Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Día da Familia

DÍA DA FAMILIA 2019!

Imaxe
Hoxe, 15 de maio, celébrase o 'Día da Familia'! Para conmemorar esta data tan especial fixémolo a través da coñecida frase "O amor témolo que regar tódolos días", pois ao igual que ocorre coas plantas, á nosa familia témola que querer e coidar os 365 días do ano! Así que... Por que non agasallar ás nosas familias cuns xirasois que as simbolicen? Prometemos querer e coidar a estas flores igual que o facemos coas nosas familias! Este foi o proceso que seguimos: O pasado venres xerminamos as nosas pipas de xirasol en algodón húmido. Que ocorrería durante a fin de semana? Pois isto foi o que sucedeu... As nosas sementes xa están xerminadas! Agora só quedaba plantalas nunhas macetiñas mercadas para a ocasión, así que aproveitamos o soliño de onte para baixar ao patio e poñernos mans á obra: terra vai, auga vén! E ata lle cantamos para que medrasen axiña! As nosas macetiñas estaban preparadas, pero ningún regalo se entrega sen envolver... Dis...

DÍA DA FAMILIA 2018!

Imaxe
No día de hoxe celébrase o Día da Familia, e na aula de 4 anos quixemos ter un pequeno detalle coas nosas familias, as que tanto nos queren e ás que nós tanto queremos! Aproveitando un proxecto tan mariño como é o dos tiburóns e as estrelas de mar, decidimos enviarlle unha mensaxe secreta nunha botella que escribimos con tinta de limón. ESCRIBIMOS MENSAXES CON TINTA DE LIMÓN! As botellas non viaxaron polo mar, pero seguro que chegaron ao seu destino con éxito. Agardamos que vos gustasen os nosos detalliños... Xa nos contaredes que mensaxe escribiron estes Pondaliñ@s!

DÍA DA FAMILIA!

Imaxe
O pasado 15 de maio celebrouse o Día da Familia! Durante estes días coñecemos os distintos tipos de familias que existen na nosa sociedade, e chegamos a unha conclusión: o máis importante da familia é o amor! Como todos os Pondaliñ@s queremos moito ás nosas familias, decidimos agasallarvos cun cadro que nós mesmo creamos, e onde vos enviamos moitos biquiños de amor. Sentimos a tardanza, pero nas últimas semanas tivemos tantas baixas por enfermidade que non puidemos rematalos antes. Esperamos que vos gusten!