Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2018

XOGOS NA AULA DE MÚSICA!

Imaxe
A profe Luisa envíanos outro vídeo que gravou este martes durante a súa clase. Nel podemos ver aos Pondaliñ@s de 4 anos realizando un divertido xogo: bailar ao son da música, cambiar de parella cando esta para e seguir bailando novamente cun novo compañeiro ou compañeira de baile! Ademais, presentamos novos materiais relacionados co noso proxecto. Nesta ocasión foi a quenda da nosa compañeira Naia, que nos trouxo o peluche dunha foca, un par de contos de Nemo e a Sereíña e tamén un documental sobre tiburóns que xa vimos durante a última hora de hoxe! Gustounos moito!

CROCODILOS NA AULA DE MÚSICA!

Imaxe
Nestas últimas semanas, na aula de Música, os Pondaliñ@s de 4 anos estivemos cantando e bailando unha canción de Susa Herrera titulada " O crocodilo ", recollida no seu libro-disco "Cantos animais". Aquí vos deixamos un vídeo que nos gravou a profe Luisa na clase de onte! Ademais, aproveitamos para comentarvos que hoxe recibimos unha nova mensaxe do Capitán Nemo. Queredes saber en que consiste a nosa nova misión? Premede aquí ! Igualmente, contámosvos tamén que a semana pasada coñecemos ao último membro da familia real do noso País das Letras! Con todos vós... o príncipe E!

CLAUSURA DA ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO!

Imaxe
Esta tarde visitamos o Edificio das Escolas para gozar da actuación dos nenos e nenas da Escola Municipal de Teatro. Aquí nos tedes antes do comezo do gran espectáculo: Non botades en falta a ninguén entre o público? Claro que si, pois a nosa compañeira Zaira xa estaba entre bambalinas por ser unha das protagonistas da obra de teatro que estabamos a piques de ver! As nenas e nenos de Ponteceso representaron a adaptación dunha das obras máis coñecidas de María Victoria Moreno, a escritora galardoada este ano no Día das Letras Galegas. O conto infantil leva por título " Cataventos " e en clave de humor fálanos da igualdade entre mulleres e homes a partir da historia dun galo fachendoso e arrogante que non atura que unha galiña o supere e sexa máis ca el. Aquí vos deixamos algunhas imaxes da nosa compañeira Zaira durante a interpretación do seu papel nesta obra de teatro. Ela representaba a unha das poliñas que o galo empregaba como escalón para subir ao alto campan

IMPLANTACIÓN DA XORNADA ÚNICA DE MAÑÁ.

Imaxe
Estimadas familias: Como ben sabedes, no día de hoxe produciuse a votación, tanto no CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso coma no CEIP As Forcadas de Corme, que pretendía conseguir a implantación da xornada única de mañá en ambos centros. A participación foi do 91,61% en Ponteceso (142 de 155 familias) e do 100% en Corme (43 de 43 familias). En ambos centros se precisaba, como mínimo, un 58% de votos favorables con respecto ao censo total. Así pois, en Ponteceso eran necesarios un mínimo de 90 votos (Porcentaxe do 0,58 x 155 familias = 89,9 votos) e en Corme de 25 votos (Porcentaxe do 0,58 x 43 familias = 24,94 votos). Unha vez realizado o escrutinio, en Ponteceso obtivéronse 92 votos afirmativos fronte a 50 votos negativos. Pola súa banda, en Corme foron 35 votos afirmativos fronte a 8 votos negativos. En ningún centro se depositaron votos en branco ou votos nulos. Aquí vos deixamos as actas que corroboran esta información: Polo tanto, como mestra dos vosos fillos e

CONTOS POR BICOS: VISÍTANOS A MAMÁ DE IZAN!

