Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Tiburóns e estrelas de mar

MERENDOLA DE FIN DE CURSO!

Imaxe
Para celebrar que este curso 2017/2018 está a piques de rematar, os Pondaliñ@s de 3, 4 e 5 anos, reunímonos no noso corredor para desfrutar todos xuntos dunha rica merendola! Aquí vos deixamos algunhas fotografías do que foi esta saborosa mañá: Ademais, nada máis chegar á aula descubrimos a última das mensaxes do Capitán Nemo. Pero desta vez, o seu vídeo viña acompañado duns carnets que nos converteron en capitáns e capitanas de submarino, uns saborosos peixiños que nos agasallou para acompañar a nosa merenda, e tamén unha lupa de súper-aumento e un visor de animaliños para que nunca perdamos as ganas de aprender e seguir investigando. Se queredes escoitar o que nos tiña que dicir, pinchade aquí :

NOVA MENSAXE DO CAPITÁN NEMO!

Imaxe
Esta mañá recibimos unha nova mensaxe do Capitán Nemo e, por suposto, temos un novo reto a superar. Se queredes descubrir que foi o que nos dixo este persoeiro, só tedes que clicar aquí . Ademais, aproveitamos para presentarvos novos materiais que chegaron á nosa aula: Hugo tróuxonos o gran éxito da nosa zona do proxecto: un libro que leva por título "Bajo las olas del mar". Ademais, veu cunha peza de madeira con forma de peixe, tres tiburóns e catro estrelas. Grazas a un par delas, puidemos ver e tocar os pés ambulacrais e as espiñas dunha estrela real. Zaira mostrounos o conto da Sereíña onde puidemos ver varias estrelas de mar, e tamén un par de velas de aniversario coa forma destes equinodermos. Roi amosounos tres estrelas de mar, e unha delas é un molde que poderemos levar se finalmente o tempo nos deixa realizar a saída a Valarés! Lucía chegou con tres coloridas estrelas de mar e unha marioneta de dedo con forma de tiburón! Por último, Alejandro...

ACTIVIDADES ESPECIAIS COA NOSA COMPAÑEIRA IRIA!

Imaxe
O día de hoxe foi un día moi especial... Sabedes por que? Pois porque esta mañá visitounos Iria, a nosa antiga compañeira! Como ben sabedes, agora é alumna dunha escola de Carballo, e aínda que o seu colexio lle gusta moito, bótanos moito de menos, igual que nós a ela!  Pero sabedes o mellor? A súa non foi unha visita duns minutos... Estivo con nós toda a xornada! Para celebrar esta gran noticia, organizamos unhas actividades un tanto diferentes que esperamos que lle gustasen moito á nosa compañeira. Comezamos por un obradoiro de cociña! Aproveitando que tanto nós coma ela estamos aprendendo sobre animais mariños e que tanto a nosa clase como a súa visitamos o Aquarium da Coruña fai pouco, cociñamos un delicioso biscoito con forma de peixe. Queredes coñecer os pasos que seguimos? Aquí vos deixamos un pequeno resumo do ocorrido esta mañá! Papamos todo o biscoito que cociñamos e tamén parte do que trouxo a profe Rocío como modelo... Ademais, a nosa compañeira agasallounos cu...

XOGOS NA AULA DE MÚSICA!

Imaxe
A profe Luisa envíanos outro vídeo que gravou este martes durante a súa clase. Nel podemos ver aos Pondaliñ@s de 4 anos realizando un divertido xogo: bailar ao son da música, cambiar de parella cando esta para e seguir bailando novamente cun novo compañeiro ou compañeira de baile! Ademais, presentamos novos materiais relacionados co noso proxecto. Nesta ocasión foi a quenda da nosa compañeira Naia, que nos trouxo o peluche dunha foca, un par de contos de Nemo e a Sereíña e tamén un documental sobre tiburóns que xa vimos durante a última hora de hoxe! Gustounos moito!

CROCODILOS NA AULA DE MÚSICA!

Imaxe
Nestas últimas semanas, na aula de Música, os Pondaliñ@s de 4 anos estivemos cantando e bailando unha canción de Susa Herrera titulada " O crocodilo ", recollida no seu libro-disco "Cantos animais". Aquí vos deixamos un vídeo que nos gravou a profe Luisa na clase de onte! Ademais, aproveitamos para comentarvos que hoxe recibimos unha nova mensaxe do Capitán Nemo. Queredes saber en que consiste a nosa nova misión? Premede aquí ! Igualmente, contámosvos tamén que a semana pasada coñecemos ao último membro da familia real do noso País das Letras! Con todos vós... o príncipe E!

CONTOS POR BICOS: VISÍTANOS A MAMÁ DE IZAN!

