Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Emocións

DÍA DO AMOR E DA AMIZADE!

Imaxe
No día de hoxe, 14 de febreiro, celébrase o 'Día do Amor e da amizade', e os Pondaliñ@s de 5 anos comezamos a xornada escoitando un fermoso conto que leva por título "Unha manchea de bicos". Nel cóntase a historia de Kati, unha nena que ten unha caixa cheíña de bicos e sempre os utiliza cos seus amigos, porque un bico senta ben en calquera momento: cando estamos tristes, cando estamos anoxados e tamén cando estamos moi contentos! Iso si, Kati tamén recibe moitos biquiños cando o precisa, porque unha manchea de bicos é o mellor para sentirse feliz! Contóunolo a profe Bea e así espontaneamente xurdiu facer unha cadea de bicos, que foron dun lado ao outro da clase, e que incluso chegou ata a mestra Rocío! Pero iso xa o veredes máis adiante... E aínda que o amor está presente na nosa aula tódolos días, hoxe quixémolo celebrar de maneira especial... Dar bicos é unha gran maneira de regalar amor a todos os que queremos, así que por que non crear a nosa caixiña de...

TEO VOLVE DA CASA DE... MARTA!

Imaxe
A nosa mascota xa regresou da súa última viaxe neste curso! Pasou a fin de semana coa nosa compañeira Marta, e aquí vos contamos todo o ocorrido durante estes días... O venres, Teo montou no coche de Marta para dirixirse á súa casa da Campara. Alí, no cuarto de xogos da nosa compañeira, miraron a televisión e xogaron cos seus xoguetes. Marta encargouse de que a nosa mascota máis triste se alimentase moi ben. Encantáronlle os Petit-Suisse! Por suposto, quedaron a durmir ben abrazadiños na cama da nosa compañeira! Ademais, aproveitaron a fin de semana para visitar aos tíos e aos curmáns da nosa compañeira! A Marta encantoulle a visita de Teo, e xa está desexando que volva outra vez!  (Neste curso, a nosa mascota levou o seu conto e un libro de aventuras para cubrir. A ver que se nos ocorre para o curso que vén... Algunha idea, familias?)

TEO VIAXA Á CASA DE... MARTA!

Imaxe
Esta semana, a nosa mascota emprende a súa última viaxe... Montouse no bus dos elefantes coa nosa compañeira Marta, e con ela pasará toda a fin de semana. Que aventuras lle estarán esperando ao noso Teo de cor azul? Seguro que o pasa fenomenal con Marta, coa súa familia e cos seus amigos!

TEO TEN UNHA NOVA CANCIÓN!

Imaxe
Esta mañá, as nenas e o neno que acudimos a Atención Educativa fixémoslle unha visita a Cleo, e coa mestra Rocío descubrimos unha nova historia: "Monstruo triste, monstruo feliz" (Un conto co que o próximo curso profundizaremos no mundo das emocións xunto co noso querido Monstro de Cores) Despois de falar un pouquiño das emocións que nel se recollen e sobre as situacións nas que as sentimos, tivemos un tempo para ler libremente na biblioteca. A nosa compañeira Iria decantouse por "O monstro de cores" e mentres lía este conto, ensinounos unha canción que inventou na súa casa. Aquí tedes a súa fantástica creación, terémola que aprender na aula: Ademais, aproveitamos para comentarvos que esta semana tivemos as clases de Relixión e Atención Educativa despois do recreo, porque precisabamos as horas da tarde para ensaiar algo que moi pronto poderedes ver publicado... Faremos un lipdub polo Día das Letras Galegas, e aquí vos deixamos a canción que se escoitará de...

TEO VOLVE DA CASA DE... IRIA!

