Como xa lle anunciamos onte ao Capitán Nemo, hoxe tocaba solucionar a outra dúbida que nos formulou o comandante do Nautilus: Cantos brazos utilizan as estrelas de mar para moverse? Xa sabíamos que, ademais de para respirar e alimentarse, tamén empregan os pés ambulacrais para desprazarse. Iso si, sobre o número de brazos que usan as estrelas para moverse non tiñamos nin idea e as hipóteses foron moi variadas. Así pois, decidimos consultar algún dos libros de información da nosa aula e tamén ler algúns artigos de varias páxinas web. Queredes saber que aprendemos? Pois mirade o vídeo que lle enviamos ao Capitán Nemo! Aquí vos deixamos un dos vídeos que vimos para analizar o movemento destes equinodermos! E ao falar de brazos, aproveitamos para coñecer novas especies de estrelas de mar, de múltiples formas, cores e número de brazos. Buscamos varias imaxes na rede, e vimos vídeos coma o seguinte: Con todo o aprendido, ademais de mandarlle estas mensaxes ao comandan...