RETO IV: COMO SE CHAMAN OS SUPERHEROES E AS SUPERHEROÍNAS?

Esta mañá, xusto ao volver do recreo, atopamos unha nova mensaxe do Señor do Tempo... Como podedes ler, ao Señor do Tempo encantáronlle os nosos brazaletes de superheroínas e superheroes, polo que a nosa terceira misión estaba máis que superada e xa podíamos abrir a porta número tres! Así o fixo Lucas, o noso encargado de hoxe: Mais superado un reto, sabemos perfectamente que unha nova misión está esperando por nós... Nesta nova carta o Señor do Tempo pediunos que recordásemos todos os superheroes e superheroínas que xa coñecemos e, sobre todo, que busquemos información para descubrir aqueles outros que aínda son descoñecidos para nós... Por suposto, puxémonos mans á obra! Comezamos cunha chuvia de ideas para descubrir a quen coñecíamos, e para facelo un chisquiño máis divertido xogamos á "Pataca Quente"! Rapidamente, cada Pondaliñ@ tiña que dicir en alto o nome dalgunha superheroína ou dalgún superheroe que coñecese, pasándolle a pataca ao compañeiro ou compañeir...