COÑECEMOS Á PROFE SILVIA E APRENDEMOS MÁIS DOS CARACOIS!

Esta mañá coñecemos a Silvia, a mestra de Audición e Linguaxe que nos visitará tódolos xoves para impartir un Programa de Estimulación da Linguaxe Oral (PELO). Nada máis comezar a sesión, espertamos a boca a través de diferentes exercicios. Logo, coñecemos a Fifi, unha gatiña moi simpática, e a tódolos seus amigos grazas a un conto moi divertido. Tamén desenvolvemos a nosa conciencia fonolóxica e incidimos no fonema /f/ xogando cos pictogramas. Aínda que o que máis nos gustou foron as adiviñanzas! Temos moitas ganas de que volva de novo! Despois de poñer os mandilóns e facer as rutinas, a nosa encargada de onte tróuxolle un montón de comida aos nosos caracois. Pero antes de nada, limpamos o caracolario, mollamos a terra, porque aos caracois gústanlle os espazos húmidos, e observamos o estado dos alimentos que onte deixou Alonso. Descubrimos que aos caracois lle gustan moito as cenouras, raspáronas todas coa súa rádula, pero os pementos non tiñan un só buraquiño. Será que non...