Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Universo

AGASALLOS QUE VEÑEN E VAN!

Imaxe
Despois dunhas merecidas vacacións, esta mañá tocou regresar á escola! Fixémolo pola porta grande, e nunca mellor dito... Non sabemos se foron os Reis Magos, Papá Noel ou o Apalpador, pero os Pondaliñ@s de 5 anos xa contamos cunha nova porta, igualiña á que teñen as demais aulas do noso colexio! Isto da porta está moi ben, pero a nós, sen dúbida, o que máis nos gustou foi o que nos estaba esperando na nosa alfombra... Unha cheíña de agasallos que deixara o Apalpador para a nosa clase! Mirade, mirade... Comezou Roi coa bolsa máis grande, e nela había... Dúas caixiñas de area máxica coas súas ferramentas correspondentes! Unha das caixas ata traía un molde dunha pirámide! Encantounos! Continuou Alejandro cun regalo bastante pesado, pois o envoltorio contiña... Catro contos! Levan por título "Periplo Atlántico", "Vivan las uñas de colores", "Topito terremoto" e "¡Voy a comedte!". Non coñecíamos ningún deles, pero pronto o faremos... ...

A DESPEDIDA DE VALENTINA TERESHKOVA!

Imaxe
O de hoxe foi un día cheíño de felicidade! Sabedes por que?  Pois porque as nosas investigacións sobre o Universo deron os seus froitos, e todo o que aprendemos, que foi moitísimo, fixo que Valentina fose quen de atopar, semana tras semana, as pezas do mapa que a levaría de volta a casa. E hoxe por fin conseguimos que así fose! A peza número 15 chegou á nosa aula, e a nosa astronauta favorita xa se estaba preparando para regresar ao planeta Terra. A estas horas xa tivo que facer o despegue! Nada máis chegar á aula, unha carta colgaba do noso encerado. Era do Señor do Tempo, e foi el o que se encargou de explicarnos que estaba ocorrendo!  Ademais, nas nosas mesas deixou uns libriños moi raros... Que era todo aquilo? Tivemos que rematar de ler a carta do Señor do Tempo para entendelo! Para agradecernos a nosa axuda, Valentina regalounos unha estrela! Púxolle o noso nome a unha estrela do ceo! Seguíamos sen entender demasiado e na aula só se escoitaba un "Onde está? ...

SESIÓN DE CINE!

Imaxe
O Nadal está cada vez máis preto, e como cada ano, todo o alumnado do CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso visitamos o cine de Carballo para celebrar o fin deste 1º trimestre! Nesta ocasión, a película escollida foi a de "Ralph rompe internet". Desfrutámola moitísimo! Por suposto, para ir ata Carballo tivemos que montarnos no bus. E canto nos gusta isto! Xa en Carballo, sentamos na nosa butaca. Xa estabamos listos para que empezase o filme! Iso si, unha sesión de cine non está completa sen unhas saborosas palomitas! Agora si que si, xa estabamos máis que preparados para que dese comezo a película e coñecer a historia de como Ralph rompeu internet! Ademais, aproveitamos para contarvos que esta mañá, antes de saír cara Carballo, conseguimos rematar as nosas pegadas espaciais. Se Neil Armstrong deixou a súa na Lúa, os Pondaliñ@s de 5 anos non podíamos ser menos!

VISITAMOS UNHA EXPOSICIÓN ESPACIAL!

Imaxe
Se no día de onte visitamos o planetario portátil, esta mañá era a quenda dunha exposición espacial! Si si, o que escoitades! Queredes coñecer todo o que alí vimos? Agora mesmiño volo contamos! Comezamos a sesión coñecendo a Isabel, unha gran experta do mundo espacial. O primeiro que fixo foi falarnos dos astronautas e da súa vestimenta. As prendas que usan xa as coñecemos, pero descubrimos como son as capas que os protexen do frío extremo, ou como son os tubiños que os refrescan cando a calor é excesiva. Así mesmo, descubrimos como chega o osíxeno da mochila ao interior do traxe espacial. Súper interesante! Logo, continuamos aprendendo máis sobre a súa alimentación no Espazo. Xa sabíamos que toda a comida a levaban da Terra, e que esta tiña que ir envasada ao vacío, que non podían ser alimentos que producisen migas ou que tiñan que beber por unha palliña... O que nunca antes fixéramos fora ver esta comida en persoa, e hoxe conseguímolo! Había queixo, café, puré de froitas e un tor...

