Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2018

SEMANA DO SAMAÍN: DISFRACES TERRORÍFICOS!

Imaxe
Coas actividades desta mañá damos por rematada esta semana tan terrorífica, pois a partir de hoxe poderemos desfrutar de catro días libres! Iso si, a Semana do Samaín aínda non remata... O vindeiro luns poderemos traer á escola as nosas cabazas decoradas e os Pondaliñ@s de 5 anos tamén temos preparada algunha que outra sorpresa... No día de hoxe comezamos a mañá observando e falando dos nosos disfraces de Samaín! Viñemos moi auténticos, e como non podía ser doutra maneira, aproveitamos o photocall da entrada para sacarnos unhas fotiños para o recordo. E para iso temos que darlle as grazas á mamá do noso compañeiro Roi e á profe Érica por térnolas quitado! Mirade que xeniais: Ademais, os Pondaliñ@s que as quixeron probar, tomaron algunha das bebidas de Samaín que servían os nenos e nenas maiores nunha barra colocada para a ocasión! Xa na hora da merenda, a nosa compañeira Aroa agasallou a tódolos Pondaliñ@s de 5 anos cun saboroso aperitivo: unhas fantásticas

SEMANA DO SAMAÍN: MERENDAS TERRORÍFICAS!

Imaxe
Esta mañá continuamos celebrando o Samaín, e nesta ocasión tivemos que poñernos mans á masa e cociñar unhas merendas ben terroríficas xunto aos Pondaliñ@s de 3 e 4 anos, e tamén xunto aos nosos compañeiros e compañeiras de 1º de Primaria. Misturámonos uns con outros e así quedaron conformados os grupos: Na aula de 3 anos facendo uns sándwiches con forma de araña coas profes Susana e Bea estiveron... Izan, Mariña, Mario, Marta, Naia e Noa! Na aula de 4 anos transformando plátanos en fantasmas coas profes Teresa e Érica estiveron... Aroa P., Brais M., Daniella, Hugo, Lucas e Nizar. Na aula de 1º transformando galletas en ollos sanguentos coas profes Rocío e Silvia estiveron... Alonso, Aroa V., Claudia, Leila, Xabi e Zaira! (E non nos trabucamos, agora temos dúas profes que se chaman Rocío no noso corredor!) E na aula de 5 anos creando fantasmas de chocolate e dedos sanguentos de queixo coas profes Rocío e Brenda estiveron... Alejandro G., Alejandro V., Brais P., Lucía, Mart

SEMANA DO SAMAÍN: CONTACONTOS TERRORÍFICOS!

Imaxe
Esta semana no CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso celebramos o Samaín, e para dar comezo aos días máis terroríficos do ano, recibimos ás nenas e nenos de 5ºB e á súa mestra Meibel. Entre todos eles destacaba unha alumna en especial... Claro, Ainoa, a irmá da nosa compañeira Claudia! E sabedes por que visitaron a nosa aula? Pois porque prepararon un contacontos moi especial... Viñeron contarnos a historia dun becho estraño! E o mellor de todo, trouxeron ao becho! Si, si, como escoitades... Mirade que ben o fixeron! Canto nos gustou que nos viñeran contar esta historia! Por suposto, os Pondaliñ@s de 5 anos quixemos agradecerlle a súa visita agasallándoos cunha manualidade que preparamos fai uns días... Acordádesvos de que vos contamos que estivemos picando ás e pintando pinzas? Pois con todo iso o que fixemos foi crear uns marcapáxinas con forma de morcego! Esperamos que aos nenos e nenas maiores lle gustasen moito e que lle den moito uso durante as súas lecturas! Moitísimas graza

ESTREAMOS PDI!

