Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Entroido

PASARRÚAS DE ENTROIDO!

Imaxe
Esta mañá produciuse o colofón final desta "Semana de Entroido" tan animada! Por fin puidemos enfundar os nosos traxes de superheroes e superheroínas! Así pois, os Pondaliñ@s de 5 anos transformámonos nos Increíbles! E desta maneira, o pasarrúas de Entroido estaba esperando por nós! Aquí vos deixamos tódalas fotiños que sacou Rosario, a mamá do noso compañeiro Roi! Moitísimas gracias! Xa na Praza do Recheo, xunto aos Pondaliñ@s de 3 e 4 anos mostramos os superpoderes que esta gran familia posúe: forza, invisibilidade, elasticidade e velocidade! E para repoñer forzas... Unha merendola con postres típicos destas datas feitos polas familias! Puxémonos as botas! Moitísimas grazas, estaba todo riquísimo! E agora o que toca é desfrutar destas pequenas vacacións! Vémonos o próximo xoves Pondaliñ@s!

SEMANA DO ENTROIDO: XOVES!

Imaxe
O mércores non puidemos seguir os mandados do Meco, mais no día de hoxe si que o puidemos facer. E nesta ocasión foi por todo o alto, pois tocou traer o noso disfrace favorito, e tivemos moitísima variedade! Superheroes e superheroínas! Personaxes de conto e televisión! Bombeiros e policías! Unicornios! Darth Vader! Princesas! Flamenca e pirata! E aquí estamos todos xuntos coas profes Bea e Rocío! Ademais, aproveitamos a época na que estamos para crear algo moi típico destas datas: máscaras de Entroido! E como non podía ser doutra maneira, transformámonos en baleas! Pintamos a súa cara, picámolos seus ollos e reutilizamos unha palliña para poder agarrala. A mestra fíxonos uns chorros ben simpáticos a modo de diadema e xa tiñamos o atuendo completo! Mirade, mirade:

SEMANA DO ENTROIDO: MARTES!

Imaxe
Nesta semana de Entroido, o martes tamén contaba co seu mandado particular: "Ben rechamantes e moi estridentes, o martes vestiremos prendas de cores moi diferentes". E así o fixemos! Tódalas cores inimaxinables tíñamolas nós nos nosos atuendos: azul, amarelo, vermello, laranxa, rosa, verde, violeta... E moitos máis! Parecíamos arcos da vella! Por alí apareceron lazos e diademas multicolor, xerseis extravagantes, tutús brillantes, medias e pantalóns cantosos, zapatos e calcetíns desparellados... E moito máis! Mirade, mirade! Menuda festa hortera montamos!

SEMANA DO ENTROIDO: LUNS!

Imaxe
Esta mañá chegamos á escola con moita alegría e gran ilusión... Sabedes por que? Pois porque xa demos comezo á semana do Entroido!  Coma tódolos anos, temos que cumprir os mandados do Meco, e o que nos propuxo para este luns gustounos moito... Que comodidade! Como ben dicía o mandadiño... "Para comezar ben a semana, o luns viremos en bata e pixama!", e mirade canto caso lle fixemos! Só faltou a guerra de almofadas para que a nosa clase se transformase nunha festa de pixamas! Aquí nos tedes coas profes Bea e Rocío, que por suposto seguiron as ordes do Meco e viñeron dereitiñas da cama coas súas mellores galas! E mañá máis e mellor, a ver con que atuendos nos sorprenden estes Pondaliñ@s! Se hoxe celebramos a festa-pixama... Mañá poderemos celebrar a festa-hortera? Seguro que si, xa vos informaremos!

MANDADOS DO MECO!