Imaxe
A nosa mascota máis alegre xa está de volta na escola. Veu acompañada da nosa compañeira Iria, coa que pasou a fin de semana! Queredes saber das súas aventuras? Agora mesmiño volo contamos! O venres, nada máis chegar a casa, Teo coñeceu a Antía, a irmá de Iria, que quedou máis que encantada co conto de "O monstro de cores". Ese mesmo día pola tarde, foron ver ao Mago Antón, que estaba de paso por Carballo! Despois de sorprenderse cos seus trucos de maxia decidiron xogar no parque coas amigas da nosa compañeira. E ao chegar a noite, Iria non dubidou en durmir ben abrazadiña á nosa mascota. O sábado madrugaron para visitar aos avós da nosa compañeira, que viven en Cuíña. Antes de chegar, pararon a descansar en Ordes, onde compraron un queique de chocolate co que Teo se puxo as botas! Ademais, aproveitaron para xogar nunha fonte que alí atoparon, aínda que a auga estaba moi fría! Xa na casa dos avós, a nosa mascota coñeceu aos curmáns de Iria, cos que estivo coidando os amor...

TEO VIAXA Á CASA DE... IRIA!

Imaxe
Despois dunhas merecidas vacacións, a nosa mascota viaxeira visita un novo lugar... Nesta ocasión é a casa de Iria, coa que pasará esta fin de semana! Que sorpresas lle esperan a Teo? Moi pronto o descubriremos, do que estamos seguros é de que o pasará fenomenal coa nosa compañeira, cos seus amigos e coa súa familia!

TEO VOLVE DA CASA DE... DANIELLA!

Imaxe
Esta fin de semana a nosa mascota máis amorosa pasouna acompañado da nosa compañeira Daniella. Queredes saber que fixeron para pasalo tan ben? Aquí volo contamos: O venres, despois de toda a semana, chegaron tan cansos á casa que decidiron que o mellor que podían facer era botarse a durmir para coller forzas para os próximos días. O sábado, almorzaron galletas co papá de Daniella, e Teo tamén coñeceu a tódalas mascotas que ten a nosa compañeira: á cadela Kiara, ao gato Michu, aos paxariños e tamén aos peixiños. Ademais, visitaron a tenda de mascotas para buscarlle aos seus peixes novos compañeiros de peceira! O domingo, Teo e Daniella recibiron a visita dun gran amigo que todos coñecemos: Fran, o noso compañeiro da aula de 4 anos! E con el estiveron xogando toda a tarde! O que máis lles gustou foron os globos e a tenda de campaña! O luns, como a nosa mascota aínda estaba na súa casa, Daniella liulle un conto, e tamén lle presentou a outro Teo de cor rosa que ela tiña na súa cas...

TEO VIAXA Á CASA DE... DANIELLA!

Imaxe
Este venres a nosa mascota máis amorosa montou no autobús dos chimpancés para pasar a fin de semana na casa da nosa compañeira Daniella. Que aventuras estarán esperando a Teo? Moi pronto o descubriremos! Do que estamos seguros é de que o pasará fenomenal coa familia e cos amigos de Daniella!

TEO VOLVE DA CASA DE... NIZAR!

Imaxe
Esta semana a nosa mascota máis tranquila regresou da casa do noso compañeiro Nizar, co que pasou a fin de semana. Xuntos durmiron e xogaron, tamén visitaron o parque de Ponteceso e deron uns paseos seguindo o curso do río Anllóns! A Teo e a Nizar encantoulles pasar xuntos esta fin de semana tan especial!

TEO VIAXA Á CASA DE... NIZAR!

Imaxe
A nosa mascota máis tranquila xa se atopa na casa do noso compañeiro Nizar, co que pasará esta fin de semana. Que aventuras lle esperan a Teo? Moi pronto as descubriremos, pero do que estamos seguros é de que o pasará fenomenal con Nizar, coa súa familia e cos seus amigos!

TEO VOLVE DA CASA DE... NAIA!

