PASARRÚAS DE ENTROIDO!
Esta mañá produciuse o colofón final desta "Semana de Entroido" tan animada! Por fin puidemos enfundar os nosos traxes de superheroes e superheroínas! Así pois, os Pondaliñ@s de 5 anos transformámonos nos Increíbles!
E desta maneira, o pasarrúas de Entroido estaba esperando por nós! Aquí vos deixamos tódalas fotiños que sacou Rosario, a mamá do noso compañeiro Roi! Moitísimas gracias!
Xa na Praza do Recheo, xunto aos Pondaliñ@s de 3 e 4 anos mostramos os superpoderes que esta gran familia posúe: forza, invisibilidade, elasticidade e velocidade!
E para repoñer forzas... Unha merendola con postres típicos destas datas feitos polas familias! Puxémonos as botas! Moitísimas grazas, estaba todo riquísimo!
E agora o que toca é desfrutar destas pequenas vacacións! Vémonos o próximo xoves Pondaliñ@s!

ahora si que descanso mas tranquila sabendo que hai uns superhéroes e heroínas pa coidar o noso planeta jijijiji que geniais ibades tod@s , as fotitos como sempre un placer
ResponderEliminarSiiii, estaban estupend@s! 😍😍😍
Eliminar