Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Recreo

DÍA DO AMOR E DA AMIZADE!

Imaxe
No día de hoxe, 14 de febreiro, celébrase o 'Día do Amor e da amizade', e os Pondaliñ@s de 5 anos comezamos a xornada escoitando un fermoso conto que leva por título "Unha manchea de bicos". Nel cóntase a historia de Kati, unha nena que ten unha caixa cheíña de bicos e sempre os utiliza cos seus amigos, porque un bico senta ben en calquera momento: cando estamos tristes, cando estamos anoxados e tamén cando estamos moi contentos! Iso si, Kati tamén recibe moitos biquiños cando o precisa, porque unha manchea de bicos é o mellor para sentirse feliz! Contóunolo a profe Bea e así espontaneamente xurdiu facer unha cadea de bicos, que foron dun lado ao outro da clase, e que incluso chegou ata a mestra Rocío! Pero iso xa o veredes máis adiante... E aínda que o amor está presente na nosa aula tódolos días, hoxe quixémolo celebrar de maneira especial... Dar bicos é unha gran maneira de regalar amor a todos os que queremos, así que por que non crear a nosa caixiña de...

MANUALIDADES ESPACIAIS!

Imaxe
Ao longo desta semana, entre outras moitas actividades, os Pondaliñ@s de 5 anos fomos realizando diferentes manualidades relacionadas co Universo. Comezamos decorando os 25 foguetes que xa forman parte da nosa porta espacial! Agora entrar na nosa aula é moito máis divertido! Agardamos que vos guste! Esta mañá recordamos as nosas datas de nacemento, e seguindo a táboa que nos trouxo a nosa compañeira Noa, fomos coñecendo cal era o noso astro: Mercurio (Roi, Brais M., Hugo, Daniella e Xabier); Venus (Naia, Alejandro G., Andrea, Aroa P. e Brais P.); Marte (Martina); Saturno (Nizar e Lucas); Urano (Marta); Neptuno (Leila, Noa, Alonso e Alejandro V.); Plutón (Mario, Mariña e Claudia); Sol (Zaira, Lucía e Izan); Lúa (Aroa V.). Logo, decorámolos con algo quen os gusta moito... Pintura e pinceis! Proximamente saberedes que faremos con eles... Neptuno, Marte e Lúa. Plutón e Sol. Venus e Saturno. Mercurio . Ademais, os nenos e a nena que acoden a Atención E...

NOVAS APORTACIÓNS AO PROXECTO!

Imaxe
Esta mañá fixemos a presentación oficial dos novos materiais que durante estes días foron chegando á nosa aula. Moitas grazas pola vosa axuda, familias! Canto estamos aprendendo do Universo grazas a vós! Nizar realizou na súa casa varios debuxos da Vía Láctea e outras galaxias que coñecemos durante esta semana. Grazas compañeiro! Roi mostrounos a súa particular versión do 'Big Bang' e regalounos unha gran explicación sobre como se formaron tódolos planetas do Sistema Solar a partir desa gran explosión. Grazas compañeiro! Mario tróuxonos un libro sobre o Universo co que seguiremos aprendendo máis sobre a temática protagonista do noso proxecto. Grazas compañeiro! Lucas mostrounos un libro que nos fala da formación do noso planeta e que, ademais, nos axudou a recordar o que ocorreu durante o 'Big Bang'. Grazas compañeiro! Xabi ensinounos un súper atlas espacial en 3D que nos axudará a saber máis do Sistema Solar e que nos dará moita ...

SEMANA DO SAMAÍN: CORREDOR DO TERROR E MOITO MÁIS!

Imaxe
No día de hoxe continuamos coas sorpresas de Samaín... Nada máis entrar ao colexio os primeiros sorprendidos fomos nós cando vimos os atuendos e as maquillaxes terroríficas de mestres e compañeiros! Aquí nos tedes aos Pondaliñ@s de 4 anos na nosa versión máis medorenta! E falando de medo, onde algún de nós pasou moito foi no túnel do terror que tódolos anos prepara Teacher no seu corredor! Desta vez os sustos déronnolos uns zombies que saían de ataúdes, pallasos, noivas cadáver e outras personaxes ben medorentas, caixas e bebidas misteriosas... Aquí nos tedes antes de entrar! Como non queríamos que máis monstros nos asustasen, a profe contounos que os podíamos facer desaparecer cun feitizo coma os que fan os bruxos e bruxas de Samaín. Antes de nada, escoitamos esta canción para ver como esta bruxa creaba a súa pócima máxica e así coller algunha idea para a nosa! Feito isto, démoslle renda solta á nosa creatividade e á nosa imaxinación e verbalizando todo o que s...

HOXE AXUDÁRONNOS A SABER MÁIS DOS CARACOIS...

Imaxe
No día de hoxe aprendemos un pouquiño máis sobre os caracois grazas ás aportacións de... Lucía e Roi pasaron unha divertida tarde de manualidades na casa do noso compañeiro e aquí nos mostran estas paisaxes tan caracoleiras que modelaron coas súas mamás. Roi mostrounos os seus caracois terrestres baixo un cogomelo e un ourizo, e Lucía os seus, que paseaban xunto a un mar cheo de cunchas e caracolas ou caracois mariños. Leila trouxo unha cuncha de caracol baleira que atopou no bosque. Grazas a ela hipotetizamos sobre o que ocorreu co corpo dese caracol e chegamos a dúas conclusións: ou o caracol perdeu a súa cuncha e se transformou en babosa ou este morreu e deixou a súa cuncha atrás. Tendo en conta que xa sabemos que babosas e caracois son animais diferentes e que o caracol non perde a súa cuncha, senón que esta medra con eles, deducimos que a opción correcta é a última. Claudia ensinounos unhas caracolas xigantes que conseguiu a súa mamá. Mentres as observábamos, xurdiu...

UN RECREO DIFERENTE!

Imaxe
Como ben sabedes, este venres celebraremos o "P de Pondal", o festival co que despediremos este curso! Por suposto, estades máis que convidados a este evento! As portas ás familias abriranse ás 10:15 horas, e os Pondaliñ@s de 3 e 4 anos seremos os primeiros en actuar, alá polas 10:30 horas. Aquí vos deixamos o cartel que se creou para a ocasión! Que vos parece? Levamos varias semanas ensaiando o noso baile na piscina que se atopa no patio cuberto, pero desde este luns un gran escenario invade a pista de fútbol, e como non podía ser doutra maneira, xa nos subimos a el para practicar un pouquiño máis!  Ademais, contamos cun gran altofalante para poder escoitar a nosa canción durante os ensaios, mais hoxe tamén o utilizamos para transformar o noso recreo nun moi especial... Pasámolo en grande coas cancións que alí soaban, e témoslle que dar as grazas ás profes Ana e Sandra, xa que foron elas as que nos gravaron bailando así de ben! Recoñecédesnos entre tantos nen@s?

PRIMEIROS DÍAS NO PATIO!

Desde este xoves, os Pondaliñ@s xa podemos gozar do recreo, baixando ao patio xunto aos nosos compañeiros e compañeiras de Educación Infantil e tódolos nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria. Mirade que ben o pasamos todos xuntos, correteando polas pistas e xogando no tobogán e nos balancíns! PRIMEIRO DÍA NO PATIO - Kizoa Editar Videos - Movie Maker