Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Notas Informativas

BO VERÁN E FELICES VACACIÓNS!

Imaxe
O noso terceiro curso no CEIP Eduardo Pondal xa rematou e as vacacións xa están aquí! Agora toca descansar e divertirse moitísimo durante estes meses para volver en setembro coas pilas ben cargadas! Que xa imos ser Pondaliñ@s de 1º de Primaria, menuda emoción! Ademais, se pinchades na seguinte imaxe podedes acceder á carpeta de Google Drive que contén tódalas fotografías que tomamos e tódolos vídeos que grabamos ao longo do curso 2018/2019 e que xa podedes descargar! E se algunha familia se esqueceu de facelo en anos anteriores, aquí vos deixamos os links que nos levan ás carpetas que resumen o noso paso por 3 e 4 anos. Por favor, descargade todo o material durante o verán! En setembro a profe Rocío terá que eliminalas para deixarlle espazo ás imaxes e vídeos dos novos Pondaliñ@s que se incorporan á súa aula o vindeiro curso. 3 ANOS:  https://drive.google.com/open?id=0B9XouQ7LXLpYeGZzQVlPblhvcDQ 4 ANOS:  https://drive.google.com/open?id=1i5WM-vKqnb5WNKZHM0dyZbpzlrpd...

AVALÍA O CLUB DE CIENCIAS!

Imaxe
No blog "Ciencia Pondaliana"  xa podedes atopar un cuestionario para valorar a experiencia vivida no Club de Ciencias ao longo deste curso. Como mestra implicada neste proxecto, agradecería que lle axudásedes aos Pondaliñ@s de 5 anos a cubrir esta pequena enquisa. Os resultados da mesma axudarannos a mellorar a experiencia de cara ao curso que vén. Por favor, clicade na seguinte imaxe para acceder ao documento: MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

MANDADOS DO MECO!

Imaxe
Como ben sabedes, a vindeira semana celebraremos o Entroido. O venres, se o tempo acompaña, as superheroínas e superheroes do CEIP Eduardo Pondal realizaremos un pasarrúas polo pobo, pero xa o luns será un día moi festivo, e o martes, o mércores, o xoves... Queredes saber por que? Agora mesmiño volo contamos! Como xa é tradición, o Meco deixounos uns mandados de Entroido... Queredes coñecer os deste ano? Aquí volos deixamos! Agardamos que vos gusten! O luns non teremos nin que vestirnos, pois o primeiro dos mandados é vir en bata e pixama! Iso si, hai que vir ben espertos! O martes revolveremos o armario e viremos o máis chamativos que poidamos! Só temos unha norma... Nada combinará entre si, tódalas prendas que traiamos teñen que ser de cor diferente, incluso os zapatos e os calcetíns! E todo o demais queda á vosa imaxinación: complementos brillantes, diademas rechamantes, tutús rimbombantes... O que se vos ocorra! O mércores tocaría desempeñar algunha profesión,...

BENVID@S A UN NOVO CURSO!

Imaxe
O curso 2018/2019 xa está aquí, e iso só quere dicir que a partir de hoxe somos os veteranos e as veteranas de Educación Infantil. A nosa clase xa é a de 5 anos, somos os maiores! Este é o noso terceiro curso nesta escola e, polo tanto, o último coa profe Rocío. Así que intentaremos aproveitalo e desfrutalo ao máximo! Aquí vos deixamos a nosa primeira fotografía que dá comezo a un novo ano de aventuras! Algunha cariña non se vos fai familiar? Claro, e que este curso temos un novo compañeiro! Xa somos 25! Chámase Alejandro e únese ao club dos Pondaliñ@s de 5 anos! Para darlle a benvida, agasallámolo cuns debuxos que xa levou para a súa casa transformados nun pequeno libriño! Agardamos que che gustasen moito! Benvido Alejandro! Pero isto non foi todo no día de hoxe, ademais de descubrir e estrear os novos recantos e o seu novo mobiliario e material, tamén decoramos os nosos novos manteis. Para iso, antes de nada, recordamos un conto ben coñecido por todos nós: 'A que sabe a lú...