Imaxe
A nosa mascota máis amorosa xa está de volta na escola! Queredes saber o que ocorreu durante esta fin de semana? Agora mesmo volo contamos! O venres, nada máis baixar dos autobús das xirafas, montou no coche da nosa compañeira Naia, e con ela acudiu ás clases de patinaxe! Por suposto, sempre co cinturón de seguridade ben colocado! Despois de tanto deporte, tocou visitar aos seus avós, Antonio e María. E despois desta tarde tan movida, unha gran recompensa: pizza para cear! Iso si, Teo, Naia e a súa irmá Alejandra aínda tiveron tempo para colorear antes de quedar durmidos ben abrazados! O sábado dedicárono a xogar: coas construcións, cos patíns, a montar nun cabalo e nunha moto, a ser doutor e doutora, ás cárceres, no parque... Canta diversión! O domingo puxéronse ben guapos para comer na casa dos avós. Alí xa os estaban esperando Noa, a curmá da nosa compañeira, xunto coa súa cadeliña Bimba cos que estiveron xogando toda a tarde. Como vedes, foi unha fin de semana fantástica, e...

TEO VIAXA Á CASA DE... NAIA!

Imaxe
Esta tarde, a nosa mascota de cor rosa montouse no autobús das xirafas acompañada da nosa compañeira Naia, coa que pasará esta fin de semana! Que aventuras lle esperan a Teo? Moi pronto o descubriremos, pero do que estamos seguros é de que o pasará fenomenal con Naia, coa súa familia e cos seus amigos! Ata dentro duns días!

CONCERTO DIDÁCTICO!

Imaxe
Esta mañá visitamos a cidade da Coruña para gozar dun concerto didáctico que o grupo de corda "Arcos Iris" nos regalou no Pazo da Ópera. Por suposto, temos que darlle as grazas á profe Luisa, xa que foi ela quen nolo conseguiu! Nada máis chegar coñecemos aos seus integrantes e os instrumentos que tocaban: Dorothea Nicholas e Enrique Iglesias encargábanse dos violíns; Alison Dalglish da viola; Rosalía Vázquez do violonchelo; e Todd Williamson do contrabaixo. Con eles recordamos que son as emocións e cales coñecemos, e aprendemos que a música nos pode transmitir moitas delas: alegría, tristeza, enfado, medo... Pasamos unha mañá moi agradable escoitando obras de Vivaldi, Chaikovski, Brahms ou Offenbach, entre outros. Aquí vos deixamos un pequeno resumo do vivido: CONCERTO DIDÁCTICO - EL EFECTO ARCOS IRIS - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

TEO VOLVE DA CASA DE... ZAIRA!

Imaxe
A nosa mascota máis alegre xa está de volta na escola, e veu disposta a contarnos tódalas aventuras vividas durante esta fin de semana na casa da nosa compañeira Zaira! O venres, nada máis baixar do autobús das vacas, visitaron a horta da nosa compañeira, onde estiveron recollendo flores, xogando cos canciños Rosco e Rex, saltando na cama elástica... Despois de merendar, montaron no patinete para visitar a Hugo e Xoel, uns amigos de Zaira cos que estiveron xogando o resto da tarde. O sábado, despois de almorzar, Teo axudoulle a Zaira a decorar a careta que usará na obra de "Monkey and me". Cando remataron, decidiron descansar vendo debuxos animados no ordenador, e logo seguiron xogando con tódolos xogos que ten a nosa compañeira. Pola tarde, Teo coñeceu á curmá Noelia, e logo foron ata Coruña para visitar o Centro Comercial Marineda, onde traballa a curmá Carlota. O domingo almorzaron co papá de Zaira, e coas pilas ben cargadas decidiron divertirse no parque de ból...

TEO VIAXA Á CASA DE... ZAIRA!

Imaxe
No día de onte, a nosa mascota de cor amarelo emprendeu unha nova viaxe. Nesta ocasión montouse no autobús das vacas xunto á nosa compañeira Zaira, coa que pasará a fin de semana. Que aventuras lle esperan ao noso Teo máis alegre? Moi pronto as coñeceremos, pero do que estamos seguros é de que o pasará fenomenal con Zaira, coa súa familia e cos seus amigos! Vémonos a próxima semana!

TEO VOLVE DA CASA DE... ROI!

