Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2019

IMOS DE EXCURSIÓN: NATURMAZ!

Imaxe
Esta mañá visitamos o concello de Mazaricos para desfrutar dun gran día de aventura en Naturmaz!  Na xornada de hoxe puidemos visitar a súa granxa-escola, superar diferentes obstáculos nunha divertida xincana, practicar tiro con arco, plantar grans de millo e coñecer o seu hangar de avións. E o que máis nos gustou: unha improvisada festa acuática con aspersores para superar un día tan caloroso! Pasámolo xenial e xa temos ganas de repetir! Aquí vos deixamos un pequeno gran resumo do que foi o día de hoxe. Agardamos que vos guste!

CADROS A MEDIO ACABAR...

Imaxe
No día de onte na nosa aula fixemos unha pequena tarefa sobre Joan Miró, mais como nos sobrou moita pintura, que por suposto non podíamos tirar, improvisamos unha nova actividade no patio da nosa escola! Para aproveitar o soliño destes días, escollemos á nosa parella e baixamos ao patio cartolinas, pinceis e a pintura sobrante, e só tiñamos unha misión: rematar a pintura creando obras de arte inspiradas en Joan Miró... Aquí nos tedes en pleno proceso: Unha vez rematada a pintura os cadros estaban listos! Así, como quedasen, o importante nesta actividade era non desperdiciar nadiña... Así pois, todo o que baixamos volvémolo subir e deixamos as nosas obras de arte a secar. Esta mañá os cadros estaban listos, polo que xa lle podíamos dar título para logo expoñelos no noso corredor. Agardamos que vos gusten! Nizar e Brais M.: "A bolboreta, o paxaro e o can" Daniella e Zaira: "Viva a vida de bolboreta" Lucas e Alejandro V.: "A c

RETO III: COMO SON OS LOGOS QUE REPRESENTAN ÁS SUPERHEROÍNAS E AOS SUPERHEROES?

Imaxe
O pasado venres o Señor do Tempo deixou na nosa aula unha nota na que nos pedía que trouxésemos á escola un par de rolos de papel hixiénico. Por suposto, seguimos as súas instrucións e onte chegamos cargadiños con eles! A profe Rocío contounos que o noso gran amigo tamén falara con ela, e a nosa nova misión era pintar eses rolos da nosa cor preferida... Fixemos as primeiras hipóteses para coñecer en que se transformarían eses rolos, e moitos Pondaliñ@s chegamos á mesma conclusión: uns brazaletes de superheroes e superheroínas! Estaríamos no certo? Quen sabe... Esta mañá confirmóunolo o Señor do Tempo a través dunha nova carta que deixou na nosa alfombra... Antes de nada, anunciounos que o anterior reto estaba máis que superado e que tiñamos o seu permiso para abrir a porta número dous... Así o fixo Claudia, a nosa encargada de hoxe! Así mesmo, confirmou que estábamos no certo ao pensar que os rolos de papel hixiénico se transformarían nuns superbrazaletes! Mai

SÚPER BÚSQUEDA DO TESOURO!

Imaxe
Esta mañá, á volta do recreo, o Equipo de Biblioteca da nosa escola tiña preparada para nós unha súper búsqueda do tesouro! E representando a todo o equipo xa nos esperaba a Capitana Susana... Enfundámonos uns sombreiros de pirata e pasamos a formar parte da súa tripulación! Entramos no barco pirata e emprendemos rumbo á Illa Biblioteca! Nada máis chegar á Illa Biblioteca atopamos un cofre do tesouro, mais este estaba pechado... E éranos imposible desenganchar a chave! Que podíamos facer? Anda, unhas pistas! Tiñamos que adiviñar de que superheroe ou superheroína nos estaban a falar... E unha vez resoltas as adiviñas... A buscar! Onde estarían os Increíbles, Wonder Woman, Spiderman, Ladybug, Batman, Catwoman e Superman? Cando os atopamos, colocamos todas as imaxes recollidas no seu lugar... E despois das palabras máxicas... Conseguimos que a chave se desenganche! Abrimos o cofre... Que nervios! Que emoción! E no seu interior atopamos un mapa do

RETO II: CAL É A INDUMENTARIA DAS SUPERHEROÍNAS E OS SUPERHEROES?

Imaxe
Esta mañá tan pronto como entramos na nosa aula atopámonos con todo isto sobre a nosa alfombra... O Señor do Tempo estaba de volta! Como dubidalo? E como ben nos di na carta que nos deixou, o primeiro reto está superado, así que procedemos á apertura da primeira porta... Que nervios! Mais isto non foi o único que nos pediu... A segunda misión estaba esperando por nós: Poderíamos descubrir o tipo de roupa e outros elementos que usan os superheroes e as superheroínas para salvar o mundo? Por suposto, aceptamos o reto e puxémonos mans á obra! Desmontamos o recuncho do proxecto e buscamos e rebuscamos para recompilar toda a información que nos pediu o Señor do Tempo. Aquí nos tedes en pleno proceso: E estes foron os magníficos resultados das nosas investigacións. O Señor do Tempo vai quedar máis que satisfeito! Que opinades? E todo isto foi posible grazas a todo o material que xa temos na aula. Aquí vos deixamos as aportacións que a semana pasada