FELIZ DÍA DO PAI!

Onte, 19 de marzo, celebrouse o Día do Pai! Nós non tivemos cole, pero non podíamos deixar pasar esta data tan especial! Así que hoxe algo chegou ás nosas casiñas...

Fai uns días que enviamos unha notiña que só podían ler as nosas mamás, que foron as nosas cómplices en todo isto que argallamos. Nela pedíamos que nos axudasen a revolver no armario dos nosos papás, sen que eles se enterasen, para poder traer ao cole unha das súas camisas e tamén unha das súas gravatas ou paxariñas. Por suposto, todos e todas aceptamos a misión e ao día seguinte chegamos cargadiñas e cargadiños sen que os nosos papás se enterasen de nada...

E para que era todo aquilo? Pois para facer unha fermosa sesión de fotos para demostrarlle aos nosos papás o moito que os queremos... Aquí vola deixamos, agardamos que vos guste!


A profe encargouse de imprimir todas as imaxes para que llas puidésemos regalar aos nosos papás, e para que as colocasen nun recuncho importante das nosas casas, esta mañá engadímoslle un portafotos con forma de corazón. Aquí vos deixamos o da nosa encargada de hoxe!


E como isto era un agasallo, tiñamos que envolvelo! Así que introducimos todiño nunhas bolsas de papel e escribimos unha notiña para os nosos papás desexándolle un moi feliz día! Aquí nos tedes cos nosos regaliños listos para ser entregados! 



Agardamos que os nosos agasallos xa estean en mans dos seus destinatarios e, sobre todo, que lles gustase moito este detalliño que con tanto amor fixemos!

E sen máis... Feliz día papás! Querémosvos moito!

Comentarios

  1. Que cousa mais bonita gracias a esta profe que lles axuda moito o noso papa encantoulle 😘

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que ben, alegrámonos moito de que lle gustase 😊

      Eliminar
    2. ohhh preciooosooo precioosoooo estes pondaliños fan facer uns papis moi guapos eh jijiji como sempre gracias Rociooo o papi encantoulleeeee

      Eliminar
    3. Xenial, que ben que lle gustase a Suso! 😊

      Eliminar
  2. O noso papa emocionouse, e dixome pq non o avisara jajajs

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que ben, alegrámonos moito de que lle gustase! 😊

      Eliminar
  3. O noso tamen porque gardamos moi ben o secreto

    ResponderEliminar

Publicar un comentario