Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Filosofía para Nenos e Nenas

UN OVO MISTERIOSO!

Imaxe
Esta mañá, nada máis entrar na clase, os nosos ollos foron cara a alfombra, pois alí se atopaba un elemento un tanto extraño... Un ovo de cor gris metido nun bote cheo de auga! Que era iso, quen o puxera alí, tiña algo no seu interior? Estas e outras cuestións foron as preguntas que nos formulamos! Do que estabamos seguros é de que ese ovo non era coma os que as madriñas e os padriños nos trouxeron durante as vacacións! Sentámonos ao seu redor, e en asemblea compartimos todas as nosas hipóteses.  Todos estabamos de acordo en que aquilo era un ovo, pero non sabiamos se de galiña, de avestruz, de crocodilo, de tartaruga, de peixe, de caracol... Tamén dixemos que podía ser de can ou de oso panda, pero pronto chegamos á conclusión de que estes animais non poñían ovos. E quen o trouxera? Pois dubidamos de Rocío, de Xalo, de Enrique, dalgúns papás e dalgunhas mamás, de tódolos animais que dixemos... Preguntamos, pero ninguén sabía nada deste ovo! E por que estaba en auga? Para nac...

"O CIRCO" DE MIRÓ e "O CIRCO" DE 3 ANOS!

Imaxe
Esta mañá, despois do recreo, descubrimos que algo había na caixiña de Teo... Aquí temos a Xabi, o encargado de hoxe, abríndoa para comprobar de que se trataba: Todos coñecemos o ovo de oso panda que nos dá a quenda de palabra, e tamén a tablet que moitos quixemos levar para a nosa casa! O que nunca antes víramos era ese debuxo estraño. Foron moitas as hipóteses que ofrecemos: unha foto, un cadrado, un círculo, un folio roto, moitos camiños, unha televisión estropeada, un circo volador, un coche de policía, montes e montañas... Non demos adiviñado do que se trataba, así que a profe propúxonos acender a tablet e buscar na pantalla algo que se parecese a esa forma estraña que estabamos vendo no papel. Unha vez atopada a aplicación, Xabi pinchou nela, e unha cámara se activou. Decidimos sacarlle unha foto a ese código, a ver que ocorría... E o que ocorreu foi que... Se abriu o noso blog! E alí había un vídeo esperando por nós. Aquí volo deixamos novamente, e tamén est...

"O CIRCO" - JOAN MIRÓ

A próxima semana, aproveitando que é a semana do Entroido, aprenderemos un pouquiño máis sobre o circo. Para iso axudarémonos dun conto que proximamente coñeceredes, e tamén dunha obra de arte: "O circo" de Joan Miró. A partir deste cadro xogaremos a pensar e achegarémonos á "Filosofía para nenos e nenas". Polo momento non vos diremos nada máis, só deixaremos aquí esta presentación (que os Pondaliñ@s aínda non poden ver!) porque a profe necesita un link para crear un Código QR co que traballaremos nuns días. Xa vos contaremos que tal foi esta experiencia! CIRCO - MIRÓ - Kizoa Editar Videos - Movie Maker