Imaxe
No día de hoxe continuamos cos "Contos por bicos" e na nosa biblioteca recibimos unha visita moi especial. Esta tarde estivo con nós Raquel, a mamá do noso compañeiro Izan! Contounos a historia de " El monstruo del armario existe... ¡y te lo voy a demostrar! ", un conto no que un neno nos explica por que a súa habitación está sempre desordenada, por que ten tantos calcetíns desparellados ou por que sempre se levanta tan despeinado. O seu papá e a súa mamá cren que todas son excusas que o neno se inventa, mais será o monstro do armario o culpable de todas estas trastadas? Quen sabe... Ao rematar, como non podía ser doutra maneira, botamos un montón de foguetes para celebrar o moito que nos gustou esta historia. Por suposto, como agradecemento á mamá de Izan, enchémola de bicos e achuchóns. Moitas grazas Raquel, volve cando queiras! Ademais, aproveitamos o tempiño que nos quedou despois da nosa visita á biblioteca para presentar novos materiais que trouxer

VISITAMOS O AQUARIUM DA CORUÑA!

Imaxe
No día de hoxe visitamos novamente a cidade da Coruña! Nesta ocasión achegámonos ata a Casa dos Peixes para seguir aprendendo máis sobre os tiburóns e as estrelas de mar, ademais de coñecer novos animais mariños, coma uns peixes de cor branca procedentes do río Nilo, entre outras moitas especies . Pero isto non foi o único que fixemos esta mañá, aquí vos deixamos un pequeno resumo do que foi o día de hoxe. Nós pasámolo xenial!

CONTOS POR BICOS: VISÍTANOS O PAPÁ DE AROA!

Imaxe
No día de hoxe continuamos cos "Contos por bicos" e na nosa biblioteca recibimos unha visita moi especial. Esta tarde estivo con nós Luis, o papá da nosa compañeira Aroa! Contounos a historia de " A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza ", un dos nosos contos favoritos, e no que unha pequena toupa decide preguntar a varios animais se foran eles os que lle deixaran un regaliño na súa testa, mais só coa axuda das moscas puido descubrir ao verdadeiro culpable daquela trastada... Ao rematar, como non podía ser doutra maneira, botamos un montón de foguetes para celebrar o moito que nos gustou esta historia. Por suposto, como agradecemento ao papá de Aroa, enchémolo de bicos e achuchóns. Moitas grazas Luis, volve cando queiras! Ademais, aproveitamos para contarvos que despois dunhas semaniñas desaparecido, por fin tivemos novas noticias do Capitán Nemo. Se queredes coñecer o contido da súa mensaxe, premede aquí ! Como puidéchedes compr

FESTICIENCIA 2018!

Imaxe
Esta mañá, os nenos e nenas do CEIP Eduardo Pondal visitamos a Aldea do Couto para participar en Festiciencia, a primeira Feira Científica da Costa da Morte, organizada pola Fundación Eduardo Pondal. Tan pronto como baixamos dos nosos autobuses, visitamos os diferentes postos científicos situados nas carpas instaladas para a ocasión, onde tamén puidemos volver a ver a antigos alumnos e alumnas da nosa escola. Seguidamente, as nenas e nenos de Educación Infantil baixamos á Casa dos Veciños, onde nos esperaban tres obradoiros diferentes. Xunto ás compañeiras e compañeiros do CEIP de Corme e do CRA de Ponteceso, coñecemos a José María Mosqueira Manso e a Isabel Zendal, e o que estes persoeiros supuxeron para a ciencia a nivel mundial. Despois dunha saborosa merendola, rematamos a xornada con Ricardo Pérez y Verdes e moitos dos xogos do MELGA que con nós quixo compartir. Todos eles con moita ciencia! Aquí vos deixamos un pequeno resumo do que foi o día de hoxe. Pasámolo xenial!

DÍA DA FAMILIA 2018!