Imaxe
No día de onte, a nosa mascota de cor verde regresou de pasar a fin de semana na casa do noso compañeiro Roi. Foron uns días moi divertidos, aquí volo contamos: O venres, Teo baixou do autobús das vacas con Roi e co seu irmán Leo, cos que merendou vendo a televisión. Logo, o noso compañeiro presentoulle a tódolos seus animaliños: as cadelas, as galiñas, os patos, os pavos, as codornices, os peixiños... E tamén o pasaron pipa saltando na cama elástica! Máis tarde, Leo fixo un debuxo que Teo e Roi colorearon, e xa pola noite tocou sesión de cine... A película elixida foi Trolls! Para rematar o día, ao meterse na camiña, a nosa mascota coñeceu a tódolos Teos que Roi ten na súa casa e que coseu a súa mamá Rosario. O sábado pola mañá, Leo leulles o conto de "O monstro de cores" e despois diso, Teo coñeceu o xogo favorito destes irmáns: os LEGOS! Un pouco máis tarde preparáronse para ir á piscina de Cabana, e antes de nadar, decidiron divertirse no parque cos columpios. Cos gor...

TEO VIAXA Á CASA DE... ROI!

Imaxe
Esta tarde, a nosa mascota de cor verde montouse no autobús das vacas para emprender unha nova aventura de fin de semana. Nesta ocasión o afortunado de ter a Teo con el durante estes días é Roi. Que sorpresas lle esperarán á nosa mascota máis tranquila? Moi pronto o descubriremos!

TEO VOLVE DA CASA DE... XABI!

Imaxe
Despois de pasar estas vacacións de Entroido na casa do noso compañeiro Xabier, a nosa mascota de cor verde xa se atopa novamente na aula. Por suposto, ningún dos dous se esqueceu de contarnos todo o que viviron durante esta fin de semana tan longa... O xoves, nada máis chegar, Teo e Xabi foron á tenda da súa mamá e alí estiveron vendo un montón de teas de Entroido. Logo, aproveitaron para merendar e xogar un pouquiño máis ata que foi hora de ir para a casiña, onde se ducharon, cearon e prepararon o disfrace de pallasete antes de ir para a cama. O venres, despois do cole, a súa curmá Noa leulles o conto de "O monstro de cores", e pola tarde Teo e Xabi xogaron co seu papá e con tódolos xoguetes do noso compañeiro. Máis tarde visitaron novamente a tenda da súa mamá. O sábado, Xabi e a nosa mascota foron co seu papá tomar un pincho de tortilla ao bar de Iván antes de comer coa avoa Maruja. O domingo, o noso compañeiro disfrazouse de Spiderman e visitou o Polideportivo de...

TEO VIAXA Á CASA DE... XABI!

Imaxe
Ao igual que ocorreu coa Mochila Viaxeira, esta semana o noso Teo de cor verde marchou un día antes da nosa aula. Nesta ocasión montou no autobús das xirafas rumbo á casa de Xabi, para pasar con el, coa súa familia e cos seus amigos estes días de Entroido! Será que veremos á nosa mascota disfrazada? Quen sabe... Moi pronto poderemos descubrilo! A pasalo moi ben rapaces!

TEO VOLVE DA CASA DE... BRAIS MARTÍNEZ!

Imaxe
A nosa mascota de cor negro xa está de novo na aula despois de pasar a fin de semana co noso compañeiro Brais! Aquí vos contamos o que ocorreu durante estes días tan especiais! O venres, nada máis chegar da escola, Teo e Brais merendaron, cambiaron de roupa e foron pasear co avó do noso compañeiro. Xa de volta na casa, ducháronse, cearon e botáronse a durmir ben xuntiños. O sábado, despois de almorzar, decidiron ver un pouquiño a televisión. Logo, Brais liulle á nosa mascota o seu conto, e tamén o levou de visita á casa dos seus avós, onde aproveitaron para montarse no seu tractor. O domingo, Teo, Brais e os seus papás foron de paseo a Razo. Como se portaron moi ben, merendaron no Centro Comercial de Carballo, e tamén se montaron nalgunhas das atraccións que por alí había. A Brais encantoulle pasar a fin de semana coa nosa mascota medorenta, e o que máis lle gustou foi presentarlle ao seu canciño. Ata o momento non tiña nome, pero hoxe os Pondaliñ@s decidiron que "Colorine...