CONVIVENCIA EN VALARÉS!
No día de hoxe celebramos a tradicional convivencia do CEIP Eduardo Pondal na praia de Valarés! Cando cheguemos a Primaria poderemos ir camiñando dende o colexio, pero polo momento toca montarse no autobús, cousa que, por certo, nos encanta! Nada máis chegar untámonos de crema protectora e xunto aos nosos compañeiros e compañeiras xogamos no areal con tódolos cachibaches que levamos do cole! Logo, subimos ao piñeiral para encher as nosas barrigolas cuns ricos bocatas e o que mías nos gustou, un saborosos xeados!
A maioría de nós volvemos ás nosas casas sendo croquetas de area, e iso só pode significar que o pasamos estupendamente ben! Aquí vos deixamos un pequeno resumo do que foi o día de hoxe:
A maioría de nós volvemos ás nosas casas sendo croquetas de area, e iso só pode significar que o pasamos estupendamente ben! Aquí vos deixamos un pequeno resumo do que foi o día de hoxe:
Para min valares e un sitio moi especial, ojala el recorde todos estes momentos cando sea maior, o momento mais esperado foi o helado seguro
ResponderEliminarSeguro que si 😊 Sen dúbida, os xeados e os cachibaches para xogar coa area foron os máis vitoreados durante o día que pasamos en Valarés 😆
EliminarQué excursión máis chula, que ben que acompañase o tempo, o final puidose facer jijiji...chegaron encantados, e o helado parece que lles gustou moito😋😋😋, que pouquiño queda xa para acabar este curso, a aproveita ben estés últimos días, cheos de festas 😍😍😍
ResponderEliminarSi, a verdade é que a saída a Valarés é unha das máis esperadas do ano 😍 E certo é que esta última semana está a ser moi festeira entre saídas e múltiples celebracións 😋
EliminarQue guai !! o final o dia acompañou...pola mañan non parecía...pero o final diaza!!!! que ben o pasaron e siii croquetitas viñeron jajjaajaja que fotitos mas bonitas!!! e si..poquito queda...gracias Rocio!
ResponderEliminarSi, menos mal que xusto saiu o sol cando nós chegamos a Valarés 🤗 E si, xa non queda nada, hoxe xa houbo quen me dixo que a ver se chegaba pronto o curso que vén que querían ser xa os de 5 anos 😂
EliminarSolo ver as suas cariñas xa vemos o mal q o pasaron non? A verdad e q os profes tamen teñen algo de culpa en q se aburran jajajajajajaj, moitas gracias esas cariñas da gusto velas
ResponderEliminarTi lévalle uns cachibaches para a area e uns cantos xeados e xa non necesitan dos profes para nada 😂
EliminarPasarono xenial. A miña xa logo pasaba de croquetita jijijij. Pero da gusto ver que ben o pasan e velos con esas caras de estalo pasando xenial. A xisxrutar estes poucos dias que quedan. Haber pa semana como ye explico que xa n hai cole. Moitas gracias por todo Rocio eres xenial��
ResponderEliminarSi, a verdade é que Claudia era, con diferencia, a máis encroquetada de tódolos Pondaliñ@s 😂 Eu xa lles vou anunciando que o xoves chega o verán e xa non vai haber máis cole, e tristes ante a noticia non os vexo 🤣 Pero se ves que a nena ten mono de cole, ata o venres que vén pódela traer de visita que aínda andaremos polo cole 😉
EliminarEsta semana estalle costando un pouco lebantarse. Pero como lle digo que vai perder o bus e que nn vai o cole levantase coma unha flecha. Porque ten que ir ver os seus conpañeiros e a sua profe Rocio. O cole nn sei se o botara moito de menos pero os compis e oa profes si e moito.
EliminarSeguro que moitos de nós aínda nos atopamos durante o verán e así a morriña non é tanta 😉
EliminarA miña pasaba de croqueta 😂😂 veu moi cansada pero o importante e que o disfrutaran moito e solo me queda darche as gracias por todo o que fais polos nosos nenos e o ano que ben seguro será mais levadeiro. Gracias Rocio por todo o que fas polos nosos peques😘😘
ResponderEliminarClaro que si, unha ducha quita todas as areas pero nunca a diversión que viviron xunto aos seus compis 😍 O curso que vén tod@s seremos e estaremos máis felices no cole 😊 O único que non vai ser tan levadeiro para min será saber que vai ser o meu último ano con el@s 🙈
Eliminar