Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2019

BALEA DE PLÁSTICO!

Imaxe
Como ben sabedes, no día de onte celebramos o Día da Paz, xornada que lle dedicamos á ecoloxista africana Wangari Maathai, unha muller que destinou a súa vida a repoboar bosques en Kenia xunto ás mulleres do "Cinturón verde". Como ben di o noso lema deste ano: "Coidar a natureza é facer paz". Por este motivo, ademais de valorar o traballo destas mulleres de paz, decidimos relacionalo co noso proxecto trimestral e facer unha pequena reivindicación. Os Pondaliñ@s de 5 anos somos moi conscientes da importancia de reducir, reciclar e reutilizar materiais para evitar que estes rematen nos océanos e, como consecuencia, no estómago de moitos animais mariños, como as baleas sobre as que estamos a aprender máis. Pois ben, esta mañá coñecemos a maneira a través da que dúas organizacións fixeron visible esta problemática e denunciaron a grave situación na que viven, entre outros animais, as baleas. Deste xeito, presentáronnos dúas esculturas con forma de balea const

DÍA DA PAZ: QUEN FOI WANGARI MAATHAI?

Imaxe
No día de onte visitamos unha das aulas veciñas para que os nosos compañeiros e compañeiras de 3 anos xunto á súa mestra Susana nos falasen da muller que protagoniza o mural que leva días colgado xunto á súa porta e que tanta curiosidade nos producía! Por suposto, recibíronnos moi amigablemente, e de maneira moi amable ofrecéronse a explicárnolo no corredor. Foi deste xeito como coñecemos a Wangari Maathai, unha muller africana que fixo a paz coidando a natureza. Xunto a outras mulleres de Kenia, encargouse de repoboar zonas que foran completamente taladas para transformalas de novo en grandes bosques. E por este motivo, no ano 2004 déronlle o Premio Nobel da Paz! Desta maneira, os Pondaliñ@s de 3 anos explicáronnos todo o que coñecían desta gran muller de paz e da importancia que teñen as árbores para todo o planeta! Pareceunos moi importante o labor que realizou Wangari Maathai, así que decidimos investigar máis sobre ela... Esta mañá, nada máis chegar á nosa aula, escoit

QUEN DIXO MEDO?

Imaxe
Fai tempo que aos Pondaliñ@s de 5 anos nos invitaron a formar parte da campaña "Quen dixo medo?" , un programa de sensibilización contra a violencia de xénero. Esta mañá, na nosa aula recibimos a Raquel e a Sandra, que viñeron contarnos "Quérote case sempre" , a historia de amor entre Rita e Lolo, dúas personaxes que a pesar de ser moi diferentes quérense moito e adáptanse un ao outro para vivir en harmonía. Despois duns minutos de conversa e reflexión, propuxéronnos crear aos nosos Lolos e Ritas particulares, así que nos puxemos mans á obra... Entre coloreado e coloreado pegámoslle ollos: Logo, colocámoslle as antenas: Por último, decorámolas con pompóns e pegámoslle un depresor para transformalas en monicreques: E este foi o resultado final: Gustounos moito esta experiencia e pasámolo xenial! Agora só queda conseguir o libro para a nosa biblioteca de aula e así seguir reflexionando sobre este tema tan importante. Moitas grazas

RECIBIMOS A VISITA DUN RESCATISTA DE BALEAS!

Imaxe
Esta mañá recibimos a visita de alguén moi especial na nosa aula... Recordades que a nosa compañeira Aroa Penedo nos contara que o seu papá foi un dos encargados de rescatar á balea varada de Valarés? Pois hoxe Luis estivo con nós para explicarnos tódolos detalles desta fazaña e responder tódalas preguntas que tiñamos preparadas, así como algunha outra que xurdiu ao longo desta asemblea tan diferente! Estas son algunhas das cousiñas que aprendemos... Vós coñecíades estes datos? A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA)  tomou mostras para descubrir por que morreu a balea, xa que aínda non se coñece a causa do seu falecemento. A balea levaba 4 ou 5 días morta no mar, e foron as mareas vivas destes días as que a trouxeron ata a area de Valarés. A balea era un macho duns 8 anos e non ten nada que ver co ballenato que atoparon en Muxía días atrás. Custoulle moitísimo tempo rescatala, estiveron traballando dende as 9 da mañá ata as 5 da madrugada. Pesaba moitísim