VISITAMOS O PLANETARIO!

Imaxe
A mañá do día de hoxe comezou visitando a biblioteca da nosa escola, onde xa nos estaba esperando un vello coñecido que sempre nos vén saúdar por estas datas. Chegou desde as montañas do Caurel e o vindeiro 24 de decembro visitaranos de novo, mais desta vez para apalparnos as barrigolas e deixarnos algún que outro agasallo. Claro, estamos falando do Apalpador! Que alegría volver a velo! E falando do Nadal... Aquí vos deixamos a panxoliña que estamos ensaiando coa mestra Sheila e que lle cantaremos aos Reis Magos este venres: Ao volver á nosa clase quen nos estaba esperando era Valentina Tereshkova cunha nova mensaxe! Querédela escoitar? Aquí vola deixamos! Por suposto, puxémonos en marcha para completar a súa misión e polo momento estamos resolvendo as súas cuestións con gran éxito. Se seguimos así pensamos que esta semana a nosa astronauta favorita poderá regresar á Terra! E para rematar a xornada, visitamos o pavillón da nosa escola. Alí nos es...

EXISTEN OS EXTRATERRESTRES?

Imaxe
No día de hoxe recibimos unha nova mensaxe de Valentina Tereshkova, e nela pediunos que investigásemos máis sobre un dos temas que máis nos gusta: a vida extraterrestre. Uns opinamos que si existen os alieníxenas, outros que isto non é posible; pero o certo é que ata o momento non temos proba algunha de que existan, mais o universo é infinito... Quen sabe? Ademais, aproveitamos para mostrarvos tódolos avances do noso mapa! Estamos a piques de conseguir que a nosa astronauta favorita regrese á Terra e isto alégranos un montón! Así mesmo, queremos contarvos que fai uns días tivemos unha visita moi especial na nosa aula... O martes estivo con nós Leo, o irmán maior do noso compañeiro Roi. Tróuxonos o seu gran telescopio e explicounos o seu funcionamento, pero como era de día e estaba o ceo cheo de nubes, moito non chegamos a ver... Iso si, sentímonos como Galileo Galilei por uns minutos! Moitísimas grazas Leo, volve cando queiras! Así mesmo, informámosvos tamén ...

NAVES E ASTRONAUTAS!

Imaxe
Como ben sabedes, antes de irnos de ponte recibimos unha mensaxe de Valentina Tereshkova na que nos pedía que investigásemos máis sobre a súa profesión. Así o fixemos, e despois de coñecer algúns requisitos para ser astronauta, identificar as partes do seu traxe espacial ou descubrir ao primeiro astronauta español, esta mañá volvemos a recibir unha nova mensaxe. Queredes saber que dicía? Aquí vola deixamos: Como vedes, a nosa nova misión é adentrarnos no mundo dos foguetes e das naves espaciais. Así pois, puxémonos mans á obra e buscamos entre os libros da biblioteca aqueles que falasen sobre estes medios de transporte, e vimos algún que outro vídeo para aprender un chisquiño máis. Este foi o que máis nos gustou, por se nos apetece volvelo a ver nas nosas casas: Para saber máis, en Psicomotricidade realizamos uns xogos acordes co reto desta semana. Mirade canto aprendemos e canto nos divertimos no pavillón:

DESEXOS DE NADAL!

Imaxe
O Nadal, unha das nosas festividades favoritas, está a piques de comezar, e algo que non pode faltar nestas datas é unha árbore cheíña de decoración. Para este Nadal, a nosa árbore conta cunhas bólas decoradas nas que tódolos nenos e nenas do CEIP Eduardo Pondal escribimos os nosos desexos.  Por suposto, os Pondaliñ@s de 5 anos tamén creamos as nosas. Antes de nada, reunímonos en asemblea e reflexionamos sobre o afortunados e afortunadas que somos, e pensamos no que poderían desexar todas aquelas persoas que teñen moito menos do que nós temos. Así pois, pouco a pouco e axudándonos no vídeo que realizamos para conmemorar o 'Día Universal da Infancia' , fomos recollendo un e mil desexos que xa forman parte da nosa árbore de Nadal. Oxalá algún día non sexa necesario desexar nada disto...  Neste Nadal os Pondaliñ@s de 5 anos desexamos... Boa vida no mundo; Agasallos para todo o mundo; Traballo para todo o mundo; Familia para todo o mundo. Escolas en todo o mundo; ...