Imaxe
No día de hoxe celébrase o Día da Familia, e na aula de 4 anos quixemos ter un pequeno detalle coas nosas familias, as que tanto nos queren e ás que nós tanto queremos! Aproveitando un proxecto tan mariño como é o dos tiburóns e as estrelas de mar, decidimos enviarlle unha mensaxe secreta nunha botella que escribimos con tinta de limón. ESCRIBIMOS MENSAXES CON TINTA DE LIMÓN! As botellas non viaxaron polo mar, pero seguro que chegaron ao seu destino con éxito. Agardamos que vos gustasen os nosos detalliños... Xa nos contaredes que mensaxe escribiron estes Pondaliñ@s!

ANIVERSARIOS DE MAIO!

Imaxe
No día de hoxe estivemos de celebración! Brais, Naia e Aroa fixéronse maiores e xa teñen 5 anos! Aquí os tedes coas súas coroas e as súas chapas conmemorativas no noso marco dos aniversarios! Por suposto, tódolos Pondaliñ@s os felicitamos e aquí estamos con Teo, que tamén se quixo unir á nosa celebración! Xa nos nosos lugares, cantámoslle o "Cumpleaños feliz" mentres as nosas compañeiras e o noso compañeiro sopraban as súas velas de aniversario! Despois disto, o que tocaba era encher as nosas barrigolas cunha saborosa tarta! Iso si, os Pondaliñ@s non fomos os únicos invitados a esta celebración. Con nós tamén quixeron compartir este momento Luis e Mª Carmen, o papá e a mamá de Aroa; Sandra, a mamá de Naia; e José Manuel, Melania e Olalla, o papá, a mamá e a irmá de Brais. Moitos parabéns e a cumprir moitos máis! Agardamos que vos gustasen os nosos agasallos!

CONTOS POR BICOS: VISÍTANOS A MAMÁ DE BRAIS!

Imaxe
No día de hoxe continuamos cos "Contos por bicos" e na nosa biblioteca recibimos unha visita moi especial. Esta tarde estivo con nós Bea, a mamá do noso compañeiro Brais! Contounos a historia dos " Chibos chibóns ", tres cabritos, un grande, un mediano e un pequeno, que deciden baixar da montaña para comer un pouco de herma, mais cando deciden cruzar a ponte atópanse cun ogro moi famento... Seguidamente, presentounos a " Chocolata " e contounos a súa divertida historia. Chocolata é unha hipopótama á que lle encanta darse baños na selva, mais un día descubre que na cidade existe unha casa de baños e alá foi ela a probalos. Durante a súa aventura urbana, Chocolata visita tendas de roupa, zapatarías, restaurantes, hoteis e, por suposto, a casa de baños. Logo, buscou un agasallo para o seu amigo Teófilo e alá volveu á selva co seu chándal e os seus novos tenis de luces. Ao rematar, como non podía ser doutra maneira, botamos un montón de foguetes pa

DAMOS INICIO Á SEMANA DAS LETRAS GALEGAS!

Imaxe
O vindeiro xoves 17 de maio conmemórase o Día das Letras Galegas, e no CEIP Eduardo Pondal quixemos dar inicio no día de hoxe á Semana das Letras Galegas cunha serie de obradoiros que nos achegaron á nosa cultura e, por suposto, á nosa lingua. Aquí vos deixamos un pequeno resumo do que ocorreu esta mañá na nosa escola! Agardamos que vos guste!

OUTRA DÚBIDA RESOLTA!

Imaxe
Como xa lle anunciamos onte ao Capitán Nemo, hoxe tocaba solucionar a outra dúbida que nos formulou o comandante do Nautilus: Cantos brazos utilizan as estrelas de mar para moverse? Xa sabíamos que, ademais de para respirar e alimentarse, tamén empregan os pés ambulacrais para desprazarse. Iso si, sobre o número de brazos que usan as estrelas para moverse non tiñamos nin idea e as hipóteses foron moi variadas. Así pois, decidimos consultar algún dos libros de información da nosa aula e tamén ler algúns artigos de varias páxinas web. Queredes saber que aprendemos? Pois mirade o vídeo que lle enviamos ao Capitán Nemo! Aquí vos deixamos un dos vídeos que vimos para analizar o movemento destes equinodermos! E ao falar de brazos, aproveitamos para coñecer novas especies de estrelas de mar, de múltiples formas, cores e número de brazos. Buscamos varias imaxes na rede, e vimos vídeos coma o seguinte: Con todo o aprendido, ademais de mandarlle estas mensaxes ao comandan

NOVA MENSAXE DO CAPITÁN NEMO!