BO VERÁN E FELICES VACACIÓNS!

Imaxe
O noso segundo curso no CEIP Eduardo Pondal xa rematou e as vacacións xa están aquí! Agora toca descansar e divertirse moitísimo durante estes meses para volver coas pilas ben cargadas en setembro! Que xa imos ser os veteranos de Infantil, menuda emoción!  Ademais, recórdovos a tódalas familias que as fotografías e vídeos que sacamos durante este curso escolar están xa dispoñibles en Google Drive para que os poidades descargar! Pinchade aquí para acceder á carpeta! Bo verán, Pondaliñ@s! ♥

INVITACIÓN AO "P DE PONDAL"!

Imaxe
Como ben sabedes, este xoves 21 de xuño celebramos a segunda edición do "P de Pondal", o festival de fin de curso da nosa escola! Por suposto, as familias estades máis que convidadas a este evento! As portas abriranse ás 10.15 horas e o festival dará comezo ás 10.30 horas. Estade ben antent@s ao entrar, xa que varios nenos e nenas maiores estarán repartindo uns vales que durante o descanso vos permitirán realizar unha consumición nas barras que instalaremos no patio. Desta vez non seremos os encargados de abrir o festival, senón que os Pondaliñ@s de 3 e 4 anos actuaremos en segunda posición, xusto despois da obra de teatro que representarán os nosos compañeir@s de 5 anos! Recordade que ese día interpretaremos o tema "Esto báilase así" de Uxía Lambona e a Banda Molona, e que deberemos vir vestidos cunha camiseta lisa de cor vermella e pantalón, bermuda ou falda vaqueira. Finalmente, a proposta gañadora para o cartel deste ano foi a que realizou unha compañeira ...

IMPLANTACIÓN DA XORNADA ÚNICA DE MAÑÁ.

Imaxe
Estimadas familias: Como ben sabedes, no día de hoxe produciuse a votación, tanto no CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso coma no CEIP As Forcadas de Corme, que pretendía conseguir a implantación da xornada única de mañá en ambos centros. A participación foi do 91,61% en Ponteceso (142 de 155 familias) e do 100% en Corme (43 de 43 familias). En ambos centros se precisaba, como mínimo, un 58% de votos favorables con respecto ao censo total. Así pois, en Ponteceso eran necesarios un mínimo de 90 votos (Porcentaxe do 0,58 x 155 familias = 89,9 votos) e en Corme de 25 votos (Porcentaxe do 0,58 x 43 familias = 24,94 votos). Unha vez realizado o escrutinio, en Ponteceso obtivéronse 92 votos afirmativos fronte a 50 votos negativos. Pola súa banda, en Corme foron 35 votos afirmativos fronte a 8 votos negativos. En ningún centro se depositaron votos en branco ou votos nulos. Aquí vos deixamos as actas que corroboran esta información: Polo tanto, como mestra dos vosos fillos e ...

PROXECTO DE XORNADA ÚNICA DE MAÑÁ.

Imaxe
Estimadas familias: O pasado venres 27 de abril, dende o noso centro educativo fíxosevos chegar unha circular informativa sobre o proceso a seguir con respecto ao  Proxecto de Xornada Única de Mañá   que se intentará implantar no noso colexio o vindeiro curso 2018/2019. Na páxina web do centro , así como no taboleiro de anuncios da escola, xa podedes consultar os diferentes documentos informativos publicados: o propio proxecto, o censo electoral, o calendario de actuacións e o tríptico informativo. Como mestra das vosas fillas e dos vosos fillos e, polo tanto, como parte implicada neste proceso, síntome na obriga de informarvos sobre o mesmo. Con respecto ao calendario de actuacións , este distribúese do seguinte xeito: Con respecto ao propio proxecto , estes son os aspectos organizativos a destacar: Por primeira vez, realízase unha votación conxunta entre o CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso e o CEIP As Forcadas de Corme para lograr a implantación d...

