DÍA DO LIBRO: CONTACONTOS!

Onte, 23 de abril, celebrouse o 'Día do Libro'. Por mor do mal tempo, as actividades que tiñamos previstas na nosa escola para conmemorar esta xornada pospuxémolas para a vindeira semana, mais esta mañá o Concello de Ponteceso agasallounos cun contacontos para festexar este día tan especial. Da man da compañía "A Trastenda dos Contos" e de Felipe Díaz, ao que nós coñecemos como Caxoto Contacontos , a nosa biblioteca encheuse dos contos e cantigas que protagonizan "Contos vellos, novos finais" . Estas historias, ademais de divertirnos, fixéronnos reflexionar sobre a igualdade entre mulleres e homes a través de distintas personaxes de conto coma o lobo feroz, Carrapuchiña e a súa avoa, os tres porquiños ou os sete cabritiños. Aquí vos deixamos un cachiño do que hoxe ocorreu na nosa biblioteca: