Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Inuits

FIN DE TRIMESTRE!

Imaxe
Durante estas últimas semanas estivemos preparando algunha que outra cousiña na nosa aula, pero decidimos non subir nada disto ao noso blog para que hoxe se transformase nunha divertida sorpresa para as nosas familias! Comezamos polas bolsas, moi acordes con esta época do ano! Picamos o ovo e as patas que forman parte da nosa galiña, e tamén lle colocamos os ollos e o peteiro. A profe encargouse de montala xa que a nós resultábanos un tanto complicado! Mirade que bonitas nos quedaron!  Seguimos coas portadas do libro que recolle tódalas fichiñas que fomos facendo durante este trimestre. Para rememorar o Entroido, transformámonos nuns divertidos pallasetes! Creamos unha perruca con pintura e pincel, cun rotulador especial fixemos unhas pestanas ben longas, e con gomets de cores colocamos o nariz e os mofletes! Para rematar, pintamos uns simpáticos sombreiros e unhas coloridas paxariñas que nos transformaron nunhas pallasas e nuns pallasos de primeiro nivel! Ademais, para darl...

NA BUSCA DO TESOURO PERDIDO...

Imaxe
Esta tarde, moi tranquilos estabamos entrando na nosa clase cando o profe Xalo berrou por nós, xa que no seu despacho aparecera unha carta, e os seus destinatarios eramos os Pondaliñ@s de 3 anos! Alguén nos ofrecía ir na busca dun tesouro, pero para iso tiñamos que responder correctamente a unha serie de preguntas para conseguir novas pistas que nos levasen a un prezado tesouro! Por suposto, non dubidamos en aceptar este reto, e despois de moito buscar, atopámolo... UNHAS CANAS DE ESQUIMÓS E UN MONTÓN DE ANIMAIS MARIÑOS QUE NOS ENCANTARON! Aquí vos deixamos un pequeno resumo do ocorrido no día de hoxe: Pasámolo estupendamente, e este xogo tan divertido axudounos a pechar o noso proxecto sobre os esquimós, recordando de forma lúdica todo o aprendido durante estes meses. Ademais, xogamos a pensar, xa que descifrar esas pistas non era tan doado como parecía; melloramos a nosa orientación espacial, pois practicamente recorremos todo o colexio; practicamos algunha normas sociais cos ...

"O ESQUIMÓ" DE MATISSE!

Imaxe
No día de hoxe coñecemos unha das moitas obras de Henri Matisse: "O esquimó". Nun principio só viamos terra, alfombras, pedras, follas... Pero cando a mestra nos informou do título deste cadro, fomos asociando algúns elementos co mundo polar: o branco da neve, o azul do mar, o rosa das auroras boreais, o amarelo da terra que aparece cando a neve se derrete, as plantas que alí medran... E aínda que Matisse creou esta obra cos seus pinceis e as súas pinturas, os Pondaliñ@s recreámola a través do collage, coma se este cadro fose un quebracabezas, peciña a peciña. Primeiro o rectángulo amarelo, logo o violeta, seguidamente o cadrado rosa e por último a cara do esquimó. Iso si, aínda nos quedaba debuxar as follas, non nos podiamos esquecer delas. Aquí nos tendes co profe Xalo, que nos estivo botando unha man nesta tarefa! Queredes ver o resultado final? Aquí nos tendes coas nosas obras de arte! Que vos parecen?

RECICLAMOS CON SOGAMA!

No día de onte recibimos unha visita moi especial. Foi a de Mayra, unha enxeñeira que colabora con SOGAMA, a Sociedade Galega do Medio Ambiente, que nos axudou a seguir aprendendo sobre isto da reciclaxe. Primeiro, observamos os residuos que ela sacaba de dúas papeleiras, unha de cor azul e outra de cor amarela. Logo, os Pondaliñ@s que se presentaron voluntarios, axudáronlle a introducilos no colector correspondente. Feito isto, axudámoslle a Álex (un neno que vimos nun vídeo) a reciclar todo o lixo que tiña na súa casa despois da súa festa de aniversario. Finalmente, Mayra regalounos uns pequenos cadernos sobre a reciclaxe. Moitas grazas pola visita! Seguiremos os teus consellos para seguir coidando o medio ambiente! RECICLAMOS CON SOGAMA - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

MARTA E MARTINA AXÚDANNOS A SABER MÁIS DOS ESQUIMÓS!