CONTOS POR BICOS: VISÍTANOS A MAMÁ DE DANIELLA!

Imaxe
No día de hoxe continuamos cos "Contos por bicos" e na nosa biblioteca recibimos unha visita moi especial. Esta tarde estivo con nós Puri, a mamá da nosa compañeira Daniella. Contounos a historia de " A cebra Camila ", unha cebra que un bo día decide desobedecer á súa nai, e sae ao campo sen os seus calzóns e os seus tirantes. Sabedes que ocorre? Pois que o vento marchou coas súas raias! Dende ese momento a cebra emprende un camiño no que derrama sete bágoas, atopándose con sete animaliños que a axudarán a superar a súa pena regalándolle unha raia moi especial... Ademais, de volta a casa, a súa nai non lle riñe, entende que Camila se está facendo maior e non necesita daquela vestimenta axustada, mais o que sempre necesitará serán os consellos da súa mamá! Ao rematar, como non podía ser doutra maneira, botamos un montón de foguetes para celebrar o moito que nos gustou esta historia. Por suposto, como agradecemento á mamá de Daniella, enchémola de bicos e achuc...

VOLTA AO COLE!

Imaxe
O curso 2017/2018 xa está aquí e a mestra Rocío espera que os seus Pondaliñ@s veñan coas enerxías renovadas e con moitas ganas de seguir aprendendo agora que deixan de ser os pequechos da escola! E, sobre todo, con moitas ganas de ser achuchados por unha profe que os botou moito de menos! Debido á celebración das festas da Barquiña de Ponteceso, o inicio de curso retrasarase ata o mércores 13 de setembro . Pero verémonos antes deste día, xa que as familias seredes citadas para unha reunión inicial que se celebrará a finais da vindeira semana. A partir do próximo luns estade atentas ao teléfono xa que recibiredes unha chamada da profe Rocío para confirmarvos a data e a hora final. Ademais, tamén vos pedirá unha fotografía tipo carnet dos vosos fill@s para comezar a facer cousiñas de cara ao inicio do curso, polo que se non contades con ningunha imaxe actual dos nen@s, aproveitade estes días para sacar unha e que así queden moito máis lucidas as súas pertenzas persoais e os traballiños...

A GALIÑA AZUL!

Imaxe
Esta tarde, na nosa visita semanal á biblioteca, Cleo deixounos unha nova historia, e xunto a ela, unha fotografía... Descubrimos que o seu nome é Carlos Casares (aínda estamos intentando recordar o apelido!), e é o autor do conto que Cleo nos deixou: "A galiña azul". Gustounos moito esta galiña, xa que é de cor azul, con cinco plumas vermellas na á dereita. Ademais, pon ovos de cores: xa leva dous amarelos, un rosa e tres verdes. E non nos podemos esquecer de que non di "Cacaraca", senón que di "Cocoroco". O que non nos gustou tanto é que lle quixeran facer dano por ser diferente ao resto das galiñas... Menos mal que os veciños do seu dono Lorenzo tiveron unha idea fantástica para que ninguén puidese atrapar a esta galiña tan especial! Preguntádelle por ela aos Pondaliñ@s! Nos próximos días seguiremos recordando a historia desta galiña de cor azul, e ademais, teremos que recreala con diferentes materiais, xa que algo relacionado co Día das Letra...

FIN DE TRIMESTRE!

Imaxe
Durante estas últimas semanas estivemos preparando algunha que outra cousiña na nosa aula, pero decidimos non subir nada disto ao noso blog para que hoxe se transformase nunha divertida sorpresa para as nosas familias! Comezamos polas bolsas, moi acordes con esta época do ano! Picamos o ovo e as patas que forman parte da nosa galiña, e tamén lle colocamos os ollos e o peteiro. A profe encargouse de montala xa que a nós resultábanos un tanto complicado! Mirade que bonitas nos quedaron!  Seguimos coas portadas do libro que recolle tódalas fichiñas que fomos facendo durante este trimestre. Para rememorar o Entroido, transformámonos nuns divertidos pallasetes! Creamos unha perruca con pintura e pincel, cun rotulador especial fixemos unhas pestanas ben longas, e con gomets de cores colocamos o nariz e os mofletes! Para rematar, pintamos uns simpáticos sombreiros e unhas coloridas paxariñas que nos transformaron nunhas pallasas e nuns pallasos de primeiro nivel! Ademais, para darl...

