Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Día da Paz

BALEA DE PLÁSTICO!

Imaxe
Como ben sabedes, no día de onte celebramos o Día da Paz, xornada que lle dedicamos á ecoloxista africana Wangari Maathai, unha muller que destinou a súa vida a repoboar bosques en Kenia xunto ás mulleres do "Cinturón verde". Como ben di o noso lema deste ano: "Coidar a natureza é facer paz". Por este motivo, ademais de valorar o traballo destas mulleres de paz, decidimos relacionalo co noso proxecto trimestral e facer unha pequena reivindicación. Os Pondaliñ@s de 5 anos somos moi conscientes da importancia de reducir, reciclar e reutilizar materiais para evitar que estes rematen nos océanos e, como consecuencia, no estómago de moitos animais mariños, como as baleas sobre as que estamos a aprender máis. Pois ben, esta mañá coñecemos a maneira a través da que dúas organizacións fixeron visible esta problemática e denunciaron a grave situación na que viven, entre outros animais, as baleas. Deste xeito, presentáronnos dúas esculturas con forma de balea const...

DÍA DA PAZ: QUEN FOI WANGARI MAATHAI?

Imaxe
No día de onte visitamos unha das aulas veciñas para que os nosos compañeiros e compañeiras de 3 anos xunto á súa mestra Susana nos falasen da muller que protagoniza o mural que leva días colgado xunto á súa porta e que tanta curiosidade nos producía! Por suposto, recibíronnos moi amigablemente, e de maneira moi amable ofrecéronse a explicárnolo no corredor. Foi deste xeito como coñecemos a Wangari Maathai, unha muller africana que fixo a paz coidando a natureza. Xunto a outras mulleres de Kenia, encargouse de repoboar zonas que foran completamente taladas para transformalas de novo en grandes bosques. E por este motivo, no ano 2004 déronlle o Premio Nobel da Paz! Desta maneira, os Pondaliñ@s de 3 anos explicáronnos todo o que coñecían desta gran muller de paz e da importancia que teñen as árbores para todo o planeta! Pareceunos moi importante o labor que realizou Wangari Maathai, así que decidimos investigar máis sobre ela... Esta mañá, nada máis chegar á nosa aula, escoit...

DÍA DA PAZ: "MOLA CANTIDADE"!

Imaxe
O 30 de xaneiro conmemórase o Día da Paz, e ademais do "Mar de Paz" que nos recibe no hall do noso colexio, hoxe cantamos xunto aos demais compañeiros e compañeiras a canción que levamos un tempo ensaiando coa mestra Luisa titulada "Mola cantidade!" (Mamá Cabra e Carmen Gil)! Aquí podedes ver a nosa actuación: Ademais, esta tarde coñecemos como ía ser a túnica do noso disfrace de faraóns e raíñas, e transformámonos en artesanas e artesáns exipcios para crear as nosas xoias. Aquí nos podedes ver decorando os nosos colares e os nosos brazaletes, para os que reciclamos pratos de cartón e rolos de papel hixiénico.

CONTOS POR BICOS: VISÍTANOS A MAMÁ DE ZAIRA!

Imaxe
No día de hoxe continuamos cos "Contos por bicos" e na nosa biblioteca recibimos unha visita moi especial. Esta tarde estivo con nós María José, a mamá da nosa compañeira Zaira! Contounos unha historia titulada " Agustina, la payasa ", protagonizada por Agustina, a muller do pallaso Agustín. Mentres el actúa, Agustina dedícase a realizar as tarefas do fogar e a coidar dos seus tres fillos. Pero ela, ao que de verdade aspira é a ser unha gran pallasa, aínda que o seu marido llo prohíbe. Grazas a unha dor de moas de Agustín, a nosa protagonista salta a pista do circo para demostrarlle a todo o mundo que pode ser unha gran pallasa. E por suposto que o consegue! Todas e todos podemos dedicarnos ao que máis nos guste, así que como ten que ser, Agustín e Agustina terminaron traballando os dous de pallasos no circo e compartindo as tarefas do fogar e o coidado dos fillos! Bravo por eles! Ao rematar, como non podía ser doutra maneira, botamos un montón de foguetes ...

DÍA DA PAZ!

Imaxe
Hoxe, 30 de xaneiro, conmemórase o Día da Paz! No CEIP Eduardo Pondal decidimos facelo todos xuntos, cantando e bailando o tema que levamos ensaiando coa mestra Luisa desde que volvemos das vacacións de Nadal! Aínda que estivemos un pouquiño cohibidos ao atoparnos con tódolos nenos e nenas maiores, fixémolo moi ben. Aquí nos tendes! Por certo, recordades as nosas pombas da paz? Xa están colocadas no noso mural circense!

POMBAS DA PAZ!

Imaxe
O próximo luns 30 de xaneiro, tódolos alumnos e alumnas da nosa escola celebraremos o Día da Paz. Como ben sabedes, coa mestra Luisa estamos ensaiando o "Baile da Paz", que ese día cantaremos e bailaremos todos xuntos. Ademais, mañá acudiremos ao Auditorio de Cabana de Bergantiños para ver en directo a Mamá Cabra interpretando esta e outras moitas cancións relacionadas coa paz. Pero... Que é iso da paz? Esta tarde tivemos unha pequena conversa na que intentamos definila: dar abrazos, dar bicos, dar caricias, non pegar nin molestar aos demais, xogar tranquilos... Sabendo do que estabamos a falar, xa estabamos preparados para participar no gran mural da paz que construiremos con tódolas nenas e nenos do noso colexio e que moi pronto poderedes ver no noso hall. Para iso, era necesario decorar unhas pombiñas da paz. Aquí nos tendes: E aquí está o resultado final:

BAILE DA PAZ!

Imaxe
O próximo luns, 30 de xaneiro, no CEIP Eduardo Pondal conmemoraremos o Día da Paz! Esta mañá, a mestra Luisa, presentounos a canción que tódolos nenos e nenas da nosa escola cantaremos e bailaremos este día. Titúlase "Baile da paz", é de Mamá Cabra, e aquí vola deixamos, por se a estes Pondaliñ@s lles apetece ensaiala nas súas casas: Ademais, temos unha noticia en primicia! O próximo martes, 24 de xaneiro, as nenas e nenos de 3, 4 e 5 anos, realizaremos unha nova saída! (Nos vindeiros días enviaremos a autorización con toda a información) Xunto ao alumnado do CPI As Revoltas e do CRA Os Remuíños de Cabana de Bergantiños, acudiremos ao Auditorio Municipal do concello veciño para presenciar en directo a actuación de Mamá Cabra, que interpretará cancións do seu libro-disco "A bruxa Discordia. Cancións para a paz" no espectáculo titulado "Paxaro amigo. Músicas para a paz". Na nosa aula, durante estes días, iremos escoitando as diferentes c...