Imaxe
Antes das vacacións de Entroido as nosas compañeiras Marta e Martina trouxéronnos novos materiais relacionados co Polo Norte. Esta semana por fin puidemos falar deles! Marta tróuxonos un iglú feito con terronciños de azucre. Foi a súa mamá a que lle axudou a construír esta vivenda esquimó! Moitas grazas pola túa aportación! Martina mostrounos o seu xogo de pesca, onde cun par de canas podemos pescar peixes, morsas, polbos, cabaliños e estrelas de mar, un tesouro... Moitas grazas compañeira!

PAPELEIRAS DE RECICLAXE!

Imaxe
Esta mañá, despois das rutinas, a mestra ensinounos esta imaxe, e todos xuntos na alfombra estivemos falando sobre o que alí viamos. Coa axuda deste vídeo, a profe explicounos por que o Polo Norte estaba quedando sen xeo. Conforme ían pasando as imaxes, Rocío explicábanos o que estabamos a ver, o malo que era para o mundo e como podiamos cambiar nós iso. Como é un tema moi complexo sobre o que seguiremos afondando conforme vaia pasando o tempo, polo momento quedámonos coa importancia de non malgastar as cousas que temos , reutilizándoas (como fixemos no cadro de Sandwina) e reciclándoas (como faremos a partir de hoxe na nosa aula). Aínda nos custa recordar e pronunciar a palabra "reciclar", así que moitos Pondaliñ@s optamos por "transformar". Nos próximos días toca familiarizarnos coas cores da reciclaxe, pero o que xa temos claro son os materiais que podemos reciclar. Para iso, entre todos intentamos pensar nas cousas de plástico, papel e vidro que coñe...

CARETAS POLARES!

Imaxe
Aproveitando que estamos no Entroido e aprendendo un pouquiño máis sobre o Polo Norte, a profe propúxonos unir estas dúas temáticas... Como? Pois decorando caretas dalgúns dos animais polares que xa coñecemos! Aquí nos tendes coloreando a careta que cada Pondaliñ@ escolleu! Despois de tanto traballo, a profe recortounas e colocoulles uns depresores de cores, e así foi como nos quedaron: Martina, Alonso, Andrea, Zaira e Aroa V. decidiron transformarse nuns simpáticos renos. Xabi, Lucas, Daniella e Noa optaron polos osos polares. Izan, Brais P., Roi e Mariña preferiron os raposos do Ártico. A Leila, Claudia e Marta gustáronlle os cans que tiran dos trineos. Aroa P., Nizar e Lucía decantáronse polas morsas con afilados colmillos. Naia e Brais M. escolleron estas focas tan graciosas. Que vos parecen as nosas caretas polares de Entroido? Gústanvos?

MARTA, LUCÍA, ROI, LUCAS, XABIER E HUGO AXÚDANNOS A SABER MÁIS DOS ESQUIMÓS!

Imaxe
Novos elementos relacionados co Polo Norte e os inuits chegaron á nosa aula. Mirade, mirade! O pasado martes, a nosa compañeira Marta ensinoulle a Cleo o conto de Miki, unha nena esquimó á que lle suceden unhas aventuras marabillosas con algúns dos nosos animais favoritos do Polo Norte. Por suposto, a profe contounos esta historia, e hoxe a nosa compañeira ensinounos tamén os debuxos polares que fixeron ela e a súa mamá. Gustounos moito o conto de Miki, así que aquí vos deixamos as imaxes da súa historia, a ver se a algún dos Pondaliñ@s lle apetece recordala coa súa familia:  "Miki" - Stephen Mackey  Moitas grazas Marta! Nesta imaxe podemos ver o osiño polar que Roi lle regalou á súa amiga Lucía o pasado martes, o Día do Amor e da Amizade. Aínda que é un agasallo, os nosos compañeiros decidiron deixalo na mesa dos esquimós para poder xogar con el de vez en cando. É que cando rematamos pronto algunha das fichiñas que realizamos nas nosas mesas, a profe déixanos xogar...

VENTISCAS DE NEVE NO POLO NORTE!