Imaxe
Menuda sorpresa a que levamos esta mañá cando entramos na nosa aula! Alguén nos cambiara a pizarra branca e puxera outra no seu lugar... O que non sabíamos ningún dos Pondaliñ@s era que esa pizarra era moito máis especial que a anterior... ERA UNHA PDI! Unha Pizarra Dixital Interactiva coa que podemos realizar un e mil xogos que se atopan pola rede... Despois das rutinas do encargado, para estreala e ir coñecendo o seu funcionamento, comezamos cuns sinxelos xogos de lóxica e matemática que nos encantaron: contamos estrelas dalgunhas constelacións, seguimos a conta atrás dun foguete a piques de despegar, realizamos series con diferentes formas e cores e completamos algunhas sumas. Aquí vos deixamos as imaxes que o corroboran: ESTREAMOS PDI! Seguidamente, a profe falounos da vindeira semana, da semana do Samaín, e de todo o que ocorrerá os próximos días... O luns, coma tódolos anos, os nenos e nenas maiores virannos a ler un conto relacionado con esta época do ano. Por suposto, par

ASTRONAUTAS INGRÁVIDOS NA AULA DE MÚSICA!

Imaxe
Ademais do aniversario do noso compañeiro Mario, hoxe foi un día movidiño na aula de 5 anos... Comezamos a mañá preparando algunhas manualidades relacionadas cunha celebración terrorífica que xa está a piques de comezar: O SAMAÍN! Aproveitando algunhas das follas que trouxemos das nosas casas, cubrímolas todas cunha capa de pintura branca que farán que se transformen nunhas personaxes terroríficas típicas desta época do ano... Si, si, si! Estamos creando uns fantasmas moi medorentos que mañá remataremos e colgaremos das teas de araña que xa inundan o noso corredor! Polo momento só vos podemos mostrar o proceso, mañá ensinarémosvos o resultado final: Así mesmo, mentres nós pintabamos estas follas, a mestra chamounos para estampar a nosa pegada de cor verde nunhas cartolinas moi escuras... Que estaremos tramando? En que se transformará a nosa man? Nós xa o sabemos, moi pronto vós tamén o poderedes descubrir! Aquí vos deixamos ao 'supercumpleañero' de hoxe durante

SUPERANIVERSARIOS DE OUTUBRO!

Imaxe
No día de hoxe estivemos de celebración! Mario fíxose maior e xa cumpriu 5 anos, e aquí o tedes no noso marco dos aniversarios! Sen dubidalo, enfundou a súa capa de "Supercumpleañero nº 5"! Por suposto, os demais Pondaliñ@s transformámonos en superinvitados e superinvitadas! Como non podía ser doutra maneira, felicitamos ao noso compañeiro Mario, e aquí estamos con Teo, que tamén se quixo unir á nosa celebración! Así mesmo, tamén lle fixemos un bonito agasallo... Un gran libro de debuxos para o noso compañeiro! OS AGASALLOS DE MARIO Xa nos nosos lugares cantámoslle o "Cumpleaños feliz" mentres o noso amigo sopraba a súa vela de aniversario! Despois disto o que tocaba era encher as nosas barrigolas cunha saborosa tarta de galleta e chocolate que estaba deliciosa! Non quedou nadiña... Iso si, os Pondaliñ@s non fomos os únicos invitados a esta celebración. Con nós tamén quixeron compartir este momento Ana, Ginés, Noa e Carmen, ou

MANDALAS DE OUTONO!

Imaxe
O noso corredor pouquiño a pouco vai collendo forma e cada día que pasa está máis cheo de cousas... Comezamos polas fiestras, decorando un montón de follas de Outono que xa colocamos arredor de todas elas. No seu interior, os nosos compañeiros e compañeiras de Infantil e 1º de Primaria botaron a voar a súa imaxinación e con follas naturais os de 3 anos encheron uns paraugas que eles mesmos decoraron, os de 4 unhas carretillas que lles quedaron ben fermosas e os de 1º transformaron as súas follas en divertidos animais propios desta estación do ano.  Como non podía ser doutra maneira, os Pondaliñ@s de 5 anos tamén colaboramos nesta actividade, e coas follas que trouxemos das nosas casas, por equipos creamos os nosos mandalas de Outono. Na pantalla da aula proxectamos diferentes exemplos para inspirarnos, insistimos moito na simetría, e tamén na importancia do sentido estético, pois tíñannos que quedar uns mandalas preciosos para alegrar o noso corredor. Coa axuda da profe, por parell