Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Día de Rosalía

OS INCREÍBLES, ROSALÍA DE CASTRO E UN CONCURSO DE SUPERHEROÍNAS!

Imaxe
Durante estes últimos días os Pondaliñ@s de 5 anos estivemos moi atarefados e atarefadas... Como ben sabedes, o día de Entroido os nenos e nenas do CEIP Eduardo Pondal transformarémonos en superheroes e superheroínas, e dende hoxe xa podedes ver o noso hall completamente decorado para a ocasión: X-Animals, Thundermans, Batman, Thor, Superman e Supergirl e, por suposto, os Increíbles. Mirade que ben quedaron as nosas personaxes! Canto lle demos ao pincel e á pintura estes días! Así pois, os Pondaliñ@s de 3 anos encargáronse de Jack-Jack, o bebé da familia, e tamén das letras que conforman a palabra "Increíbles"; os Pondaliñ@s de 4 anos de Dash e Violeta, os irmáns maiores; e os Pondaliñ@s de 5 anos decoramos a Mr. Increíble e a Elastigirl, o papá e a mamá desta superfamilia. Gústanvos? Ademais, xusto alí no hall, decatámonos da presenza dun xogo que se nos fixo moi familiar: Pasapalabra! Nunha das súas paredes vimos un rosco con tódalas letras do abecedario e tamén...

DÍA DE ROSALÍA!

Imaxe
Este venres, 24 de febreiro, celébrase o Día de Rosalía! No noso cole conmemorámolo decorando o seu retrato a través da técnica artística do pop-art. Ademais, á volta das vacacións de Entroido, traballaremos na aula con algún dos seus poemas.  Xa podedes ver as nosas obras de arte na entrada da nosa escola, adiviñades cal é o retrato decorado polos Pondaliñ@s de 3 anos? Un día que veñades ao cole fixádevos ben, o noso ten un pouquiño de relevo, xa que aproveitamos o bo tempo do pasado venres para baixar as ceras brandas ao patio e decorar o retrato de Rosalía na pista de fútbol baixo un agradable sol de inverno!