Imaxe
No día de hoxe continuamos cos "Contos por bicos" e na nosa biblioteca recibimos unha visita moi especial. Esta tarde estivo con nós Raquel, a mamá do noso compañeiro Izan! Contounos a historia de " El monstruo del armario existe... ¡y te lo voy a demostrar! ", un conto no que un neno nos explica por que a súa habitación está sempre desordenada, por que ten tantos calcetíns desparellados ou por que sempre se levanta tan despeinado. O seu papá e a súa mamá cren que todas son excusas que o neno se inventa, mais será o monstro do armario o culpable de todas estas trastadas? Quen sabe... Ao rematar, como non podía ser doutra maneira, botamos un montón de foguetes para celebrar o moito que nos gustou esta historia. Por suposto, como agradecemento á mamá de Izan, enchémola de bicos e achuchóns. Moitas grazas Raquel, volve cando queiras! Ademais, aproveitamos o tempiño que nos quedou despois da nosa visita á biblioteca para presentar novos materiais que trouxer...

VISITAMOS O AQUARIUM DA CORUÑA!

Imaxe
No día de hoxe visitamos novamente a cidade da Coruña! Nesta ocasión achegámonos ata a Casa dos Peixes para seguir aprendendo máis sobre os tiburóns e as estrelas de mar, ademais de coñecer novos animais mariños, coma uns peixes de cor branca procedentes do río Nilo, entre outras moitas especies . Pero isto non foi o único que fixemos esta mañá, aquí vos deixamos un pequeno resumo do que foi o día de hoxe. Nós pasámolo xenial!

CONTOS POR BICOS: VISÍTANOS O PAPÁ DE AROA!

Imaxe
No día de hoxe continuamos cos "Contos por bicos" e na nosa biblioteca recibimos unha visita moi especial. Esta tarde estivo con nós Luis, o papá da nosa compañeira Aroa! Contounos a historia de " A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza ", un dos nosos contos favoritos, e no que unha pequena toupa decide preguntar a varios animais se foran eles os que lle deixaran un regaliño na súa testa, mais só coa axuda das moscas puido descubrir ao verdadeiro culpable daquela trastada... Ao rematar, como non podía ser doutra maneira, botamos un montón de foguetes para celebrar o moito que nos gustou esta historia. Por suposto, como agradecemento ao papá de Aroa, enchémolo de bicos e achuchóns. Moitas grazas Luis, volve cando queiras! Ademais, aproveitamos para contarvos que despois dunhas semaniñas desaparecido, por fin tivemos novas noticias do Capitán Nemo. Se queredes coñecer o contido da súa mensaxe, premede aquí ! Como puidéchedes compr...

DÍA DA FAMILIA 2018!

Imaxe
No día de hoxe celébrase o Día da Familia, e na aula de 4 anos quixemos ter un pequeno detalle coas nosas familias, as que tanto nos queren e ás que nós tanto queremos! Aproveitando un proxecto tan mariño como é o dos tiburóns e as estrelas de mar, decidimos enviarlle unha mensaxe secreta nunha botella que escribimos con tinta de limón. ESCRIBIMOS MENSAXES CON TINTA DE LIMÓN! As botellas non viaxaron polo mar, pero seguro que chegaron ao seu destino con éxito. Agardamos que vos gustasen os nosos detalliños... Xa nos contaredes que mensaxe escribiron estes Pondaliñ@s!

CONTOS POR BICOS: VISÍTANOS A MAMÁ DE BRAIS!

Imaxe
No día de hoxe continuamos cos "Contos por bicos" e na nosa biblioteca recibimos unha visita moi especial. Esta tarde estivo con nós Bea, a mamá do noso compañeiro Brais! Contounos a historia dos " Chibos chibóns ", tres cabritos, un grande, un mediano e un pequeno, que deciden baixar da montaña para comer un pouco de herma, mais cando deciden cruzar a ponte atópanse cun ogro moi famento... Seguidamente, presentounos a " Chocolata " e contounos a súa divertida historia. Chocolata é unha hipopótama á que lle encanta darse baños na selva, mais un día descubre que na cidade existe unha casa de baños e alá foi ela a probalos. Durante a súa aventura urbana, Chocolata visita tendas de roupa, zapatarías, restaurantes, hoteis e, por suposto, a casa de baños. Logo, buscou un agasallo para o seu amigo Teófilo e alá volveu á selva co seu chándal e os seus novos tenis de luces. Ao rematar, como non podía ser doutra maneira, botamos un montón de foguetes pa...

OUTRA DÚBIDA RESOLTA!

Imaxe
Como xa lle anunciamos onte ao Capitán Nemo, hoxe tocaba solucionar a outra dúbida que nos formulou o comandante do Nautilus: Cantos brazos utilizan as estrelas de mar para moverse? Xa sabíamos que, ademais de para respirar e alimentarse, tamén empregan os pés ambulacrais para desprazarse. Iso si, sobre o número de brazos que usan as estrelas para moverse non tiñamos nin idea e as hipóteses foron moi variadas. Así pois, decidimos consultar algún dos libros de información da nosa aula e tamén ler algúns artigos de varias páxinas web. Queredes saber que aprendemos? Pois mirade o vídeo que lle enviamos ao Capitán Nemo! Aquí vos deixamos un dos vídeos que vimos para analizar o movemento destes equinodermos! E ao falar de brazos, aproveitamos para coñecer novas especies de estrelas de mar, de múltiples formas, cores e número de brazos. Buscamos varias imaxes na rede, e vimos vídeos coma o seguinte: Con todo o aprendido, ademais de mandarlle estas mensaxes ao comandan...

