No día de hoxe celebramos a tradicional convivencia do CEIP Eduardo Pondal na praia de Valarés! Cando cheguemos a Primaria poderemos ir camiñando dende o colexio, pero polo momento toca montarse no autobús, cousa que, por certo, nos encanta! Nada máis chegar untámonos de crema protectora e xunto aos nosos compañeiros e compañeiras xogamos no areal con tódolos cachibaches que levamos do cole! Logo, subimos ao piñeiral para encher as nosas barrigolas cuns ricos bocatas e o que mías nos gustou, un saborosos xeados! A maioría de nós volvemos ás nosas casas sendo croquetas de area, e iso só pode significar que o pasamos estupendamente ben! Aquí vos deixamos un pequeno resumo do que foi o día de hoxe: Valarés 2018!