APRENDEMOS MÁIS SOBRE AS CONSTELACIÓNS!

Imaxe
Recordades que a semana pasada Valentina Tereshkova nos deixou unha nova misión para esta semana? Un dos seus retos era aprender máis sobre as constelacións, así que nos puxemos mans á obra e mirade todo o que estivemos a facer estes días... O Señor do Tempo deixounos "A caixa das constelacións de 5 anos" que, por suposto, contiña varias constelacións: Osa Maior, Osa Menor, Orión, Casiopea e Hidra. Todas elas teñen peculiaridades que nos chamaron a atención... Hidra é a máis grande das 88 constelacións que se coñecen. Casiopea ten forma de "M" ou "W", dependendo por onde a mires. Orión é o guerreiro e o seu arco lévanos á Osa Maior. Así pois, se seguimos en liña recta unha das estrelas da Osa Maior lévanos á estrela máis importante do firmamento, a Estrela Polar, que se atopa no extremo da Osa Menor. Coa lanterna que se atopaba dentro da caixa puidémolas proxectar no teito da nosa aula, e tamén as puidemos coser cun divertido xogo na que empregamos lá ...

NOVIDADES ESPACIAIS!

Imaxe
Esta mañá recibimos unha nova visita de Valentina Tereshkova! Como Neptuno é o último planeta do Sistema Solar, pensabamos que a nosa astronauta favorita non tiña máis retos para nós, pero isto non era así... Esta semana espéranos o Sol e as constelacións, e para saber máis dos conxuntos de estrelas contaremos coa colaboración dunhas persoas moi especiais... Queredes saber todo o que nos contou? Pois aquí vos deixamos a súa mensaxe!  Hoxe xa nos puxemos mans á obra e estivemos enredando co Sol, iso si, estivemos aprendendo máis sobre a nosa estrela a media mañá, pois as primeiras horas dedicámolas a falar e a explicar tódalas novas espaciais que trouxemos os Pondaliñ@s. Algunhas noticias non as coñecía nin a profe! Comezou Martina falándonos da recente aterrizaxe dunha nave no seu planeta: en Marte! Por suposto, buscamos información sobre este feito e estivemos vendo as primeiras imaxes que tomou este artiluxio. Seguiremos atentamente o seu camiño, vai estar 2 anos no plan...

VALENTINA TERESHKOVA VISÍTANOS DE NOVO!

Imaxe
No día de hoxe a primeira muller astronauta volveu á nosa aula, e como non podía ser doutra maneira, Valentina Tereshkova deixounos unha nova misión: aprender máis sobre o último dos planetas do Sistema Solar. Claro, desta vez tocaba coñecer os segredos de Neptuno! Aquí vos deixamos o vídeo que nos enviou: Coma tódalas semanas, para seguir avanzando na nosa aventura espacial, a profe Bea preparounos uns divertidos xogos na clase de Psicomotricidade para coñecer un pouquiño máis de Urano e Neptuno. Mirade como nos divertimos e canto aprendemos:

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO!

Imaxe
Dende que iniciamos a nosa andaina nesta escola intentamos inculcar a idea de que a pesar das nosas diferenzas, todas e todos debemos ter os mesmos dereitos e tratarnos en igualdade de condicións. Fixémolo a través de diferentes iniciativas coma os contacontos e dramatizacións, a creación dun catálogo de xoguetes igualitario ou a introdución de mulleres como Valentina Tereshkova como guías e protagonistas dos nosos proxectos. P ero sobre todo, intentámolo facer cada día, resolvendo os múltiples conflitos que se xeneran en relación con isto, xa que é nesta idade cando se comezan a afianzar eses estereotipos sexistas que para nada axudan a lograr o mundo ao que un día aspirou a filósofa e activista Rosa Luxemburgo coa súa célebre cita: "Por un mundo onde sexamos socialmente iguais, humanamente diferentes e totalmente libres". As nenas e nenos son o noso futuro, e só a través da educación conxunta e colaborativa de familias, escolas e sociedade poderemos transformar este mun...

