Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2017

TEACHER, LEILA E ALONSO AXÚDANNOS A SABER MÁIS DOS ESQUIMÓS!

Imaxe
Esta tarde, coma tódolos martes, tocou subir ao segundo piso para visitar a biblioteca. Antes de saúdar á nosa amiga Cleo, achegámonos ata a aula de English, onde a Teacher, xunto aos seus alumnos e alumnas maiores, montou unha exposición sobre o mar, xa que é o proxecto que están a realizar. Os Pondaliñ@s cada vez sabemos máis dos esquimós, e algo que xa coñecemos é que o seu mar é o Océano Ártico, onde eles pescan montados nos seus kaiaks e nos seus umiaks. Estivemos vendo todos os animais mariños que alí había, e pensamos cales podían vivir no Polo Norte e cales non. O que máis nos gustou foi unha foca que trouxera Olalla, a irmá do noso compañeiro Brais Pérez. Ademais, serviunos para confirmar algo que lemos estes días nun dos libros que temos na clase: as focas bebés son de cor branco (como as que nos trouxeron Iria e Brais P.!), pero cando se fan maiores serán grises ou negras (como a que levou Olalla!). Tamén chegamos á conclusión de que a foca de Olalla é a mamá da foca de Br

NOVA INCORPORACIÓN AO CLUB DO MANDILÓN!

Imaxe
No día de hoxe estamos de celebración! O noso Club do Mandilón está a punto de chegar ao seu aforo máximo! Xa quedan poucos Pondaliñ@s sen o seu carnet, e os que faltan está a piques de conseguilo. Esta tarde foi Nizar o que levou o noso aplauso! Noraboa compañeiro!

DÍA DA PAZ!

Imaxe
Hoxe, 30 de xaneiro, conmemórase o Día da Paz! No CEIP Eduardo Pondal decidimos facelo todos xuntos, cantando e bailando o tema que levamos ensaiando coa mestra Luisa desde que volvemos das vacacións de Nadal! Aínda que estivemos un pouquiño cohibidos ao atoparnos con tódolos nenos e nenas maiores, fixémolo moi ben. Aquí nos tendes! Por certo, recordades as nosas pombas da paz? Xa están colocadas no noso mural circense!

NOA, ALEJANDRO, AROA P., NAIA E MARTINA AXÚDANNOS A SABER MÁIS DOS ESQUIMÓS!

Imaxe
A nosa mesa e a nosa cortiza do proxecto está máis chea que nunca! Queredes saber por que? Mirade, mirade! Noa tróuxonos un DVD cunha película que ten como protagonista a un oso polar. Como é bastante longa, irémola vendo aos cachiños para non perdernos nada dela! Moitas grazas compañeira! Alejandro ensinounos unha maqueta chulísima do Polo Norte que fixo coa súa mamá. Alí podemos ver a neve, un iglú, un oso polar, unha fogueira que os esquimós usan para quentarse e cociñar, un kaiak no que vai un esquimal a pescar... Encantounos! Moitas grazas Álex! Aroa Penedo mostrounos o seu osiño polar, que xa descansa cos outros osiños na nosa mesa dos esquimós. Grazas Aroa! Naia tamén nos trouxo outro osiño polar, pero este traía un sonaxeiro no seu interior! Grazas compañeira! Martina tróuxonos varias imaxes que buscou e decorou coa súa mamá: a vestimenta dun esquimó, algúns inuits nun iglú, nun trineo e pescando, un par de cans árticos, unha morsa... Moitas grazas Mart

TEO VOLVE DA CASA DE... ALONSO!

Imaxe
Esta mañá, a nosa mascota de cor verde regresou á escola, acompañado do noso compañeiro Alonso, co que pasou a fin de semana. Seguide lendo se queredes coñecer as súas aventuras! O venres, tan pronto como saíron do cole, Teo, Alonso e a súa irmá Sabela pasaron a tarde na casa dos seus amigos Teo e Mario. Si, Alonso ten un amigo que se chama igual que a nosa mascota! Que sorte! Alí estiveron xogando moi animadamente, e tan ben o pasaron xuntos que ata quedaron a cear. Logo, era hora de marchar para a súa casa, e como estaban moi cansos, aproveitaron para meterse na cama dos seus papás e sacar unha fermosa foto! O sábado tocou madrugar para ir a unha andaina de dous quilómetros polo Couto, onde o profesor Luís Giadás lles explicou a historia dalgúns dos lugares desta aldea. Por certo, se por alí víchedes a Spiderman, non estabades equivocados, víchedes ben, xa que Alonso levou a súa máscara! Despois da andaina, correron cara o Pavillón, para ver un partido de fútbol dos nenos de 6 an

ANIVERSARIOS DE XANEIRO!

