Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Primavera

DÍA DA FAMILIA 2019!

Imaxe
Hoxe, 15 de maio, celébrase o 'Día da Familia'! Para conmemorar esta data tan especial fixémolo a través da coñecida frase "O amor témolo que regar tódolos días", pois ao igual que ocorre coas plantas, á nosa familia témola que querer e coidar os 365 días do ano! Así que... Por que non agasallar ás nosas familias cuns xirasois que as simbolicen? Prometemos querer e coidar a estas flores igual que o facemos coas nosas familias! Este foi o proceso que seguimos: O pasado venres xerminamos as nosas pipas de xirasol en algodón húmido. Que ocorrería durante a fin de semana? Pois isto foi o que sucedeu... As nosas sementes xa están xerminadas! Agora só quedaba plantalas nunhas macetiñas mercadas para a ocasión, así que aproveitamos o soliño de onte para baixar ao patio e poñernos mans á obra: terra vai, auga vén! E ata lle cantamos para que medrasen axiña! As nosas macetiñas estaban preparadas, pero ningún regalo se entrega sen envolver... Dis...

RECICLARTE!

Imaxe
Xa sabemos que os Pondaliñ@s temos un pouquiño abandonado o blog esta semana... Pero o final de trimestre está aquí e estivemos traballando moito moitísimo para que o próximo xoves poidamos levar para as nosas casas tódolos traballiños que fomos facendo durante os últimos meses! Seguimos moi involucrados e involucradas no proxecto das baleas, e estamos moi concienciadas e concienciados sobre a importancia de reducir, reciclar e reutilizar materiais. Así pois, volvemos a revolver no noso armario da reciclaxe e decidimos reutilizar algunhas cousiñas que alí atopamos... Desta vez para transformarnos en artistas medioambientais! Primeiro,  como base empregamos algúns dos xornais que sempre usamos para evitar manchar as mesas cando pintamos con pinceis!  Logo, cortamos e pegamos teas que as familias nos mandárades cando recreáramos a Sandwina, a primeira muller forzuda! Seguidamente, atopamos uns brillantes que usáramos para disfrazarnos de exipcias e exipcios, e que ...

FLORES DE PRIMAVERA!

Imaxe
Fai unha semana que comezou a nova estación, e para celebralo, decidimos darlle un toque primaveral ás fiestras do noso corredor... Non podía haber mellor complemento ca unhas flores, así que nos puxemos mans á obra! Decoramos moldes de magdalenas con gomets! Logo engadímoslle estreliñas e purpurina! A profe axudounos a pegar pompóns, botóns e unhas folliñas que tamén picamos! E este foi o resultado final! Agardamos que vos gusten! Agora as fiestras do noso corredor están máis primaverais ca nunca grazas a est@s artistas!

ACTIVIDADES ESPECIAIS COA NOSA COMPAÑEIRA IRIA!

Imaxe
O día de hoxe foi un día moi especial... Sabedes por que? Pois porque esta mañá visitounos Iria, a nosa antiga compañeira! Como ben sabedes, agora é alumna dunha escola de Carballo, e aínda que o seu colexio lle gusta moito, bótanos moito de menos, igual que nós a ela!  Pero sabedes o mellor? A súa non foi unha visita duns minutos... Estivo con nós toda a xornada! Para celebrar esta gran noticia, organizamos unhas actividades un tanto diferentes que esperamos que lle gustasen moito á nosa compañeira. Comezamos por un obradoiro de cociña! Aproveitando que tanto nós coma ela estamos aprendendo sobre animais mariños e que tanto a nosa clase como a súa visitamos o Aquarium da Coruña fai pouco, cociñamos un delicioso biscoito con forma de peixe. Queredes coñecer os pasos que seguimos? Aquí vos deixamos un pequeno resumo do ocorrido esta mañá! Papamos todo o biscoito que cociñamos e tamén parte do que trouxo a profe Rocío como modelo... Ademais, a nosa compañeira agasallounos cu...

CONTOS POR BICOS: VISÍTANOS O IRMÁN DE ROI!

Imaxe
No día de hoxe continuamos cos "Contos por bicos" e na nosa aula recibimos unha visita moi especial. Esta mañá estivo con nós Leo, o irmán maior do noso compañeiro Roi! Contounos a historia de Marjorie, máis coñecida como " A vaca que puxo un ovo "! A nosa protagonista é unha vaquiña que quere facer algo diferente para destacar entre as demais vacas, que contaban con talentos moi dispares. A pobre Marjorie, triste e apenada, é axudada polas súas amigas as galiñas, as cales lle botan unha man con iso de poñer un ovo. Iso si, tan pronto como a noticia sae á luz e tódalas miradas se poñen sobre a nosa protagonista, as outras vacas, envexosas da popularidade de Marjorie, intentan demostrar que todo se trata dunha mentira. Mais o final desta historia deixou asombradas a tódalas personaxes deste conto, e a nós regalounos unhas sonoras gargalladas! Ao rematar, como non podía ser doutra maneira, botamos un montón de foguetes para celebrar o moito que nos gustou es...

BUTTERFLIES NA AULA DE 3 ANOS!

Imaxe
Despois de varias semanas esperando e esperando... Os nosos cocoons están baleiros e por fin temos butterflies na nosa clase! Que alegría nos levamos esta mañá cando entramos e vimos esta sorpresa! E agora, que ocorrerá?

DESAPARECERON DÚAS CATERPILLARS?

Imaxe
Esta mañá, tan pronto como chegamos á aula, atopámonos cunha sorpresa ben grande! Dúas das nosas caterpillars xa formaron o seu cocoon ! Será que moi pronto teremos tamén unhas fermosas butterflies ?

COIDAMOS DAS CATERPILLARS!

Esta mañá, despois do recreo, recibimos novamente a visita de Teacher, que nos veu explicar como coidar as nosas caterpillars... O primeiro que fixemos foi visitar o xardín da nosa escola, onde atopamos unha moreira, e alí estivemos collendo algunhas follas, xa que as follas de moreira son as favoritas das eirugas. Logo, a nosa encargada Lucía foi quen quitou da súa caixa as eirugas e tamén as follas vellas. Máis tarde, Teacher axudoulle a vaciar as cacas da súa vivenda e, de novo, a nosa compañeira foi a encargada de deixarlle lista a súa casiña ás nosas caterpillars. Prometemos seguir coidándoas ata que se convertan nunhas fermosas bolboretas! Coidamos das caterpillars! - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

OH, SURPRISE!

Imaxe
Esta tarde, Teacher petou na nosa porta porque... TIÑA UNHA SORPRESA PARA NÓS! Que será, que será? Pois... Cinco fantásticas caterpillars, ás que debemos coidar para que medren e se poñan gordochas como a eiruga da nosa historia. Será que moi pronto teremos cinco fermosas bolboretas na nosa aula? Quen sabe... Seguiremos informando! THANK YOU VERY MUCH, TEACHER! E para que non vos esquezades desta historia, aquí vola deixamos novamente...