NOVA VISITA DE VALENTINA TERESHKOVA!

Imaxe
Despois dunha semana desaparecida por algún lugar do Universo que descoñecemos, Valentina Tereshkova regresou á nosa aula cunha nova mensaxe... Tiña moitas cousas que contarnos, como que a tía Josefa respondera ao noso vídeo! Que emoción ler as súas palabras! Ademais, como non podía ser doutra maneira, deixounos unha nova peza do mapa que se rompeu en 15 anacos. Un mapa que, por certo, cada vez está máis cheo! E o que tamén nos deixou foi un novo reto para estes días: saber máis do planeta Urano. Aquí vos mostramos o vídeo que nos enviou: Fixémoslle caso á nosa astronauta favorita, e ademais de ver algún que outro vídeo explicativo, devoramos as páxinas de tódolos libros que falaban sobre Urano, e xa foi moito o que aprendemos!  O que tamén fixemos por primeira vez foi pintar con leite! E sabedes o que pintamos? Pois o planeta Urano que aparecía na ficha técnica que nos deixou Valentina! Pero iso xa o veredes a final de trimestre cando levemos o noso 'Libro do Universo...

ESTREAMOS XILÓFONOS!

Imaxe
No día de onte os Pondaliñ@s de 5 anos visitamos, coma tódalas semanas, a aula de Música coa profe Sheila.  Comezamos a sesión recordando a casa dos sons onde o cadeliño Leo, neto de Laika, creaba as súas cancións. O que non sabíamos era que esa casa tiña varios pisos, polo que a mestra nos presentou a dúas veciñas: Mimí (Nota 'Mi') que vivía no 1º e Sole (Nota 'Sol') que vivía no 2º. Aquí as tedes! Como vedes, ademais de vivir en pisos diferenes, Mimí e Sole son de cores diferentes. Sabedes por que? Pois porque desta maneira podemos facelas soar nos xilófonos que a profe Sheila creou para nós. Un para cada Pondaliñ@, que sorte temos con esta mestra! Así pois, puxémonos mans á música e descubrimos que se coa baqueta facemos soar a lámina amarela escoitarase a Mimí, pero se a que tocamos é a lámina azul soará Sole. E encantounos a experiencia! Mirade canta concentración! Fixémolo tan ben que a profe Sheila ata nos dixo que calquera día podía...

UN DÍA DO MÁIS VARIADO!

Imaxe
O de hoxe foi un día do máis variopinto... Comezamos a mañá recibindo a Carrapuchiña e ao Lobo Feroz, que nos deixaron unhas invitacións para mañá asistir a unha sesión de contacontos á Biblioteca Municipal! Aquí vos deixamos o vídeo que o corrobora! Un pouquiño antes de merendar cantámoslle o "Cumpleaños feliz" á profe Rocío que estivo de aniversario este sábado. Para celebralo axudámoslle a soprar as velas e papamos case toda a tarta que nos trouxo! Parece que estaba boísima! E xa para rematar o día, na clase de Psicomotricidade a profe Bea preparounos uns xogos relacionados cos dous planetas que traballamos a semana pasada: Xúpiter e Saturno. Fixemos carreiras de relevos e saltamos á comba para aprender máis sobre o planeta máis grande do Sistema Solar, mais non temos imaxes porque nestes xogos as profes tamén formaban parte deles e non podían sacalas. De quen temos vídeo é dos xogos que fixemos relacionados con Saturno e os seus aneis. Aquí volos deixamos:

RESOLVEMOS AS DÚBIDAS ESPACIAIS DA TÍA JOSEFA!

