Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Creatividade

RETO IV: COMO SE CHAMAN OS SUPERHEROES E AS SUPERHEROÍNAS?

Imaxe
Esta mañá, xusto ao volver do recreo, atopamos unha nova mensaxe do Señor do Tempo... Como podedes ler, ao Señor do Tempo encantáronlle os nosos brazaletes de superheroínas e superheroes, polo que a nosa terceira misión estaba máis que superada e xa podíamos abrir a porta número tres! Así o fixo Lucas, o noso encargado de hoxe: Mais superado un reto, sabemos perfectamente que unha nova misión está esperando por nós... Nesta nova carta o Señor do Tempo pediunos que recordásemos todos os superheroes e superheroínas que xa coñecemos e, sobre todo, que busquemos información para descubrir aqueles outros que aínda son descoñecidos para nós... Por suposto, puxémonos mans á obra! Comezamos cunha chuvia de ideas para descubrir a quen coñecíamos, e para facelo un chisquiño máis divertido xogamos á "Pataca Quente"! Rapidamente, cada Pondaliñ@ tiña que dicir en alto o nome dalgunha superheroína ou dalgún superheroe que coñecese, pasándolle a pataca ao compañeiro ou compañeir...

CADROS A MEDIO ACABAR...

Imaxe
No día de onte na nosa aula fixemos unha pequena tarefa sobre Joan Miró, mais como nos sobrou moita pintura, que por suposto non podíamos tirar, improvisamos unha nova actividade no patio da nosa escola! Para aproveitar o soliño destes días, escollemos á nosa parella e baixamos ao patio cartolinas, pinceis e a pintura sobrante, e só tiñamos unha misión: rematar a pintura creando obras de arte inspiradas en Joan Miró... Aquí nos tedes en pleno proceso: Unha vez rematada a pintura os cadros estaban listos! Así, como quedasen, o importante nesta actividade era non desperdiciar nadiña... Así pois, todo o que baixamos volvémolo subir e deixamos as nosas obras de arte a secar. Esta mañá os cadros estaban listos, polo que xa lle podíamos dar título para logo expoñelos no noso corredor. Agardamos que vos gusten! Nizar e Brais M.: "A bolboreta, o paxaro e o can" Daniella e Zaira: "Viva a vida de bolboreta" Lucas e Alejandro V.: "A c...

RETO III: COMO SON OS LOGOS QUE REPRESENTAN ÁS SUPERHEROÍNAS E AOS SUPERHEROES?

Imaxe
O pasado venres o Señor do Tempo deixou na nosa aula unha nota na que nos pedía que trouxésemos á escola un par de rolos de papel hixiénico. Por suposto, seguimos as súas instrucións e onte chegamos cargadiños con eles! A profe Rocío contounos que o noso gran amigo tamén falara con ela, e a nosa nova misión era pintar eses rolos da nosa cor preferida... Fixemos as primeiras hipóteses para coñecer en que se transformarían eses rolos, e moitos Pondaliñ@s chegamos á mesma conclusión: uns brazaletes de superheroes e superheroínas! Estaríamos no certo? Quen sabe... Esta mañá confirmóunolo o Señor do Tempo a través dunha nova carta que deixou na nosa alfombra... Antes de nada, anunciounos que o anterior reto estaba máis que superado e que tiñamos o seu permiso para abrir a porta número dous... Así o fixo Claudia, a nosa encargada de hoxe! Así mesmo, confirmou que estábamos no certo ao pensar que os rolos de papel hixiénico se transformarían nuns superbrazaletes! Mai...

RECICLARTE!

Imaxe
Xa sabemos que os Pondaliñ@s temos un pouquiño abandonado o blog esta semana... Pero o final de trimestre está aquí e estivemos traballando moito moitísimo para que o próximo xoves poidamos levar para as nosas casas tódolos traballiños que fomos facendo durante os últimos meses! Seguimos moi involucrados e involucradas no proxecto das baleas, e estamos moi concienciadas e concienciados sobre a importancia de reducir, reciclar e reutilizar materiais. Así pois, volvemos a revolver no noso armario da reciclaxe e decidimos reutilizar algunhas cousiñas que alí atopamos... Desta vez para transformarnos en artistas medioambientais! Primeiro,  como base empregamos algúns dos xornais que sempre usamos para evitar manchar as mesas cando pintamos con pinceis!  Logo, cortamos e pegamos teas que as familias nos mandárades cando recreáramos a Sandwina, a primeira muller forzuda! Seguidamente, atopamos uns brillantes que usáramos para disfrazarnos de exipcias e exipcios, e que ...

OS INCREÍBLES, ROSALÍA DE CASTRO E UN CONCURSO DE SUPERHEROÍNAS!

Imaxe
Durante estes últimos días os Pondaliñ@s de 5 anos estivemos moi atarefados e atarefadas... Como ben sabedes, o día de Entroido os nenos e nenas do CEIP Eduardo Pondal transformarémonos en superheroes e superheroínas, e dende hoxe xa podedes ver o noso hall completamente decorado para a ocasión: X-Animals, Thundermans, Batman, Thor, Superman e Supergirl e, por suposto, os Increíbles. Mirade que ben quedaron as nosas personaxes! Canto lle demos ao pincel e á pintura estes días! Así pois, os Pondaliñ@s de 3 anos encargáronse de Jack-Jack, o bebé da familia, e tamén das letras que conforman a palabra "Increíbles"; os Pondaliñ@s de 4 anos de Dash e Violeta, os irmáns maiores; e os Pondaliñ@s de 5 anos decoramos a Mr. Increíble e a Elastigirl, o papá e a mamá desta superfamilia. Gústanvos? Ademais, xusto alí no hall, decatámonos da presenza dun xogo que se nos fixo moi familiar: Pasapalabra! Nunha das súas paredes vimos un rosco con tódalas letras do abecedario e tamén...

CONCURSO DE IDEAS: E O ESQUELETO DA BALEA?

Imaxe
Esta semana, a nosa compañeira Noa trouxo unha noticia que falaba de que o esqueleto da balea de Valarés xa se atopaba enterrado no seu sarcófago, detrás do Punto Limpo de Ponteceso, para eliminar toda materia orgánica que recubrise os seus ósos. E por que a enterraban? Pois porque nun futuro tense a intención de expoñer o seu esqueleto nalgún lugar do concello, e para iso convocarase un concurso de ideas. Así pois, reunímonos en asemblea e cada Pondaliñ@ ofreceu un posible lugar no que expoñer o seu esqueleto, así como unha razón para facelo. Decidimos plasmar todas as ideas en papel, para que non se nos esquecese ningunha cando o concello lance ese concurso de ideas, pero como non tiñamos moita idea de como era un esqueleto de balea e como se podía expoñer, inspirámonos no que podemos ver na illa de Fuerteventura. Aquí vos deixamos as nosas propostas, a ver que vos parecen...