Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2019

ESTREAMOS O PARACAÍDAS!

Imaxe
Nesta ocasión queremos contarvos o que sucedeu onte na clase de Psicomotricidade coa profe Bea... Descubrimos un novo xogo que nos entusiasmou! Vós sabíades que no almacén do noso pavillón se agochaba un paracaídas? Agora os Pondaliñ@s de 5 anos xa o sabemos, e mirade canto nos divertimos intentando que unha pelota se colase polo seu buraco central!

CLUB DE CIENCIA: MARZO!

Imaxe
Esta tarde os nenos e nenas de 5 anos, xunto ás nosas compañeiras e compañeiros maiores, regresamos á aula de ciencia para realizar o terceiro experimento do club. Este deberíamolo ter feito no mes de marzo, mais por diversos imprevistos, tivemos que pospoñer a sesión ata o día de hoxe. Nesta ocasión, a nosa misión consistía en crear unha lámpara de lava empregando auga, aceite, colorante e pastillas efervescentes.  Queredes saber como o fixemos? Familias, estade ben atentas ao seguinte vídeo: Asi mesmo, recordámosvos que o Club de Ciencias conta cun blog no que ademais de compartir convosco os diferentes experimentos realizados, tamén colgamos outras novas científicas de gran interese. Animádevos a visitarnos en  https://clubdecienciaseduardopondal.blogspot.com/ Agardamos que os Pondaliñ@s se divertisen moito realizando este experimento, pois volveremos nas próximas semanas con novas experiencias científicas. Seguiremos informando!

SUPERANIVERSARIOS DE ABRIL!

Imaxe
No día de hoxe estivemos de celebración! Andrea fíxose maior e xa cumpriu 6 anos. Aquí a tedes no noso marco dos aniversarios! Sen dubidalo, enfundou a súa capa de "Supercumpleañera nº6"! Por suposto, os demais Pondaliñ@s transformámonos en superinvitados e superinvitadas! Como non podía ser doutra maneira, felicitamos á nosa compañeira Andrea, e aquí estamos con Teo, que tamén se quixo unir á celebración! Así mesmo, tamén lle fixemos un bonito agasallo... Un gran libro de debuxos para a nosa compañeira! OS AGASALLOS DE ANDREA! Xa nos nosos lugares, cantámoslle o "Cumpleaños feliz" mentres a nosa amiga sopraba a súa vela de aniversario! Despois disto, o que tocaba era encher as nosas barrigolas cunha saborosa tarta de galleta e chocolate! Iso si, os Pondaliñ@s non fomos os únicos invitados a esta celebración. Con nós tamén quixeron compartir este momento a mamá e a avoa de Andrea!  MOITOS SUPERPARABÉNS E A CUMPRIR MOITO

DÍA DO LIBRO: CONTACONTOS!

Imaxe
Onte, 23 de abril, celebrouse o 'Día do Libro'. Por mor do mal tempo, as actividades que tiñamos previstas na nosa escola para conmemorar esta xornada pospuxémolas para a vindeira semana, mais esta mañá o Concello de Ponteceso  agasallounos cun contacontos para festexar este día tan especial. Da man da compañía "A Trastenda dos Contos" e de Felipe Díaz, ao que nós coñecemos como Caxoto Contacontos , a nosa biblioteca encheuse dos contos e cantigas que protagonizan "Contos vellos, novos finais" . Estas historias, ademais de divertirnos, fixéronnos reflexionar sobre a igualdade entre mulleres e homes a través de distintas personaxes de conto coma o lobo feroz, Carrapuchiña e a súa avoa, os tres porquiños ou os sete cabritiños. Aquí vos deixamos un cachiño do que hoxe ocorreu na nosa biblioteca:

CONCERTO DIDÁCTICO: "RAÍCES"!

Imaxe
Para celebrar o remate deste 2º trimestre de curso, os Pondaliñ@s de 3, 4 e 5 anos visitamos o Pazo da Ópera da Coruña para desfrutar dun concerto didáctico que leva por nome "Raíces". Nesta ocasión viaxamos ata o continente africano a través do canto, a danza e algúns instrumentos de percusión tradicionais. Encantounos! Pero isto non era todo... Despois do concerto visitamos o Parque de Santa Margarida, onde enchemos as nosas barrigolas e, sobre todo, nos divertimos xogando todos xuntos! Aquí vos deixamos un pequeno resumo do que ocorreu nesta xornada tan especial. Agardamos que vos guste, nós pasámolo xenial!

CONCURSO DE SUPERHEROÍNAS: PARABÉNS ROI!