Imaxe
Esta mañá recibimos unha nova mensaxe de Valentina Tereshkova, e nesta ocasión deixounos unha misión ultraespecial! Ademais de para axudala a ela no seu regreso á Terra, desta vez temos que investigar máis sobre o planeta Saturno para resolver as dúbidas de Josefa. E quen é Josefa, vos preguntaredes... Pois Josefa é unha tía de Roi que vive en Arteixo, e que fai uns días lle fixo ao noso compañeiro un par de cuestións que el non sabía responder, pero agora xa si! Aquí vos deixamos o vídeo da nosa astronauta favorita para que o entendades mellor: Por suposto, aceptamos o reto axudarlle á tía Josefa moi amablemente. E despois de ler algún que outro libro de información, ver un par de vídeos explicativos e resolver dúbidas como a de que era un cometa, os Pondaliñ@s estabamos máis que listos para enviarlle ese vídeo á tía Josefa. Aquí volo deixamos, esperamos que a nosa mensaxe resolva tódalas súas dúbidas. E se algún familiar ten algunha dúbida diferente tamén pode consultarnos se...

UNHA MENSAXE MOI ESPECIAL DE VALENTINA TERESHKOVA!

Imaxe
Esta mañá recibimos unha mensaxe moi especial da nosa astronauta favorita... Queredes adiviñar por que? Estade ben atentos a este vídeo que nos enviou Valentina Tereshkova porque ademais dunha nova misión para os Pondaliñ@s de 5 anos que estamos no cole, deixou un novo reto para alguén que ten que estar toda a semana na casiña sen vir ao cole. A ver se adiviñades de quen falamos... Por suposto, mandámoslle moitos achuchóns ao noso compañeiro Alejandro para que se recupere moi pronto! E queremos que o luns cando regrese á escola veña coas respostas ás preguntas que lle fixo Valentina Tereshkova! Nós xa as coñecemos, pois estivemos buscando información nos libros espaciais da nosa biblioteca, e tamén vimos algún que outro vídeo sobre o planeta máis grande do Sistema Solar! E falando de cousas grandes... Mirade como vai medrando o noso mapa! Xa queda menos para que a nosa amiga astronauta volva ao noso planeta! Pero aprender máis sobre Xúpiter non foi o único que fixemos no dí...

PSICOMOTRICIDADE MARCIANA!

Imaxe
Esta mañá, ademais dunha nova peza do mapa que a traterá de volta á Terra, recibimos unha nova mensaxe da nosa querida astronauta Valentina Tereshkova. Queredes saber que nos dixo? Aquí vos deixamos a súa mensaxe: Como puidéchedes comprobar, quedou moi contenta das nosas investigacións sobre o noso satélite, a Lúa, e para esta semana deixounos unha nova misión: aprender máis sobre o planeta da nosa compañeira Martina. Este planeta, ademais, ten un nome moi similar ao seu... Claro que si, estes días investigaremos máis sobre o planeta vermello, saberemos máis sobre Marte! Hoxe xa realizamos as primeiras investigacións despois de buscar a Marte nas páxinas dos libros do Espazo que se atopan na nosa biblioteca, e tamén de ver algún que outro vídeo agochado pola rede. Os datos que máis nos sorprenderon foi que Galileo Galilei foi quen o viu por primeira vez en 1610 desde o seu telescopio; que ten a montaña máis alta do Sistema Solar, un volcán que se chama Monte Olimpo; que conta co...

CELEBRAMOS O MAGOSTO!

Imaxe
No día de hoxe celebramos unha festa tradicional de Galicia: o Magosto! Como non podía ser doutra maneira, comezamos esta festa comendo o froito máis típico destas datas: as castañas! Seguidamente, realizamos o tradicional tiro da corda que xa estivemos ensaiando coa profe Bea nas clases de Psicomotricidade. Obtivemos un empate moi xusto! E para rematar, todos xuntos cantamos a cantiga "Non chas quero", que tamén preparamos coa mestra Sheila nas clases de Música. Aquí vos deixamos un vídeo que o corrobora: Para completar o día, levamos a cabo a última das actividades relacionadas co Samaín: crear a nosa propia manualidade! Recordades a man verde dun supercumpleañero e as caras de terror de tódolos Pondaliñ@s? Pois xuntamos todo e engadimos un OVNI con luz e moitas estrelas e purpurina! E este é o resultado... Neste Samaín somos abducidos por extraterrestres! O luns estas manualidades xa poderán decorar as nosas casas, pero esta fin de semana pasarana na e...