Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Festiciencia

FESTICIENCIA 2019!

Imaxe
Coma tódolos anos, para conmemorar a Semana das Letras Galegas a aldea do Couto engalánase para celebrar, un ano máis, unha nova edición das Festiletras!  Nesta ocasión, a Fundación Eduardo Pondal convidounos a participar no Festiciencia, onde puidemos gozar cos numerosos xogos tradicionais que presentou o MELGA, así como da actuación de Paco Nogueiras e a súa "Radio Bule-Bule"! Foi un día fantástico e pasámolo xenial! Aquí vos deixamos un pequeno resumo do que foi esta xornada tan divertida: Ademais, no hall da nosa escola xa podedes visitar unha exposición dedicada a Antón Fraguas e á súa obra "Romarías e Santuarios de Galicia" coa información que o alumnado e as súas familias aportaron! Moitas grazas a tod@s!

FESTICIENCIA 2018!

Imaxe
Esta mañá, os nenos e nenas do CEIP Eduardo Pondal visitamos a Aldea do Couto para participar en Festiciencia, a primeira Feira Científica da Costa da Morte, organizada pola Fundación Eduardo Pondal. Tan pronto como baixamos dos nosos autobuses, visitamos os diferentes postos científicos situados nas carpas instaladas para a ocasión, onde tamén puidemos volver a ver a antigos alumnos e alumnas da nosa escola. Seguidamente, as nenas e nenos de Educación Infantil baixamos á Casa dos Veciños, onde nos esperaban tres obradoiros diferentes. Xunto ás compañeiras e compañeiros do CEIP de Corme e do CRA de Ponteceso, coñecemos a José María Mosqueira Manso e a Isabel Zendal, e o que estes persoeiros supuxeron para a ciencia a nivel mundial. Despois dunha saborosa merendola, rematamos a xornada con Ricardo Pérez y Verdes e moitos dos xogos do MELGA que con nós quixo compartir. Todos eles con moita ciencia! Aquí vos deixamos un pequeno resumo do que foi o día de hoxe. Pasámolo xenial! ...