Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2018

BO VERÁN E FELICES VACACIÓNS!

Imaxe
O noso segundo curso no CEIP Eduardo Pondal xa rematou e as vacacións xa están aquí! Agora toca descansar e divertirse moitísimo durante estes meses para volver coas pilas ben cargadas en setembro! Que xa imos ser os veteranos de Infantil, menuda emoción!  Ademais, recórdovos a tódalas familias que as fotografías e vídeos que sacamos durante este curso escolar están xa dispoñibles en Google Drive para que os poidades descargar! Pinchade aquí para acceder á carpeta! Bo verán, Pondaliñ@s! ♥

P DE PONDAL!

Imaxe
O de hoxe foi un día cargadiño de emocións! Comezamos a mañá despedindo ao profe Xalo, agasallándoo cun precioso cadro no que as nosas pegadas se transformaron nas follas dunha árbore. Unhas pegadas que estamos máis que seguros de que sempre levará con el alá por onde vaia, na súa memoria e no seu corazón! Persoalmente, quero agradecervos a tódalas familias este detalle tan bonito para o mellor compañeiro de aula que puiden ter desde que comezou esta aventura alá por setembro de 2016! Xa na clase, preparámonos para participar na segunda edición do "P de Pondal", e aproveitamos para sacar unhas fotiños xunto aos Pondaliñ@s de 3 anos. Moitas grazas á profe Silvia pola súa axuda, tanto no día de hoxe durante o festival como a que nos ofreceu durante todo o curso en múltiples ocasións! Despois disto, xa estábamos máis que listos para baixar ao patio e desfrutar do espectáculo! Aquí vos deixamos un pequeno resumo do que foi a seg

ANIVERSARIOS DE VERÁN!

Imaxe
No día de hoxe estivemos de celebración! Aroa, Izan, Lucía, Xabi e Zaira faranse maiores e cumprirán 5 anos nos meses de xullo e agosto. Como mañá remata un novo curso, hoxe tocou celebrar o seu aniversario cun pouquiño de antelación, pois durante os verán non viremos ao cole. Aquí os tedes a todas e todos coa súa coroa e coa súa medalla conmemorativa no noso marco dos aniversarios! Por suposto, tódolos Pondaliñ@s os felicitamos e aquí estamos con Teo, que tamén se quixo unir á nosa celebración! Xa nos nosos lugares, cantámoslle o "Cumpleaños feliz" mentres as nosas compañeiras e os nosos compañeiros sopraban as súas velas de aniversario! Por suposto, seguidamente enchemos as nosas barrigolas cunha saborosa tarta! Iso si, os Pondaliñ@s non fomos os únicos invitados a esta celebración. Con nós tamén quixeron compartir este momento Mónica, Inés e Alejandro, a mamá e os irmáns maiores de Aroa; Raquel, a mamá de Izan; Sandra e Sergio, a mamá e o papá

ALUMNOS VS. MESTRES!

Imaxe
Esta mañá, os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria enfrontáronse a un grupo de mestras e mestres no tradicional partido de fútbol que se celebra no pavillón para celebrar a fin dun novo curso! Nesta ocasión, os Pondaliñ@s de 3, 4 e 5 anos fomos uns espectadores de primeira fila! Aquí vos deixamos algunhas imaxes dun partido no que a gran maioría de nós animamos ao equipo formado polo profesorado, que gañou ao equipo do alumnado por 4 goles a 1!

INVITACIÓN AO "P DE PONDAL"!

Imaxe
Como ben sabedes, este xoves 21 de xuño celebramos a segunda edición do "P de Pondal", o festival de fin de curso da nosa escola! Por suposto, as familias estades máis que convidadas a este evento! As portas abriranse ás 10.15 horas e o festival dará comezo ás 10.30 horas. Estade ben antent@s ao entrar, xa que varios nenos e nenas maiores estarán repartindo uns vales que durante o descanso vos permitirán realizar unha consumición nas barras que instalaremos no patio. Desta vez non seremos os encargados de abrir o festival, senón que os Pondaliñ@s de 3 e 4 anos actuaremos en segunda posición, xusto despois da obra de teatro que representarán os nosos compañeir@s de 5 anos! Recordade que ese día interpretaremos o tema "Esto báilase así" de Uxía Lambona e a Banda Molona, e que deberemos vir vestidos cunha camiseta lisa de cor vermella e pantalón, bermuda ou falda vaqueira. Finalmente, a proposta gañadora para o cartel deste ano foi a que realizou unha compañeira

MERENDOLA DE FIN DE CURSO!

