Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Mesa de Luz

PARES E IMPARES, BALEAS E UN PHOTOCALL CIENTÍFICO!

Imaxe
Despois dunha semaniña de ausencia no blog, os Pondaliñ@s queremos facervos un pequeno resumo do que ocorreu durante estes días na nosa aula... Comezamos por esta mañá, pois seguimos avanzando nos nosos coñecementos matemáticos e estamos aprendendo máis sobre os números pares e impares! O primeiro que tiñamos que averiguar era cantas cousiñas quería a profe cando nos pediu "un par de obxectos". Lanzamos números ao azar e quen acertou foi un compañeiro que dixo... 2! Coñecendo isto, era moito máis fácil entender á mestra cando nos pedía un par de pezas, dous pares de botóns ou tres pares de alimentos! E este xogo fixo que entendésemos isto dos números pares e impares á primeira! Claro, se as pezas se agrupaban de par en par (de dúas en dúas) e non sobraba ningunha o número era par! Pola contra, se unha peza quedaba desparellada o número era impar!  E para comprender isto tiñamos que xogar e manipular materiais! Así que apagamos luces, pechamos cortinas e encendemos a mes...

NOVA VISITA DE VALENTINA TERESHKOVA!

Imaxe
Esta mañá, nada máis chegar á aula, decatámonos de que alguén estivera fedellando na nosa clase... Os nosos libros do Universo fóra da biblioteca e abertos en páxinas onde se vía a Lúa, paquetes de pasta de modelar fóra do seu moble, unha pegada un tanto estraña que non sabíamos quen a deixara alí e un novo vídeo de Valentina Tereshkova! Despois de prepararnos, decidimos escoitar á nosa astronauta favorita... Seguro que a súa mensaxe nos explicaba un pouquiño máis o que estaba a pasar. Aquí vola deixamos! Pois xa vedes, a nosa nova misión é saber máis sobre a Lúa! Así que nos puxemos mans á obra e lemos e observamos tódalas páxinas relacionadas co noso satélite que se atopaban naqueles libros que o Señor do Tempo preparou para nós! Ademais, coñecemos a Neil Armstrong e vimos o primeiro alunizaxe da historia! E nós sós decatámonos de que aquela pegada era unha simulación das que este astronauta deixou na Lúa fai 50 anos! E descubrimos que esas pegadas sempre van estar aí porqu...

SEMANA DO SAMAÍN: DISFRACES TERRORÍFICOS!

Imaxe
Coas actividades desta mañá damos por rematada esta semana tan terrorífica, pois a partir de hoxe poderemos desfrutar de catro días libres! Iso si, a Semana do Samaín aínda non remata... O vindeiro luns poderemos traer á escola as nosas cabazas decoradas e os Pondaliñ@s de 5 anos tamén temos preparada algunha que outra sorpresa... No día de hoxe comezamos a mañá observando e falando dos nosos disfraces de Samaín! Viñemos moi auténticos, e como non podía ser doutra maneira, aproveitamos o photocall da entrada para sacarnos unhas fotiños para o recordo. E para iso temos que darlle as grazas á mamá do noso compañeiro Roi e á profe Érica por térnolas quitado! Mirade que xeniais: Ademais, os Pondaliñ@s que as quixeron probar, tomaron algunha das bebidas de Samaín que servían os nenos e nenas maiores nunha barra colocada para a ocasión! Xa na hora da merenda, a nosa compañeira Aroa agasallou a tódolos Pondaliñ@s de 5 anos cun saboroso aperitivo: unhas fantásticas...