Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Lóxica-Matemática

PARES E IMPARES, BALEAS E UN PHOTOCALL CIENTÍFICO!

Imaxe
Despois dunha semaniña de ausencia no blog, os Pondaliñ@s queremos facervos un pequeno resumo do que ocorreu durante estes días na nosa aula... Comezamos por esta mañá, pois seguimos avanzando nos nosos coñecementos matemáticos e estamos aprendendo máis sobre os números pares e impares! O primeiro que tiñamos que averiguar era cantas cousiñas quería a profe cando nos pediu "un par de obxectos". Lanzamos números ao azar e quen acertou foi un compañeiro que dixo... 2! Coñecendo isto, era moito máis fácil entender á mestra cando nos pedía un par de pezas, dous pares de botóns ou tres pares de alimentos! E este xogo fixo que entendésemos isto dos números pares e impares á primeira! Claro, se as pezas se agrupaban de par en par (de dúas en dúas) e non sobraba ningunha o número era par! Pola contra, se unha peza quedaba desparellada o número era impar!  E para comprender isto tiñamos que xogar e manipular materiais! Así que apagamos luces, pechamos cortinas e encendemos a mes...

A QUE XOGAMOS NA AULA?

Imaxe
Sabíades que os Pondaliñ@s despedimos a semana xogando e iniciamos unha nova do mesmo xeito? Non? Pois aquí volo contamos! O pasado venres divertímonos cun dos xogos cos que nos agasallou o Apalpador! Tratábase dun xogo sensorial onde cos ollos cubertos por un anteface debíamos escoller as dúas texturas que fosen iguais, descartando a que fose diferente. Esperamos a nosa quenda, puxemos en marcha a nosa capacidade de atención e ampliamos o noso vocabulario (duro-brando, liso-rugoso, suave-áspero...) mentres o pasábamos xenial! Esta mañá, o que fixemos foi xogar unha vez máis coas familias de números despois de realizar as rutinas da encargada, mais desta vez gravámolo para que nos vísedes en acción! Como vedes, no mesmo xogo podemos participar tódolos Pondaliñ@s se adaptamos os nosos retos e as nosas preguntas aos diferentes ritmos da aula. Mirade que ben o fixemos!

AGASALLOS QUE VEÑEN E VAN!

Imaxe
Despois dunhas merecidas vacacións, esta mañá tocou regresar á escola! Fixémolo pola porta grande, e nunca mellor dito... Non sabemos se foron os Reis Magos, Papá Noel ou o Apalpador, pero os Pondaliñ@s de 5 anos xa contamos cunha nova porta, igualiña á que teñen as demais aulas do noso colexio! Isto da porta está moi ben, pero a nós, sen dúbida, o que máis nos gustou foi o que nos estaba esperando na nosa alfombra... Unha cheíña de agasallos que deixara o Apalpador para a nosa clase! Mirade, mirade... Comezou Roi coa bolsa máis grande, e nela había... Dúas caixiñas de area máxica coas súas ferramentas correspondentes! Unha das caixas ata traía un molde dunha pirámide! Encantounos! Continuou Alejandro cun regalo bastante pesado, pois o envoltorio contiña... Catro contos! Levan por título "Periplo Atlántico", "Vivan las uñas de colores", "Topito terremoto" e "¡Voy a comedte!". Non coñecíamos ningún deles, pero pronto o faremos... ...

EXISTEN OS EXTRATERRESTRES?

Imaxe
No día de hoxe recibimos unha nova mensaxe de Valentina Tereshkova, e nela pediunos que investigásemos máis sobre un dos temas que máis nos gusta: a vida extraterrestre. Uns opinamos que si existen os alieníxenas, outros que isto non é posible; pero o certo é que ata o momento non temos proba algunha de que existan, mais o universo é infinito... Quen sabe? Ademais, aproveitamos para mostrarvos tódolos avances do noso mapa! Estamos a piques de conseguir que a nosa astronauta favorita regrese á Terra e isto alégranos un montón! Así mesmo, queremos contarvos que fai uns días tivemos unha visita moi especial na nosa aula... O martes estivo con nós Leo, o irmán maior do noso compañeiro Roi. Tróuxonos o seu gran telescopio e explicounos o seu funcionamento, pero como era de día e estaba o ceo cheo de nubes, moito non chegamos a ver... Iso si, sentímonos como Galileo Galilei por uns minutos! Moitísimas grazas Leo, volve cando queiras! Así mesmo, informámosvos tamén ...

ESTREAMOS PDI!

Imaxe
Menuda sorpresa a que levamos esta mañá cando entramos na nosa aula! Alguén nos cambiara a pizarra branca e puxera outra no seu lugar... O que non sabíamos ningún dos Pondaliñ@s era que esa pizarra era moito máis especial que a anterior... ERA UNHA PDI! Unha Pizarra Dixital Interactiva coa que podemos realizar un e mil xogos que se atopan pola rede... Despois das rutinas do encargado, para estreala e ir coñecendo o seu funcionamento, comezamos cuns sinxelos xogos de lóxica e matemática que nos encantaron: contamos estrelas dalgunhas constelacións, seguimos a conta atrás dun foguete a piques de despegar, realizamos series con diferentes formas e cores e completamos algunhas sumas. Aquí vos deixamos as imaxes que o corroboran: ESTREAMOS PDI! Seguidamente, a profe falounos da vindeira semana, da semana do Samaín, e de todo o que ocorrerá os próximos días... O luns, coma tódolos anos, os nenos e nenas maiores virannos a ler un conto relacionado con esta época do ano. Por suposto, par...