Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Rutinas

CANTAMOS BINGO E APRENDEMOS MÁIS SOBRE JOAN MIRÓ!

Imaxe
Esta mañá, na nosa aula, apareceron estas casiñas tan coloridas que nunca antes víramos. Estaban cheíñas de números, pero non sabíamos moi ben por que... Pois ben, resulta que estas son as vivendas nas que habitan tódolos números do mundo e, como non podía ser doutra maneira, viven coa súa familia, igual ca nós! Así pois, hoxe coñecemos á familia do 0, do 10, do 20, do 30, do 40, do 50, do 60, do 70, do 80 e ata a do 90! Comezamos pola primeira casiña, a da familia do 0. Xa coñecemos a tódolos números que aquí viven, así que non fixeron falta as presentacións. O que si, utilizamos estes números para coñecer un novo xogo na nosa aula: o bingo! Gustounos moitísimo e pasámolo moi ben, iso si, para que este xogo vaia aumentando un pouquiño a súa dificultade, xa sabemos o que temos que facer... Coñecer pouquiño a pouco aos demais habitantes das casiñas que xa forman parte das nosas rutinas diarias! A parella gañadora foi a formada por Andrea e Alejandro G.! Felicitámolos e alegrámon...

SEMANA DO SAMAÍN: POEMAS E CURTAS DE TERROR!

Imaxe
No último día desta semana de Samaín recibimos a visita dos alumnos e alumnas de 4ºA , que acompañados da profe Luisa recitáronnos uns poemiñas de Samaín! Para agradecerlles a visita, nós agasallámolos cun colgador terrorífico para a porta da súa aula. Ademais, tamén decoramos outros moito máis personalizados co nome de cada neno e cada nena para que os puidesen levar para as súas casas e colgalos na porta do seu cuarto! Gustaríanlles? Nós pensamos que si! Xa pola tarde, visitamos a aula de cine, onde acompañados dos nosos compañeiros e compañeiras de 3 e 5 anos e unhas pouquiñas chuches vimos diferentes curtas de terror: Mickey Mouse ;  Fiz, o coleccionista de medos ; A pota que trota ; Os sete cabritos ;  A bruxa regañadentes ... Ademais, antes de todo isto, a primeira hora da mañá, realizamos as rutinas do encargado ou encargada. A nosa de hoxe foi Zaira, e ela estreou a nosa casiña de descomposición numérica. Por agora realizamos esta nova tarefa na alfombra c...

RUTINAS, DECENAS E CARACOIS!

Imaxe
Fai practicamente un mes que entramos na aula de 4 anos e que, polo tanto, estreamos novas rutinas. Fómolas integrando paulatinamente no noso quefacer de cada mañá, xa que estas son un pouquiño máis complexas que as do curso pasado... Agora que xa as coñecemos á perfección, aquí volas explicamos! Como vedes, a nosa encargada de hoxe foi a nosa compañeira Lucía! Coma sempre, o encargado ou encargada do día cambia a fotografía dun Teo multicolor e colócaa no seu nome. Ao mesmo tempo, escolle a medalla da cor coa que nese día se identifique e explica por que se sinte así. Ademais, para que a ninguén se nos esqueza, escribe o seu nome no noso pequeno encerado. Logo, comprobamos os compañeiros e compañeiras que faltan, e colocamos unha pinza da cor correspondente á súa mesa na corda da casa. Seguidamente, contamos as nenas, os nenos e o total de alumnos e alumnas que se atopan na aula e colocamos o número correspondente. (Aínda cun pouquiño de axuda) Facemos o mesmo cos que se atopan...

AS RUTINAS DA ASEMBLEA!

Imaxe
Estas primeiras semanas, os Pondaliñ@s estamos moi cantaríns, sobre todo nas rutinas da mañá...  Tan pronto como nos sentamos na alfombra, o primeiro que facemos é saudar a Teo e descubrir como se sente dependendo da súa cor. Para iso, cantamos así: Moi bos días, como estás? Estás preparado? Imos comezar! ♫ Logo, comprobamos a quen lle toca ser o encargado ou encargada da aula. A primeira afortunada foi Marta, pero todos seremos axudantes da mestra Rocío. O encargado da aula levará unha medalla para que todos saibamos quen é, pero non é unha medalla calquera. Primeiro contaranos como se sinte (contento, triste, enfadado, tranquilo, medorento ou amoroso), e logo escollerá a medalla da cor correspondente. Feito isto, toca coñecer quen está na escola e quen na casa, contando a tódalas nenas e tódolos nenos que están sentados na alfombra. Pouquiño a pouco iremos coñecendo algúns números e isto irase complicando. Xa vos iremos contando! E despois? Toca ver a que día da...