Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Inverno

PAISAXES INVERNAIS!

Imaxe
No día de hoxe realizamos as primeiras rutinas do ano 2019, e foi aquí onde descubrimos que xa estabamos no inverno! Para celebrar a chegada da nova estación creamos unhas fermosas paisaxes invernais. Primeiro, con acuarelas decoramos o noso ceo de inverno. Mentres secaban, picamos algunha que outra silueta propia desta época do ano. Logo, pegámolas de maneira libre para darlle forma á nosa paisaxe. E, por último, cuns bastonciños enchemos o cadro de copiños de neve. Aquí nos tedes en pleno proceso! E estes son os resultados finais! Seguro que mañá xa están sequiños para que poidamos darlle título e inventar algunha que outra historia coas siluetas que os protagonizan. Xa vos contaremos! Agardamos que vos gusten! Pero isto non foi todo o que fixemos no día de hoxe... Como xa vos anunciáramos no día de onte, esta mañá, despois das rutinas da encargada, o que tocaba era estrear un xogo de lectoescritura que nos regalou o Apalpador! Hoxe xa o inauguramos algúns de ...