Imaxe
Esta mañá recibimos unha nova mensaxe do Capitán Nemo! Menuda alegría ao descubrir o moito que lle estaba gustando o noso traballo, e que con todo o que aprendemos e rexistramos nos nosos cadernos de anotacións el comeza a recordar todo o que esqueceu sobre os tiburóns e as estrelas de mar! Como podedes comprobar na súa mensaxe, esta semana temos unha nova misión: descubrir como se moven as estrelas e os tiburóns polos mares e océanos! Se pinchades aquí , podedes escoitar todo o que nos contou... Por suposto, aceptamos o reto e decidimos resolver a primeira das súas dúbidas:  "Os tiburóns flotan?". Xa léramos nalgún libro de información que os tiburóns non podían durmir, xa que se nalgún momento deixaban de nadar, afundíanse no mar. O que non tiñamos moi claro era por que sucedía isto. Buscando e buscando, descubrimos o motivo polo que estes animais mariños non podían flotar. Vós tamén o queredes saber? Pois mirade o vídeo que lle gravamos ao Capitán Nemo para responde

CONTOS POR BICOS: VISÍTANNOS AS MAMÁS DE ROI E LUCÍA!

Imaxe
No día de hoxe continuamos cos "Contos por bicos" e na nosa biblioteca recibimos unha visita moi especial. Esta tarde estiveron con nós María e Rosario, as mamás da nosa compañeira Lucía e do noso compañeiro Roi! Recordades cando fai unhas semanas Leo, o irmán de Roi, veu á nosa clase para contarnos o conto de "A vaca que puxo un ovo"? Pois desta vez, gozamos coa compañía da vaquiña Marjorie e da pitiña Daisy, que nos viñeron relatar a súa propia historia despois de que Daisy cacarexara aquel "Muuuuuuu!" que deixara sorprendido a todo o galiñeiro! Co conto que nos presentaron hoxe, descubrimos que ocorreu durante a primeira semana da pitiña Daisy na escola de vacas! Xa escachamos a rir nada máis ver a indumentaria que traían as dúas mamás, e rindo a gargalladas continuamos escoitando esta divertida historia! Ao rematar, como non podía ser doutra maneira, e como acabades de ver, botamos un montón de foguetes para celebrar o moito quen os gustou

PINTAMOS EN FILM!

Imaxe
Esta tarde aproveitamos o soliño que facía para baixar ao patio e realizar unha das actividades que máis nos gustan: pintar con pinceis! Mais desta vez faríamolo dun xeito moi especial... Non pintamos en papel, tampouco en lenzo, senón que nesta ocasión o fixemos sobre plástico. Si si, o que escoitades, esta tarde os Pondaliñ@s de 4 anos pintamos sobre film! Só tiñamos unha misión que cumprir: crear un par de acuarios! Para iso, reunímonos en asemblea e pensamos en tódolos animais, vexetais e obxectos inertes que podíamos atopar nun acuario... Despois de moito cabilar, e cando cada nena e cada neno tiña claro o que quería debuxar, puxémonos mans á obra! Divididos por equipos fomos pintando as dúas mesas ata transformalas nuns preciosos e artísticos acuarios. Aquí vos deixamos o proceso que seguimos: UN ACUARIO EN FILM! E despois de tanto esforzo, aquí vos deixamos o resultado final. Agardamos que vos gusten os nosos acuarios. Moi pronto descubriredes o uso que lle imos dar.