Imaxe
Recordades que os Pondaliñ@s participáramos nun concurso de superheroínas? Pois esta semana o Equipo de Convivencia do centro escolleu os debuxos gañadores, e na aula de 5 anos estamos de noraboa! O noso compañeiro Roi foi un dos gañadores, grazas ao seu retrato de "Súperabrazos", unha superheroína que abraza aos nenos e nenas que se pelexan. Ademais dun gran aplauso de tódolos Pondaliñ@s de 5 anos, o noso compañeiro tamén gañou unha bolsiña de caramelos e un bolígrafo de canciños. Encantoulle! Moitos parabéns Roi! Ademais, aproveitamos o final de trimestre para mostrarvos todo o que estivemos facendo estes últimos días. Xunto aos coelliños de Pascua que xa vos ensinamos, tamén decoramos a superportada da carpeta que contén tódolos traballiños do trimestre e a bolsa primaveral na que os levamos. Aquí vos deixamos a imaxe do que hoxe levou a nosa encargada! Agardamos que vos guste!

COELLIÑOS DE PASCUA!

Imaxe
Como ben prometemos no día de onte, esta mañá rematamos de xuntar tódalas pezas que picamos para transformar un simple vaso nun coelliño de Pascua! Aquí nos tedes aos Pondaliñ@s que faltábamos! Pero isto non era todo... Non botades en falta algo moi característico dos coellos? Claro, faltaban os bigotes! Así que alí llos debuxamos! E cando estaba todo listo... Unha asiña para agarrar, un pouquiño de espuma e o máis importante, os ovos de Pascua! Que vos parece? Agaradamos que vos gusten! E sabedes o mellor de todo? Mañá xa estarán nas nosas casas, pois xa temos todo máis que listo para despedir ao 2º trimestre deste curso!

QUE SERÁ, QUE SERÁ?

Imaxe
Esta mañá iniciamos unha nova manualidade desas que tanto nos gustan, e ata podemos dicir que esta foi unha das nosas favoritas. Pronto saberedes por que... Ímosvos ir dando unhas pistas, a ver se sodes capaces de adiviñar que andamos a argallar! Comezaremos dicindo que o encargado de hoxe nos entregou a cada Pondaliñ@ un vaso de cor rosa cun ollos móbiles e un pompón branco no seu interior... Que será, que será? De seguido, nós empezamos a picar unhas orellas brancas, unhas orellas rosas e pegando unhas sobre as outras. Que será, que será? A continuación, picamos un pequeno nariz de cor negra... Que será, que será? Logo, uns mofletes blancos... Que será, que será? E xa para rematar, uns dentiños de tamaño considerable... Que será, que será? Despois de tantas pistas esperamos que xa saibades de que se trata... Pero se aínda non o descubríchedes, mirade o que pasa cando xuntamos tódalas pezas! Claro! Fixemos un coelliño de Pascua! E aí están as or

RECICLARTE!

Imaxe
Xa sabemos que os Pondaliñ@s temos un pouquiño abandonado o blog esta semana... Pero o final de trimestre está aquí e estivemos traballando moito moitísimo para que o próximo xoves poidamos levar para as nosas casas tódolos traballiños que fomos facendo durante os últimos meses! Seguimos moi involucrados e involucradas no proxecto das baleas, e estamos moi concienciadas e concienciados sobre a importancia de reducir, reciclar e reutilizar materiais. Así pois, volvemos a revolver no noso armario da reciclaxe e decidimos reutilizar algunhas cousiñas que alí atopamos... Desta vez para transformarnos en artistas medioambientais! Primeiro,  como base empregamos algúns dos xornais que sempre usamos para evitar manchar as mesas cando pintamos con pinceis!  Logo, cortamos e pegamos teas que as familias nos mandárades cando recreáramos a Sandwina, a primeira muller forzuda! Seguidamente, atopamos uns brillantes que usáramos para disfrazarnos de exipcias e exipcios, e que por supos

DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO!

Imaxe
Hoxe, 2 de abril, conmemórase o 'Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo', e no hall da nosa escola xa podedes ver este mural creado por algúns compañeiros e compañeiras de Educación Primaria. Aproveitamos esta xornada para explicar algunhas das características deste trastorno que non coñecíamos, e así tamén puidemos entender mellor algúns comportamentos que ás veces vemos no colexio ou na rúa. Coa axuda da profe Silvia falamos longo e tendido sobre o tema, e fíxonos conscientes de que, como nós, as nenas e os nenos con autismo tamén teñen dificultades para realizar algunhas actividades, como facer amigos e relacionarse con eles. Ademais, tamén comprendemos mellor algunhas actitudes que nos estrañaban, como falar en voz moi alta cando non toca ou en lugares nos que non o podemos facer. Pero coma nós tamén, os nenos e nenas con autismo poden realizar outras actividades especialmente ben, chegando a ser auténticos xenios. Nós que imos ao Club de Ciencias... Sabíade