Imaxe
Este venres, os Pondaliñ@s celebramos o aniversario de Lucas, que cumpriu 3 anos durante as vacacións de Nadal. E tamén era a quenda de Nizar e Iria, os maiores da clase, que xa teñen 4! Mirade que guapos co noso marco dos aniversarios, coa súa coroa e coa súa chapa conmemorativa!     Por suposto, todos os seus compañeiros e compañeiras os felicitamos, e aquí estamos con Teo, que tamén se uniu á celebración! E xa sentados nas nosas cadeiras, era o momento de cantar o "Cumpleaños feliz" e de soprar as nosas velas de aniversario! E despois, que tocaría facer? Pois encher as nosas barrigolas con esta rica tarta, acompañados duns saborosos zumes! ÑAM, ÑAM! Pero aínda tiñamos unha sorpresa para este día tan especial! A mamá de Lucas, os papás de Nizar e os papás de Iria (aínda que o papá tivo que marchar antes da foto) tamén estaban invitados á nosa celebración! MOITOS PARABÉNS E A CUMPRIR MOITOS MÁIS!

TEO VIAXA Á CASA DE... ALONSO!

Imaxe
Esta tarde, a nosa mascota de cor verde emprendeu unha nova viaxe, nesta ocasión cara a casa do noso compañeiro Alonso! Que aventuras lle ocorrerán a Teo? Quen sabe? Nuns días descubrirémolo! A pasalo moi ben durante esta fin de semana!

MOCHILA VIAXEIRA: NAIA!

Imaxe
A nosa mochila viaxeira xa se atopa na casa da nosa compañeira Naia! Esperamos que o pases xenial coas historias que agochan eses libros! O próximo venres terás que contarnos cal foi o conto que máis che gustou!

TEO VOLVE DA CASA DE... MARTINA!

Imaxe
Aínda que a nosa mascota de cor azul xa regresou onte da casa da nosa compañeira Martina, non puidemos coñecer as súas aventuras ata esta mañá, xa que como ben sabedes, o de onte foi un día especial e moi movido e non tivemos tempo para case nada! Pero hoxe si puidemos saber o que ocorreu durante esta fin de semana tan especial... O venres, nada máis chegar, Martina e Teo merendaron xuntos, e despois de xogar un cachiño na habitación da nosa compañeira, decidiron descansar no sofá. Logo, a nosa mascota volveu montar nun tractor para recoller leña co papá e co avó de Martina. Estaban tan traballadores que tamén lle axudaron a colgar a roupa á mamá da nosa compañeira e aproveitaron tamén para xogar un cachiño cun cartón que por alí atoparon. Despois, era momento de preparar a cea, e alí estiveron Teo e Martina cascando ovos para a sopa tan rica que quentou as súas barrigolas antes de ir durmir. O sábado, como non había cole, aproveitaron para estar un cachiño máis na cama, antes de i

CONCERTO DE MAMÁ CABRA!

Imaxe
Esta mañá, os Pondaliñ@s realizamos unha nova saída. Tocaba montar no autobús para visitar o concello veciño de Cabana de Bergantiños! Con nós levamos a un invitado moi especial, a ver se adiviñades de quen falamos... Ao chegar ao auditorio, atopámonos cos nenos e nenas do CPI 'As Revoltas' e do CRA 'Os Remuíños', que tamén estaban esperando para ver a actuación de "Mamá Cabra". Despois duns minutiños de espera... POR FIN COMEZABA! E despois dunha hora de actuación onde cantamos e bailamos todos xuntos, Mamá Cabra xa se despedía, pero... AÍNDA NON CANTARA O BAILE DA PAZ! Si, ese que ensaiamos coa mestra Luisa! Menos mal que o profe Xalo sabía que nos facía moita ilusión escoitar esta canción e foi falar con eles... Por suposto, Mamá Cabra non nos fallou! Aquí nos tendes: Foi un día diferente e pasámolo moi ben! Ata a próxima!

BRAIS M., ANDREA, LUCÍA, CLAUDIA, ZAIRA E IRIA AXÚDANNOS A SABER MÁIS DOS ESQUIMÓS!