Imaxe
Para celebrar que este curso 2017/2018 está a piques de rematar, os Pondaliñ@s de 3, 4 e 5 anos, reunímonos no noso corredor para desfrutar todos xuntos dunha rica merendola! Aquí vos deixamos algunhas fotografías do que foi esta saborosa mañá: Ademais, nada máis chegar á aula descubrimos a última das mensaxes do Capitán Nemo. Pero desta vez, o seu vídeo viña acompañado duns carnets que nos converteron en capitáns e capitanas de submarino, uns saborosos peixiños que nos agasallou para acompañar a nosa merenda, e tamén unha lupa de súper-aumento e un visor de animaliños para que nunca perdamos as ganas de aprender e seguir investigando. Se queredes escoitar o que nos tiña que dicir, pinchade aquí :

CONVIVENCIA EN VALARÉS!

No día de hoxe celebramos a tradicional convivencia do CEIP Eduardo Pondal na praia de Valarés! Cando cheguemos a Primaria poderemos ir camiñando dende o colexio, pero polo momento toca montarse no autobús, cousa que, por certo, nos encanta! Nada máis chegar untámonos de crema protectora e xunto aos nosos compañeiros e compañeiras xogamos no areal con tódolos cachibaches que levamos do cole! Logo, subimos ao piñeiral para encher as nosas barrigolas cuns ricos bocatas e o que mías nos gustou, un saborosos xeados!  A maioría de nós volvemos ás nosas casas sendo croquetas de area, e iso só pode significar que o pasamos estupendamente ben! Aquí vos deixamos un pequeno resumo do que foi o día de hoxe: Valarés 2018!

ANIVERSARIOS DE XUÑO!

Imaxe
No día de hoxe estivemos de celebración! Hugo, Roi e Brais fixéronse maiores e xa teñen 5 anos! Aquí os tedes coas súas coroas e as súas chapas conmemorativas no noso marco dos aniversarios! Por suposto, tódolos Pondaliñ@s os felicitamos e aquí estamos con Teo, que tamén se quixo unir á nosa celebración! Xa nos nosos lugares, cantámoslle o "Cumpleaños feliz" mentres os nosos compañeiros sopraban as súas velas de aniversario! Despois disto, o que tocaba era encher as nosas barrigolas cunha saborosa tarta! Iso si, os Pondaliñ@s non fomos os únicos invitados a esta celebración. Con nós tamén quixeron compartir este momento Rosario, Suso e Leo, a mamá, o papá e o irmán maior de Roi; José Andrés e Bea, o papá e a mamá de Brais; e Eva e David, a mamá e o papá de Hugo. Moitos parabéns e a cumprir moitos máis! A próxima semana estarán listos os vosos agasallos, agardamos que vos gusten moito!

ACTUACIÓN DE PACO NOGUEIRAS!

Imaxe
Esta mañá recibimos unha gran visita no noso patio e pasamos un anaquiño con... PACO NOGUEIRAS! Xa coñecíamos moitas das súas cancións, e hoxe puidemos desfrutalas en directo! Aquí vos deixamos algunhas imaxes e algúns vídeos do que ocorreu esta mañá!

NOVA MENSAXE DO CAPITÁN NEMO!

Imaxe
Esta mañá recibimos unha nova mensaxe do Capitán Nemo e, por suposto, temos un novo reto a superar. Se queredes descubrir que foi o que nos dixo este persoeiro, só tedes que clicar aquí . Ademais, aproveitamos para presentarvos novos materiais que chegaron á nosa aula: Hugo tróuxonos o gran éxito da nosa zona do proxecto: un libro que leva por título "Bajo las olas del mar". Ademais, veu cunha peza de madeira con forma de peixe, tres tiburóns e catro estrelas. Grazas a un par delas, puidemos ver e tocar os pés ambulacrais e as espiñas dunha estrela real. Zaira mostrounos o conto da Sereíña onde puidemos ver varias estrelas de mar, e tamén un par de velas de aniversario coa forma destes equinodermos. Roi amosounos tres estrelas de mar, e unha delas é un molde que poderemos levar se finalmente o tempo nos deixa realizar a saída a Valarés! Lucía chegou con tres coloridas estrelas de mar e unha marioneta de dedo con forma de tiburón! Por último, Alejandro