TALLER DE PROFESIÓNS!

Imaxe
Como ben sabedes, os nenos e nenas da aula de 3 anos estamos ansiosos por coñecer a que se dedican as mamás e os papás dos outros Pondaliñ@s, e por este motivo no día de onte enviamos unha nota para informarvos. Estamos moi ilusionados con iso de que as nosas familias veñan á nosa clase! Parécenos que é unha boa maneira de achegar aos nenos e nenas ao mundo que os rodea, e non hai mellor maneira de facelo que da man de persoas tan importantes como son os seus papás e as súas mamás! Cada sesión duraría uns 45 minutos, onde despois dunha pequena explicación sobre o oficio correspondente (en que consiste, onde se desenvolve, que utensilios se utilizan, que indumentaria se emprega...), cada familia desenvolvería unha actividade práctica (xogos, representacións, manualidades...) relacionada coa súa profesión. O horario é flexible, polo que dentro das posibilidades de cada familia, animámosvos a participar nesta actividade tan significativa para as nenas e os nenos! Calquera dúbi...

HANOCH PIVEN, SANDWINA E O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER!

Imaxe
O próximo mércores, 8 de marzo, a nivel de centro conmemoraremos o Día Internacional da Muller. Cada aula escollerá unha ou varias mulleres que loitasen pola igualdade, e dende Educación Infantil a elixida foi a austríaca Kate Brumbach, alias " Sandwina ", calificada como a muller máis forte da Terra e das primeiras mulleres forzudas do mundo do circo. Aproveitando a temática que envolve este curso a nosa escola, abordaremos unha profesión historicamente relacionada coa esfera masculina. Será mañá cando a coñezamos na aula de 3 anos: Ademais, achegarémonos á técnica artística do collage recreando ao grande, cos nenos e nenas de 4 e 5 anos, a imaxe de Sandwina, inspirándonos nas obras do ilustrador israelí Hanoch Piven . É por este motivo polo que hoxe vos pedimos diferentes elementos de refugallo para traer á aula. Xa vos mostraremos ata onde pode chegar a nosa imaxinación! Esta será unha boa maneira de achegarnos ás 3R (reducir - reciclar - reutilizar), e ap...

SAÍDA SUSPENDIDA...

Imaxe
Como ben sabiamos, no día de mañá tiñamos previsto visitar a cidade da Coruña para acudir a un concerto didáctico no Pazo da Ópera e a unha sesión de contacontos na Biblioteca Ágora. Esta saída queda suspendida, xa que a Xunta informou dunha alerta laranxa por refachos de vento superiores aos 90-100 km/h en toda Galicia, quedando suspendidas as actividades no exterior a partir das 15.00 horas.  Iamos acudir a un concerto didáctico sobre as emocións, e esta mañá coa mestra Luisa estivemos escoitando algunhas das composicións que ao final non poderemos escoitar no día de mañá. Aquí nos tendes bailando un vals cheo de amor...

QUERIDOS REIS MAGOS...