Imaxe
Esta tarde, a profe chegou á clase contando que poderiamos levar para as nosas casas o Polo Norte. Nós non entendiamos nada do que estaba dicindo, e só puidemos poñer caras raras e preguntar como se podía facer iso... Comezou entregándonos unhas bolsas onde podiamos ver o noso nome, e na parte superior estaban escritas as palabras "Polo Norte". Aínda que nos custou un pouquiño conseguimos abrilas, e despois disto deixounos sobre as nosas mesas un cadrado de cor branca que moitos confundimos cun bloque de xeo, pero en realidade era un bloque de poliespán que tivemos que desfacer para darlle forma de pequenas folerpas de neve. Pasámolo en grande, e non nos veu nada mal porque estas actividades axúdannos a desenvolver a nosa motricidade fina! As bolsiñas xa estaban cheas, pero aquilo aínda non se parecía ao Polo Norte. O que si se parecía era a nosa clase... Menuda desfeita, o chan e as nosas mesas estaban cheas de neve! Antes de nada, era o momento de coller as vasoira...

BIQUIÑOS DE ESQUIMÓ!

Imaxe
O próximo martes, 14 de febreiro, os nenos e nenas de Educación Infantil, xunto aos nosos compañeiros e compañeiras de 1º e 2º de Educación Primaria, celebraremos o Día do Amor e da Amizade. Será que veremos ao noso Teo amoroso máis rosa que nunca? Quen sabe... No día de hoxe, a profe mostrounos as metades duns corazóns de cores que nós escollemos libremente. Cando tódolos Pondaliñ@s tivemos as mans ocupadas, era o momento de buscar ao compañeiro ou compañeira que tiña a outra metade do noso corazón. Non vos diremos nada máis, só que a actividade que faremos con eles se titula "O que máis me gusta de ti", e que as parellas que de aí xurdiron aproveitaron para darse un amoroso biquiño de esquimó. Por certo, este biquiño ten algo que ver con ese libro xigante que estamos a construír... Aquí vos deixamos tódalas imaxes!

CONSTRUÍMOS UN AYAGAG!

Imaxe
Esta mañá un obxecto estraño apareceu na nosa aula, xunto a un nome aínda máis estraño: AYAGAG. Que era iso? Ninguén sabía de que se podía tratar, así que xogamos un pouquiño a pensar, e estas foron as nosas hipóteses: algo para tirar á auga, algo para nadar, un salvadidas, o flotador dun kaiak, unha cana para pescar, un ollo...  Como non nos poñíamos de acordo, decidimos escribir a palabra no ordenador, a ver se Internet nos podía axudar. Alí atopamos imaxes dun obxecto moi parecido ao que estaba na nosa aula, e tamén vídeos de nenos e nenas utilizando ese artiluxio. Finalmente, lemos que o ayagag era un dos xoguetes favoritos dos esquimós, e a profe explicounos como debiamos facer para introducir o pauíño polo buraco, xa que niso consistía este xogo polar. Ao principio custounos tanto como pronunciar o seu nome, pero pouquiño a pouco fómolo conseguindo! Gustounos tanto que aceptamos o reto máis que encantados cando a profe nos propuxo construír o noso propio ayagag!  ...

IRIA, LUCAS, DANIELLA, NOA E TEACHER AXÚDANNOS A SABER MÁIS DOS ESQUIMÓS!

Imaxe
A nosa zona do proxecto está máis chea que nunca! Aquí vos explicamos por que! Iria tróuxonos unha foca, e identificámola coma unha foca recén nacida porque ben sabemos que cando son bebés son de cor branca, e conforme van medrando, a súa pel torna de cor gris ou negra. E aínda que a nosa compañeira trouxo esta foca, hoxe contounos que o seu animal favorito do Polo Norte é o oso polar! Moitas grazas Iria! E mirade que fermosos osos polares apareceron na nosa aula! Daniella e Lucas son os seus donos, pero deixáronnolos na clase para que puidésemos xogar con eles tódolos días! Grazas compañeiros! Noa ensinounos o esquimó de pedra que durante esta fin de semana fixo cos seus papás! Axudounos moito para imaxinar onde se situaría cada parte do seu corpo! Boa aportación compañeira! Teacher tamén tiña algo para nós... Durante algúns días deixaranos o seu xogo de pesca! Como Mariña foi a encargada de hoxe, ela tivo a sorte de estrear este xogo. O primeiro que fixemos foi co...