Imaxe
Como ben sabedes, a vindeira semana celebraremos o Entroido. O venres, se o tempo acompaña, as superheroínas e superheroes do CEIP Eduardo Pondal realizaremos un pasarrúas polo pobo, pero xa o luns será un día moi festivo, e o martes, o mércores, o xoves... Queredes saber por que? Agora mesmiño volo contamos! Como xa é tradición, o Meco deixounos uns mandados de Entroido... Queredes coñecer os deste ano? Aquí volos deixamos! Agardamos que vos gusten! O luns non teremos nin que vestirnos, pois o primeiro dos mandados é vir en bata e pixama! Iso si, hai que vir ben espertos! O martes revolveremos o armario e viremos o máis chamativos que poidamos! Só temos unha norma... Nada combinará entre si, tódalas prendas que traiamos teñen que ser de cor diferente, incluso os zapatos e os calcetíns! E todo o demais queda á vosa imaxinación: complementos brillantes, diademas rechamantes, tutús rimbombantes... O que se vos ocorra! O mércores tocaría desempeñar algunha profesión,...

OS INCREÍBLES, ROSALÍA DE CASTRO E UN CONCURSO DE SUPERHEROÍNAS!

Imaxe
Durante estes últimos días os Pondaliñ@s de 5 anos estivemos moi atarefados e atarefadas... Como ben sabedes, o día de Entroido os nenos e nenas do CEIP Eduardo Pondal transformarémonos en superheroes e superheroínas, e dende hoxe xa podedes ver o noso hall completamente decorado para a ocasión: X-Animals, Thundermans, Batman, Thor, Superman e Supergirl e, por suposto, os Increíbles. Mirade que ben quedaron as nosas personaxes! Canto lle demos ao pincel e á pintura estes días! Así pois, os Pondaliñ@s de 3 anos encargáronse de Jack-Jack, o bebé da familia, e tamén das letras que conforman a palabra "Increíbles"; os Pondaliñ@s de 4 anos de Dash e Violeta, os irmáns maiores; e os Pondaliñ@s de 5 anos decoramos a Mr. Increíble e a Elastigirl, o papá e a mamá desta superfamilia. Gústanvos? Ademais, xusto alí no hall, decatámonos da presenza dun xogo que se nos fixo moi familiar: Pasapalabra! Nunha das súas paredes vimos un rosco con tódalas letras do abecedario e tamén...

MÁIS DO ENTROIDO!

Imaxe
Fai unha semana que celebramos o Entroido na nosa escola, e grazas a Rosario, mamá do noso compañeiro Roi e membro da ANPA  do noso colexio, temos novos vídeos e novas fotografías deste día tan especial para nós. Moi pronto as poderedes ver todas na web do noso centro. Polo momento, aquí vos deixamos todas nas que aparecemos os Pondaliñ@s de 4 anos: E falando de Exipto, novas aportacións chegaron á nosa aula desde as nosas casas: Brais presentounos o gran libro de "Buscando a Wally", onde esta personaxe se agocha nas ilustracións protagonizadas por diferentes civilizacións. Aquí o tedes no Antigo Exipto! Ademais, grazas a este libro, descubrimos que ademais dos exipcios, os maias, os aztecas e os incas tamén construían pirámides! E a próxima semana veremos algunhas fotografías que a profe sacou en Chichén Itzá (México) da Pirámide de Kukulcán! Grazas compañeiro! Zaira ensinounos a gran pirámide de Keops que construíu coa axuda do seu papá. Increíble! Grazas compa...

ENTROIDO 2018!

Imaxe
No día de hoxe chegamos ben contentos e contentas á nosa escola... Sabedes por que? Pois porque por fin chegou unha das datas máis esperadas para tódolos Pondaliñ@s: o Entroido xa está aquí, e como non podía ser doutra maneira, nós celebrámolo por todo o alto como raíñas e faraóns exipcios! Despois de varias semanas de traballo, por fin puidemos lucir as nosas vestimentas exipcias. Que vos parecen? Nós pensamos que estabamos fantásticos! Ademais, queremos aproveitar para darlle as grazas á profe Silvia por axudarnos tanto no día de hoxe! Axudounos a vestirnos, acompañounos e estivo pendente de nós no pavillón, repartiunos doces de Entroido, botounos unha man no baño... Moitísimas grazas! Despois de prepararnos na aula, por mor do mal tempo non puidemos realizar o tradicional pasarrúas polo pobo. Tivemos que cambialo por un desfile no pavillón... Aquí nos tedes xunto aos nosos compañeiros e compañeiras de 3 e 5 anos! Xa para rematar a xornada, despois de rea...