NOVA MENSAXE DO CAPITÁN NEMO!

Imaxe
Esta mañá recibimos unha nova mensaxe do Capitán Nemo! Menuda alegría ao descubrir o moito que lle estaba gustando o noso traballo, e que con todo o que aprendemos e rexistramos nos nosos cadernos de anotacións el comeza a recordar todo o que esqueceu sobre os tiburóns e as estrelas de mar! Como podedes comprobar na súa mensaxe, esta semana temos unha nova misión: descubrir como se moven as estrelas e os tiburóns polos mares e océanos! Se pinchades aquí , podedes escoitar todo o que nos contou... Por suposto, aceptamos o reto e decidimos resolver a primeira das súas dúbidas:  "Os tiburóns flotan?". Xa léramos nalgún libro de información que os tiburóns non podían durmir, xa que se nalgún momento deixaban de nadar, afundíanse no mar. O que non tiñamos moi claro era por que sucedía isto. Buscando e buscando, descubrimos o motivo polo que estes animais mariños non podían flotar. Vós tamén o queredes saber? Pois mirade o vídeo que lle gravamos ao Capitán Nemo para responde...

CONTOS POR BICOS: VISÍTANNOS AS MAMÁS DE ROI E LUCÍA!

Imaxe
No día de hoxe continuamos cos "Contos por bicos" e na nosa biblioteca recibimos unha visita moi especial. Esta tarde estiveron con nós María e Rosario, as mamás da nosa compañeira Lucía e do noso compañeiro Roi! Recordades cando fai unhas semanas Leo, o irmán de Roi, veu á nosa clase para contarnos o conto de "A vaca que puxo un ovo"? Pois desta vez, gozamos coa compañía da vaquiña Marjorie e da pitiña Daisy, que nos viñeron relatar a súa propia historia despois de que Daisy cacarexara aquel "Muuuuuuu!" que deixara sorprendido a todo o galiñeiro! Co conto que nos presentaron hoxe, descubrimos que ocorreu durante a primeira semana da pitiña Daisy na escola de vacas! Xa escachamos a rir nada máis ver a indumentaria que traían as dúas mamás, e rindo a gargalladas continuamos escoitando esta divertida historia! Ao rematar, como non podía ser doutra maneira, e como acabades de ver, botamos un montón de foguetes para celebrar o moito quen os gustou...

PINTAMOS EN FILM!

Imaxe
Esta tarde aproveitamos o soliño que facía para baixar ao patio e realizar unha das actividades que máis nos gustan: pintar con pinceis! Mais desta vez faríamolo dun xeito moi especial... Non pintamos en papel, tampouco en lenzo, senón que nesta ocasión o fixemos sobre plástico. Si si, o que escoitades, esta tarde os Pondaliñ@s de 4 anos pintamos sobre film! Só tiñamos unha misión que cumprir: crear un par de acuarios! Para iso, reunímonos en asemblea e pensamos en tódolos animais, vexetais e obxectos inertes que podíamos atopar nun acuario... Despois de moito cabilar, e cando cada nena e cada neno tiña claro o que quería debuxar, puxémonos mans á obra! Divididos por equipos fomos pintando as dúas mesas ata transformalas nuns preciosos e artísticos acuarios. Aquí vos deixamos o proceso que seguimos: UN ACUARIO EN FILM! E despois de tanto esforzo, aquí vos deixamos o resultado final. Agardamos que vos gusten os nosos acuarios. Moi pronto descubriredes o uso que lle imos dar....

CONTOS POR BICOS: VISÍTANOS A MAMÁ DE LEILA!

Imaxe
No día de hoxe continuamos cos "Contos por bicos" e na nosa biblioteca recibimos unha visita  moi especial. Esta tarde estivo con nós Sandra, a mamá da nosa compañeira Leila! Contounos a historia de " Caramba ", un gato normal e corrente, que pasea, miaña e come pescado. Porén, conta cunha gran diferencia con respecto aos demais gatos: el non podía voar. Será medo? Quen sabe... Despois de moito intentalo, non consegue alzarse no aire e viaxar polo ceo sen axuda, pero si logra facer algo que os demais gatos non fan. Que será?  A do gato Caramba é unha bonita e fantasiosa historia que nos fixo rir a gargalladas cos seus disparates, pero que tamén nos demostra que ser diferente ten a súa parte boa. O noso protagonista finalmente foi quen de descubrilo, e transformar a súa tristeza por non voar nunha inmesa alegría cando descubriu o que era capaz de facer baixo a auga do mar... Ao rematar, como non podía ser doutra maneira, botamos un montón de foguetes para ce...