Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Club do Mandilón

NOVIDADES NO CLUB DO MANDILÓN!

Imaxe
Despois duns meses de esforzo, a nosa compañeira Aroa xa ten o seu ansiado carnet do Club do Mandilón! Estira o mandilón na posición correcta, abotóase e desabotóase sen problema e déixao listo para o día seguinte! Benvida ao club e moitos parabéns!

NOVIDADES NO CLUB DO MANDILÓN!

Imaxe
Xa queda menos para completar o noso Club do Mandilón! Despois de moito empeño, a nosa compañeira Daniella xa é capaz de poñer e abotoar o seu mandilón, e tamén de sacalo correctamente, deixando as mangas ben colocadas para o día seguinte! Moitos parabéns!

NOVO MEMBRO DO CLUB DO MANDILÓN!

Imaxe
No día de hoxe estamos de noraboa! Despois duns días poñendo e quitando o mandilón do xeito acordado na aula de 3 anos, o noso compañeiro Roi xa forma parte do noso exclusivo Club do Mandilón, e aquí o temos ben orgulloso co seu carnet! Moitos parabéns!

NOVIDADES NO CLUB DO MANDILÓN!

Imaxe
O día de onte foi un día moi especial, xa que os Pondaliñ@s contamos cun novo membro no noso exclusivo Club do Mandilón! Despois destes meses de esforzo, Izan xa é capaz de botar a voar o mandilón na posición correcta, abotoarse e desabotoarse sen axuda e deixar as mangas listas para o día seguinte! Moitos parabéns!

NOVA INCORPORACIÓN AO CLUB DO MANDILÓN!

Imaxe
No día de hoxe estamos de celebración! O noso Club do Mandilón está a punto de chegar ao seu aforo máximo! Xa quedan poucos Pondaliñ@s sen o seu carnet, e os que faltan está a piques de conseguilo. Esta tarde foi Nizar o que levou o noso aplauso! Noraboa compañeiro!

NOVOS MEMBROS DO CLUB DO MANDILÓN!

Imaxe
No día de hoxe estamos de noraboa! Xa facía tempo que poñiamos e abotoabamos os nosos mandilóns, pero iso de sacar as mangas do dereito aínda nos custaba... Durante varios días fixémolo tan ben, que por fin hoxe a profe Rocío nos entregou os nosos carnets que nos acreditan como membros exclusivos do Club do Mandilón! Noraboa Alonso e Hugo!

NOVAS INCORPORACIÓNS AO CLUB DO MANDILÓN!

Imaxe
Esta semana estamos de noraboa! Dúas nenas e un neno conseguiron o ansiado carnet do Club do Mandilón. Moitos parabéns a Brais Pérez, Claudia e Lucía! Aquí temos aos novos membros da nosa exclusiva asociación...

NOVA INCORPORACIÓN AO CLUB DO MANDILÓN!

Imaxe
Despois dunhas semanas poñendo e quitando mandilóns, abotoando e desabotoando botóns e dándolle unha e outra volta ás mangas... Chegou o momento de colocar unha nova fotografía no noso Club do Mandilón! A nosa compañeira Leila xa é membro deste exclusivo club. Mirade que sorrinte co seu carnet! Queremos informar tamén que hai moitos nenos e moitas nenas que están a piques de conseguilo... Seguro que en moi poucos días tendes noticias nosas!

NOVAS INCORPORACIÓNS AO CLUB DO MANDILÓN!

Imaxe
Novos aplausos se escoitaron na aula de 3 anos! Esta vez as encargadas de recibilos foron Iria, Andrea e Marta, que xa lograron entrar no exclusivo Club do Mandilón, e xa levaron para as súas casas o carnet que o acredita! Mirade que contentas! Mentres, os demais nenos e nenas seguímolo intentando, e seguro que moi pronto aparece unha foto nosa nunha nova entrada deste blog!

NOVAS INCORPORACIÓNS AO CLUB DO MANDILÓN!

Imaxe
No día de hoxe tivemos triple celebración! Mariña, Martina e Alejandro xa son membros do noso exclusivo Club do Mandilón! Que felicidade ao descubrir que xa podíamos ser donos do ansiado carnet! Os demais compañeiros e compañeiras seguimos progresando nisto de poñer e quitar o mandilón, e seguro que moi pronto conseguimos que a nosa fotografía se xunte coas destes nenos e nenas!

PRIMEIROS MEMBROS DO CLUB DO MANDILÓN!

Imaxe
Hoxe foi un día de aplausos e celebracións! Noa, Zaira, Naia e Aroa V. xa son membros do preciado Club do Mandilón! Elas soíñas son capaces de poñelo, abotoalo, desabotoalo e sacalo coas mangas ben colocadas! Mirade que sorrisos orgullosos ensinando o seu carnet exclusivo! Algúns nenos están a piques de conseguilo (só nos queda recordar como sacar o mandilón para que as mangas queden na posición correcta!), e a outros aínda lles custa un pouquiño máis. Pero xa sabemos, con calma, que o importante é facelo ben! Aproveitamos ademais para contarvos que, como cada martes, subimos á biblioteca a pasar un ratiño con Cleo, e nesta ocasión lemos a historia de "Amelia quere un can", un conto que nos trouxo Noa, xa que como ela mesma nos dixo, é un dos seus favoritos.

O CLUB DO MANDILÓN!

Imaxe
Esta mañá, tan pronto como quitamos as chaquetas e as colgamos nos percheiros, deixamos as mochilas nas nosas cadeiras e gardamos as axendas na cesta vermella, démonos conta de que había algo diferente no noso encerado... Unha cartolina de cor amarela que poñía "O club do mandilón", e algo colgado sobre el nunhas pinzas de cores. E como non podía ser doutra maneira, preguntámoslle á mestra Rocío que era aquilo tan estraño! O club do mandilón é un club moi especial, e para pertencer a el temos que cumprir un requisito: poñer, abotoar e sacar o mandilón sen axuda dos mestres ou doutros comapañeiros e compañeiras! Tan pronto como o consigamos, levaremos para as nosas casas eses carnets que colgan desas pinzas de cores, e que nos acreditan como membros exclusivos do club. Sabemos que non hai présa, o importante é intentalo cada día para pouquiño a pouco ir mellorando nesta tarefa que teremos que facer tódalas mañás durante os tres cursos de Educación Infantil! Hoxe foi o ...