellando na nosa clase... Os nosos libros do Universo fóra da biblioteca e abertos en páxinas onde se vía a Lúa, paquetes de pasta de modelar fóra do seu moble, unha pegada un tanto estraña que non sabíamos quen a deixara alí e un novo vídeo de Valentina Tereshkova! Despois de prepararnos, decidimos escoitar á nosa astronauta favorita... Seguro que a súa mensaxe nos explicaba un pouquiño máis o que estaba a pasar. Aquí vola deixamos! Pois xa vedes, a nosa nova misión é saber máis sobre a Lúa! Así que nos puxemos mans á obra e lemos e observamos tódalas páxinas relacionadas co noso satélite que se atopaban naqueles libros que o Señor do Tempo preparou para nós! Ademais, coñecemos a Neil Armstrong e vimos o primeiro alunizaxe da historia! E nós sós decatámonos de que aquela pegada era unha simulación das que este astronauta deixou na Lúa fai 50 anos! E descubrimos que esas pegadas sempre van estar aí porqu

SEMANA DO SAMAÍN: CABAZAS TERRORÍFICAS!

Imaxe
A semana pasada celebramos o Samaín con contacontos, talleres de cociña, photocall de disfraces e moito máis! Pero faltábanos algo moi típico destas datas... Claro, as cabazas! Agora o noso hall está cheíño de unha e mil cabazas de Samaín! Aquí vos deixamos as que trouxemos os Pondaliñ@s de 5 anos e que decoramos xunto ás nosas familias! Canta orixinalidade! Tiñamos de tódolos tipos... Incluso cabazas espaciais! Mirade que xeniais: Iso si, a semana do Samaín continúa nos próximos días... Xa descubriredes como!