Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Miró

RETO IV: COMO SE CHAMAN OS SUPERHEROES E AS SUPERHEROÍNAS?

Imaxe
Esta mañá, xusto ao volver do recreo, atopamos unha nova mensaxe do Señor do Tempo... Como podedes ler, ao Señor do Tempo encantáronlle os nosos brazaletes de superheroínas e superheroes, polo que a nosa terceira misión estaba máis que superada e xa podíamos abrir a porta número tres! Así o fixo Lucas, o noso encargado de hoxe: Mais superado un reto, sabemos perfectamente que unha nova misión está esperando por nós... Nesta nova carta o Señor do Tempo pediunos que recordásemos todos os superheroes e superheroínas que xa coñecemos e, sobre todo, que busquemos información para descubrir aqueles outros que aínda son descoñecidos para nós... Por suposto, puxémonos mans á obra! Comezamos cunha chuvia de ideas para descubrir a quen coñecíamos, e para facelo un chisquiño máis divertido xogamos á "Pataca Quente"! Rapidamente, cada Pondaliñ@ tiña que dicir en alto o nome dalgunha superheroína ou dalgún superheroe que coñecese, pasándolle a pataca ao compañeiro ou compañeir...

CADROS A MEDIO ACABAR...

Imaxe
No día de onte na nosa aula fixemos unha pequena tarefa sobre Joan Miró, mais como nos sobrou moita pintura, que por suposto non podíamos tirar, improvisamos unha nova actividade no patio da nosa escola! Para aproveitar o soliño destes días, escollemos á nosa parella e baixamos ao patio cartolinas, pinceis e a pintura sobrante, e só tiñamos unha misión: rematar a pintura creando obras de arte inspiradas en Joan Miró... Aquí nos tedes en pleno proceso: Unha vez rematada a pintura os cadros estaban listos! Así, como quedasen, o importante nesta actividade era non desperdiciar nadiña... Así pois, todo o que baixamos volvémolo subir e deixamos as nosas obras de arte a secar. Esta mañá os cadros estaban listos, polo que xa lle podíamos dar título para logo expoñelos no noso corredor. Agardamos que vos gusten! Nizar e Brais M.: "A bolboreta, o paxaro e o can" Daniella e Zaira: "Viva a vida de bolboreta" Lucas e Alejandro V.: "A c...

RECIBIMOS A VISITA DUN RESCATISTA DE BALEAS!

Imaxe
Esta mañá recibimos a visita de alguén moi especial na nosa aula... Recordades que a nosa compañeira Aroa Penedo nos contara que o seu papá foi un dos encargados de rescatar á balea varada de Valarés? Pois hoxe Luis estivo con nós para explicarnos tódolos detalles desta fazaña e responder tódalas preguntas que tiñamos preparadas, así como algunha outra que xurdiu ao longo desta asemblea tan diferente! Estas son algunhas das cousiñas que aprendemos... Vós coñecíades estes datos? A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA)  tomou mostras para descubrir por que morreu a balea, xa que aínda non se coñece a causa do seu falecemento. A balea levaba 4 ou 5 días morta no mar, e foron as mareas vivas destes días as que a trouxeron ata a area de Valarés. A balea era un macho duns 8 anos e non ten nada que ver co ballenato que atoparon en Muxía días atrás. Custoulle moitísimo tempo rescatala, estiveron traballando dende as 9 da mañá ata as 5 da madrugada. Pesaba moit...

NOVA VISITA DE VALENTINA TERESHKOVA!

Imaxe
Esta mañá, nada máis chegar á aula, decatámonos de que alguén estivera fedellando na nosa clase... Os nosos libros do Universo fóra da biblioteca e abertos en páxinas onde se vía a Lúa, paquetes de pasta de modelar fóra do seu moble, unha pegada un tanto estraña que non sabíamos quen a deixara alí e un novo vídeo de Valentina Tereshkova! Despois de prepararnos, decidimos escoitar á nosa astronauta favorita... Seguro que a súa mensaxe nos explicaba un pouquiño máis o que estaba a pasar. Aquí vola deixamos! Pois xa vedes, a nosa nova misión é saber máis sobre a Lúa! Así que nos puxemos mans á obra e lemos e observamos tódalas páxinas relacionadas co noso satélite que se atopaban naqueles libros que o Señor do Tempo preparou para nós! Ademais, coñecemos a Neil Armstrong e vimos o primeiro alunizaxe da historia! E nós sós decatámonos de que aquela pegada era unha simulación das que este astronauta deixou na Lúa fai 50 anos! E descubrimos que esas pegadas sempre van estar aí porqu...

ESTREAMOS PDI!

Imaxe
Menuda sorpresa a que levamos esta mañá cando entramos na nosa aula! Alguén nos cambiara a pizarra branca e puxera outra no seu lugar... O que non sabíamos ningún dos Pondaliñ@s era que esa pizarra era moito máis especial que a anterior... ERA UNHA PDI! Unha Pizarra Dixital Interactiva coa que podemos realizar un e mil xogos que se atopan pola rede... Despois das rutinas do encargado, para estreala e ir coñecendo o seu funcionamento, comezamos cuns sinxelos xogos de lóxica e matemática que nos encantaron: contamos estrelas dalgunhas constelacións, seguimos a conta atrás dun foguete a piques de despegar, realizamos series con diferentes formas e cores e completamos algunhas sumas. Aquí vos deixamos as imaxes que o corroboran: ESTREAMOS PDI! Seguidamente, a profe falounos da vindeira semana, da semana do Samaín, e de todo o que ocorrerá os próximos días... O luns, coma tódolos anos, os nenos e nenas maiores virannos a ler un conto relacionado con esta época do ano. Por suposto, par...

CANTAMOS BINGO E APRENDEMOS MÁIS SOBRE JOAN MIRÓ!

Imaxe
Esta mañá, na nosa aula, apareceron estas casiñas tan coloridas que nunca antes víramos. Estaban cheíñas de números, pero non sabíamos moi ben por que... Pois ben, resulta que estas son as vivendas nas que habitan tódolos números do mundo e, como non podía ser doutra maneira, viven coa súa familia, igual ca nós! Así pois, hoxe coñecemos á familia do 0, do 10, do 20, do 30, do 40, do 50, do 60, do 70, do 80 e ata a do 90! Comezamos pola primeira casiña, a da familia do 0. Xa coñecemos a tódolos números que aquí viven, así que non fixeron falta as presentacións. O que si, utilizamos estes números para coñecer un novo xogo na nosa aula: o bingo! Gustounos moitísimo e pasámolo moi ben, iso si, para que este xogo vaia aumentando un pouquiño a súa dificultade, xa sabemos o que temos que facer... Coñecer pouquiño a pouco aos demais habitantes das casiñas que xa forman parte das nosas rutinas diarias! A parella gañadora foi a formada por Andrea e Alejandro G.! Felicitámolos e alegrámon...