Imaxe
Esta semana, nova información chegou sobre os esquimós! Canto estamos aprendendo! Temos tantas cousiñas sobre eles que ata tivemos que empregar a mesa do corredor para expoñer algúns dos materiais e así mostrarllos tamén aos nosos compañeiros e compañeiras maiores e ás mestras e mestres das outras aulas! Moitas grazas ás familias pola vosa colaboración! Brais M., o pasado venres, ensinounos o peluche dun Husky Siberiano, un deses canciños que tiran dos trineos que usan os esquimós para desprazarse polo Polo Norte. Observamos e contamos as súas partes do corpo, tamén a cor dos seus ollos e do seu pelo... Encantounos! Ademais, tróuxonos un libro con moitísima información sobre os inuits e cunhas imaxes chulísimas de todo o que podemos atopar no Polo Norte e tamén no Polo Sur, alí onde viven os pingüinos! Moitas grazas Brais! Andrea tróuxonos un montón de información sobre os inuits nun libriño que xa colgamos no noso "Corcho dos esquimós". Axudounos a saber algo máis

POMBAS DA PAZ!

Imaxe
O próximo luns 30 de xaneiro, tódolos alumnos e alumnas da nosa escola celebraremos o Día da Paz. Como ben sabedes, coa mestra Luisa estamos ensaiando o "Baile da Paz", que ese día cantaremos e bailaremos todos xuntos. Ademais, mañá acudiremos ao Auditorio de Cabana de Bergantiños para ver en directo a Mamá Cabra interpretando esta e outras moitas cancións relacionadas coa paz. Pero... Que é iso da paz? Esta tarde tivemos unha pequena conversa na que intentamos definila: dar abrazos, dar bicos, dar caricias, non pegar nin molestar aos demais, xogar tranquilos... Sabendo do que estabamos a falar, xa estabamos preparados para participar no gran mural da paz que construiremos con tódolas nenas e nenos do noso colexio e que moi pronto poderedes ver no noso hall. Para iso, era necesario decorar unhas pombiñas da paz. Aquí nos tendes: E aquí está o resultado final:

TEO VIAXA Á CASA DE... MARTINA!

Imaxe
Esta tarde, a nosa mascota de cor azul montouse no autobús das xirafas para pasar unha fin de semana diferente coa nosa compañeira Martina! Que ocorrerá durante estes días? A onde irá Teo? A quen coñecerá? A estas e máis preguntas daranlle resposta eles mesmos nuns días! A pasalo moi ben, raparigos!

MOCHILA VIAXEIRA: NIZAR!

Imaxe
A nosa mochila viaxeira volveu esta mañá ao cole, pero moi pronto emprendeu camiño de novo. Desta vez cara a casa de Nizar! Pásao moi ben lendo tódolos contos que aí se agochan! O próximo venres terás que contarnos cal foi a historia que máis che gustou!

BRAIS P., MARIÑA E HUGO AXÚDANNOS A SABER MÁIS DOS ESQUIMÓS!

Imaxe
Onte foi un día atarefado e non tivemos tempo de explicar as cousiñas que nos trouxeron algúns dos Pondaliñ@s relacionadas co noso proxecto dos esquimós! Pero hoxe si, hoxe foi o día! Mirade, mirade! Brais Pérez mostrounos un pingüín do Polo Sur. Analizamos tódalas partes do seu corpo, e ata houbo nenos e nenas que atoparon similitudes coas focas do Polo Norte: non teñen orellas e teñen aletas para nadar máis rápido. Grazas pola túa aportación Brais! Mariña ensinounos un montón de debuxos relacionados cos esquimós. Como ela xa se está convertendo nunha experta no mundo dos inuits, foi a encargada de explicar todo o que alí se vía! Moi ben Mariña! Hugo tróuxonos un conto titulado "Ura y Unga. Que en esquimal significa amistad". Como xa era hora de merendar, hoxe non puidemos lelo, pero prometemos facelo mañá! Xa vos contaremos de que fala... Pero, sen dúbida, o que máis nos gustou foron as canas de pescar e os peixiños que nos trouxo o noso compañeiro. Como el b

PINTAMOS CON XEO!

Imaxe
Na tarde de onte, os Pondaliñ@s descubrimos que para pintar non sempre precisabamos ceras, rotuladores ou pinceis. Por primeira vez, pintaríamos con xeo! Por equipos, Xalo e Rocío distribuíron as cores do Polo Norte (branco, azul, gris, violeta, añil e verde) nuns pequenos botes, nos que nós introducimos unha pedra de xeo para logo plasmar toda a nosa arte nunha cartolina, e así crear a nosa particular versión do lugar no que habitan os nosos amigos os esquimós. Esta mañá, ao chegar á aula, descubrimos que xa secaran, así que aproveitamos para sacar unha foto coas nosas creacións! Xa veredes que faremos con elas, polo momento están expostas no corcho da nosa clase!  Que vos parecen?