Imaxe
Esta tarde, a profe Rocío recibiu unha chamada dos Reis Magos de Oriente... Que emoción! Que será o que querían contarlle?  Tiñan un anuncio moi importante: O PRÓXIMO MÉRCORES VISITARÁN A NOSA ESCOLA! Si si, o día no que se abre o ovo da nosa tartaruga! E como non podía ser doutra maneira, as nosas cartas teñen que estar listas para que ese día llas poidamos entregar ás súas Maxestades. Algúns compañeiros e algunhas compañeiras xa nos comentaron todo o que lle ían pedir, polo que aproveitamos para ter unha conversa moi seria. Somos moitas nenas e moitos nenos aos que traer agasallos, compartir é importante e teñen que chegar para todos. Por este motivo, decidimos que cada un de nós só ía poñer na súa carta un ou dous xoguetes. Xa logo, se na mañá do 6 de xaneiro temos sorte, pode que os Reis Magos nos deixen algún máis baixo a árbore ou xunto aos nosos zapatos. Esta foi a carta que Melchor, Gaspar e Baltasar lle deixaron á mestra, e que completaremos na nosa casa durante esta...

AVISO: LIBRO-MASCOTA!

Imaxe
Algunhas familias suxeríronme a posibilidade de cambiar o día de volta á aula do noso Libro-Mascota, ante a imposibilidade de imprimir as fotografías en domingo. Pola miña parte non existe ningún problema, polo que a partir desta semana as familias poderán devolver a bolsa coa mascota, o conto e o libro, ou o luns ou o martes correspondente. Por favor, non vos excedades destes días xa que esta bolsa será entregada a outro neno ou nena esa mesma semana. Desculpade os inconvenientes que puideron xurdir ata o día de hoxe por este motivo. Rocí o

DECORACIÓN DE NADAL!

Imaxe
Mañá, como cada martes, os nenos e nenas da aula de 3 anos levaremos para as nosas casas as bolsas que conteñen os contos que Cleo nos empresta cada semana. Pero desta vez, as familias deben estar moi atentas, porque non só levaremos novos libros, senón que estas bolsas tamén conterán un adorno de Nadal. De Nadal? Si, de Nadal! O mes de novembro xa se remata, e pronto comezará o último mes do ano, e con el virá esta festa que tanto nos gusta! E para que son estes adornos? Pois para engalanar o noso corredor! Coa axuda da nosa familia, deberemos decorar as árbores, as botas, as campás, as estrelas, os lazos, os pauiños ou os regalos que cada un de nós levaremos, e poderémolo facer co material que máis nos guste ( ceras, rotuladores, pinturas,  algodón, botóns, teas, pegatinas, purpurina...). Unha vez rematado, as nosas familias axudarannos a recortalo, e traerémolo ao colexio antes do próximo venres 2 de decembro. MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

AVISO: CHAQUETA PERDIDA.

Imaxe
No día de onte, unha chaqueta vermella da marca Zara Kids e da talla 3-4 anos apareceu tirada no chan da nosa clase. A chaqueta non ten nome e ningún neno ou nena a recoñeceu como propia. Como hoxe non a reclamou ningunha familia, se algunha a identifica, por favor que se poña en contacto coa profe (cunha nota na axenda ou cun comentario no blog) para que o próximo luns lla entregue ao neno ou nena correspondente. Grazas!

PORTACASTAÑAS!

Imaxe
Como ben sabemos, xa estamos no outono, e o outono é unha época de moitas festas. Xa celebramos o Samaín, e o próximo venres 11 celebraremos o Magosto. Da festa do medo á festa da castaña! Non paramos! Esta mañá, unha das nosas compañeiras chegou á aula cun destes froitos, así que aproveitamos para descubrir en que consistía esta celebración: - Todas as actividades previstas faranse, xunto aos demais nenos e nenas desta escola, na nosa pista de fútbol e, se chove, no noso patio cuberto. - Alí atoparemos a unha bruxa que realizará un conxuro para queimar os nosos medos. - Seguidamente, realizaremos a competición de tiro de corda, que tantos anos se leva celebrando no noso colexio. - A continuación, cantaremos unha estrofa da cantiga "Non chas quero", que xa estamos ensaiando coa mestra Luisa. - Finalmente, degustaremos as castañas típicas desta festividade acompañadas duns saborosos zumes. Hoxe, ademais, falamos das castañas: de onde viñan, como eran os ourizos, como...