Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Baleas

RECICLARTE!

Imaxe
Xa sabemos que os Pondaliñ@s temos un pouquiño abandonado o blog esta semana... Pero o final de trimestre está aquí e estivemos traballando moito moitísimo para que o próximo xoves poidamos levar para as nosas casas tódolos traballiños que fomos facendo durante os últimos meses! Seguimos moi involucrados e involucradas no proxecto das baleas, e estamos moi concienciadas e concienciados sobre a importancia de reducir, reciclar e reutilizar materiais. Así pois, volvemos a revolver no noso armario da reciclaxe e decidimos reutilizar algunhas cousiñas que alí atopamos... Desta vez para transformarnos en artistas medioambientais! Primeiro,  como base empregamos algúns dos xornais que sempre usamos para evitar manchar as mesas cando pintamos con pinceis!  Logo, cortamos e pegamos teas que as familias nos mandárades cando recreáramos a Sandwina, a primeira muller forzuda! Seguidamente, atopamos uns brillantes que usáramos para disfrazarnos de exipcias e exipcios, e que ...

SUPERANIVERSARIOS DE MARZO!

Imaxe
No día de hoxe estivemos de celebración! Martina fíxose maior e xa cumpriu 6 anos. Aquí a tedes no noso marco dos aniversarios!  Sen dubidalo, enfundou a súa capa de "Supercumpleañera nº6"! Por suposto, os demais Pondaliñ@s transformámonos en superinvitados e superinvitadas! Como non podía ser doutra maneira, felicitamos á nosa compañeira Martina, e aquí estamos con Teo, que tamén se quixo unir á nosa celebración!  Así mesmo, tamén lle fixemos un bonito agasallo... Un gran libro de debuxos para a nosa compañeira!  OS AGASALLOS DE MARTINA! Xa nos nosos lugares cantámoslle o "Cumpleaños feliz" mentres a nosa amiga sopraba a súa vela de aniversario! Despois disto o que tocaba era encher as nosas barrigolas cunha saborosa tarta temática que preparou a mamá de Martina... Por suposto, a temática non podía ser outra que as baleas! Mirade que chulada: Iso si, os Pondaliñ@s non fomos os únicos invitados a esta celebración. Con nós...

SEMANA DO ENTROIDO: XOVES!

Imaxe
O mércores non puidemos seguir os mandados do Meco, mais no día de hoxe si que o puidemos facer. E nesta ocasión foi por todo o alto, pois tocou traer o noso disfrace favorito, e tivemos moitísima variedade! Superheroes e superheroínas! Personaxes de conto e televisión! Bombeiros e policías! Unicornios! Darth Vader! Princesas! Flamenca e pirata! E aquí estamos todos xuntos coas profes Bea e Rocío! Ademais, aproveitamos a época na que estamos para crear algo moi típico destas datas: máscaras de Entroido! E como non podía ser doutra maneira, transformámonos en baleas! Pintamos a súa cara, picámolos seus ollos e reutilizamos unha palliña para poder agarrala. A mestra fíxonos uns chorros ben simpáticos a modo de diadema e xa tiñamos o atuendo completo! Mirade, mirade:

CONCURSO DE IDEAS: E O ESQUELETO DA BALEA?

Imaxe
Esta semana, a nosa compañeira Noa trouxo unha noticia que falaba de que o esqueleto da balea de Valarés xa se atopaba enterrado no seu sarcófago, detrás do Punto Limpo de Ponteceso, para eliminar toda materia orgánica que recubrise os seus ósos. E por que a enterraban? Pois porque nun futuro tense a intención de expoñer o seu esqueleto nalgún lugar do concello, e para iso convocarase un concurso de ideas. Así pois, reunímonos en asemblea e cada Pondaliñ@ ofreceu un posible lugar no que expoñer o seu esqueleto, así como unha razón para facelo. Decidimos plasmar todas as ideas en papel, para que non se nos esquecese ningunha cando o concello lance ese concurso de ideas, pero como non tiñamos moita idea de como era un esqueleto de balea e como se podía expoñer, inspirámonos no que podemos ver na illa de Fuerteventura. Aquí vos deixamos as nosas propostas, a ver que vos parecen...

PARES E IMPARES, BALEAS E UN PHOTOCALL CIENTÍFICO!

Imaxe
Despois dunha semaniña de ausencia no blog, os Pondaliñ@s queremos facervos un pequeno resumo do que ocorreu durante estes días na nosa aula... Comezamos por esta mañá, pois seguimos avanzando nos nosos coñecementos matemáticos e estamos aprendendo máis sobre os números pares e impares! O primeiro que tiñamos que averiguar era cantas cousiñas quería a profe cando nos pediu "un par de obxectos". Lanzamos números ao azar e quen acertou foi un compañeiro que dixo... 2! Coñecendo isto, era moito máis fácil entender á mestra cando nos pedía un par de pezas, dous pares de botóns ou tres pares de alimentos! E este xogo fixo que entendésemos isto dos números pares e impares á primeira! Claro, se as pezas se agrupaban de par en par (de dúas en dúas) e non sobraba ningunha o número era par! Pola contra, se unha peza quedaba desparellada o número era impar!  E para comprender isto tiñamos que xogar e manipular materiais! Así que apagamos luces, pechamos cortinas e encendemos a mes...

BALEA DE PLÁSTICO!

Imaxe
Como ben sabedes, no día de onte celebramos o Día da Paz, xornada que lle dedicamos á ecoloxista africana Wangari Maathai, unha muller que destinou a súa vida a repoboar bosques en Kenia xunto ás mulleres do "Cinturón verde". Como ben di o noso lema deste ano: "Coidar a natureza é facer paz". Por este motivo, ademais de valorar o traballo destas mulleres de paz, decidimos relacionalo co noso proxecto trimestral e facer unha pequena reivindicación. Os Pondaliñ@s de 5 anos somos moi conscientes da importancia de reducir, reciclar e reutilizar materiais para evitar que estes rematen nos océanos e, como consecuencia, no estómago de moitos animais mariños, como as baleas sobre as que estamos a aprender máis. Pois ben, esta mañá coñecemos a maneira a través da que dúas organizacións fixeron visible esta problemática e denunciaron a grave situación na que viven, entre outros animais, as baleas. Deste xeito, presentáronnos dúas esculturas con forma de balea const...