Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Atención Educativa

BALEA DE PLÁSTICO!

Imaxe
Como ben sabedes, no día de onte celebramos o Día da Paz, xornada que lle dedicamos á ecoloxista africana Wangari Maathai, unha muller que destinou a súa vida a repoboar bosques en Kenia xunto ás mulleres do "Cinturón verde". Como ben di o noso lema deste ano: "Coidar a natureza é facer paz". Por este motivo, ademais de valorar o traballo destas mulleres de paz, decidimos relacionalo co noso proxecto trimestral e facer unha pequena reivindicación. Os Pondaliñ@s de 5 anos somos moi conscientes da importancia de reducir, reciclar e reutilizar materiais para evitar que estes rematen nos océanos e, como consecuencia, no estómago de moitos animais mariños, como as baleas sobre as que estamos a aprender máis. Pois ben, esta mañá coñecemos a maneira a través da que dúas organizacións fixeron visible esta problemática e denunciaron a grave situación na que viven, entre outros animais, as baleas. Deste xeito, presentáronnos dúas esculturas con forma de balea const...

CONTO DE SAMAÍN!

Imaxe
Despois de prepararnos nas nosas mesas e realizar as rutinas do encargado, estreamos outro dos novos xogos que mercou a mestra para nós. Desta vez os protagonistas eran uns vasos de cores con números escritos que nos permitirán realizar moitas actividades diferentes que pouquiño a pouco vos presentaremos. A de hoxe consistía no seguinte... Primeiro, a encargada Marta ordenou os vasos de maneira ascendente. Logo, varios nenos e nenas colocaron os pompóns correspondentes ao número de cada vaso. Seguidamente, tras comprobar que todo estaba correcto, pechamos os ollos, xa que a profe cambiou vasos e pompóns de lugar para que outros compañeiros e compañeiros comprobasen se coas novas modificacións todo seguía en orde ou algúns pompóns se mudaran ao vaso que non lle correspondía... Xa por último, algo moi importante... Recoller! Agora, estes vasos xa se atopan no noso recanto dos números para poder xogar con eles cando queiramos! XOGAMOS COS VASOS NUMÉRICOS? O resto do día dedicámosllo...

QUE FIXEMOS CO MILLO QUE DEBULLAMOS?

Imaxe
Como ben sabedes, o pasado venres debullamos millo, e esta mañá seguimos mellorando a nosa motricidade fina cunha nova actividade que formará parte do noso "Libro dos caracois". Gran a gran formamos as pegadas destes animaliños. Aínda non rematamos, é un traballo moi laborioso, pero xa continuaremos mañá... Pouco a pouco! E falando de caracois, esta mañá moi emocionados descubrimos os ovos que puxeron os nosos novos compañeiros de aula! Iso si, como comprobamos nun vídeo e nun libro de información, os caracois precisan de moita terra para poder meter os ovos nun buraquiño e logo tapalos, senón, non nacerán. Como nun par de semanas queremos contar con novos caracois no noso caracolario, botamos máis terra, para que se poidan cubrir! Ademais, descubrimos tamén que os grelos, o aloe vera, os puerros, as coles de bruselas e as uvas chinas son do agrado dos nosos caracois. O que non lle debe de gustar son as xudías e o perexil, xa que non rasparon nada deles coa sú...

TEO TEN UNHA NOVA CANCIÓN!

Imaxe
Esta mañá, as nenas e o neno que acudimos a Atención Educativa fixémoslle unha visita a Cleo, e coa mestra Rocío descubrimos unha nova historia: "Monstruo triste, monstruo feliz" (Un conto co que o próximo curso profundizaremos no mundo das emocións xunto co noso querido Monstro de Cores) Despois de falar un pouquiño das emocións que nel se recollen e sobre as situacións nas que as sentimos, tivemos un tempo para ler libremente na biblioteca. A nosa compañeira Iria decantouse por "O monstro de cores" e mentres lía este conto, ensinounos unha canción que inventou na súa casa. Aquí tedes a súa fantástica creación, terémola que aprender na aula: Ademais, aproveitamos para comentarvos que esta semana tivemos as clases de Relixión e Atención Educativa despois do recreo, porque precisabamos as horas da tarde para ensaiar algo que moi pronto poderedes ver publicado... Faremos un lipdub polo Día das Letras Galegas, e aquí vos deixamos a canción que se escoitará de...

COÑECEMOS Á MESTRA PILAR!

Imaxe
Estando no patio, por alí apareceu alguén que nos quería coñecer... Era a mestra Pilar, que estivo xogando con nós durante todo o recreo, e coa que aínda quedamos un cachiño máis ata que as nosas mamás, papás, avoas e avós nos viñeron buscar! Aquí vos deixamos unha foto que sacamos con ela mentres esperabamos a marchar. Verémola tódolos venres, Pilar é a mestra de Relixión! E mentres algúns nenos e nenas quedan na aula con ela, aqueles outros que acudan a Atención Educativa sairán coa mestra Rocío.