SUPERHEROÍNAS GALEGAS!

O pasado venres 8 de marzo conmemorouse o 'Día Internacional da Muller'. Durante estes últimos días, todo o alumnado do CEIP Eduardo Pondal coñecemos a diversas superheroínas, pero estas non son unhas superheroínas calquera... 

Estamos a falar dunhas superheroínas galegas de carne e óso, aínda que nós as vexamos convertidas en grandes murais situados nas fachadas de distintos edificios dalgunhas vilas e cidades da nosa Comunidade. Foron retratadas polo artista Yoseba MP, que decidiu pintar e poñer en valor a grandeza dos superpoderes das avoas galegas: a súa gran capacidade de traballo e sacrificio diario.

As nenas e nenos de 5 anos afondamos un pouquiño máis sobre Elisa, tamén coñecida como a "Muller Nitramón", unha superheroína galega que se levanta nunha fachada de Carballo. Esta gran muller dedicou a súa vida a cultivar a súa horta, ou o que é o mesmo, a alimentar a toda a súa familia grazas ao seu traballo e esforzo diario.

Xunto a ela, podemos ver outras moitas superheroínas galegas: percebeiras, greleiras, gandeiras... Aquí volas deixamos a todas!

Comentarios

Publicar un comentario